Maqueira ou Maquiera

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Respostar
Avatar de Usuario
tudela
Novo
Novo
Mensaxes: 4
Rexistrado: 30 Xan 2007, 09:00
Contactar:

Maqueira ou Maquiera

Mensaxe por tudela » 30 Xan 2007, 15:55

Maqueira ou Maquiera?

A propósito do apelido que nesta página aparece como "Maquieira" eu tenho diversas indicações sobre a existência de um apelido "Maqueira", proveniente da região de Pontevedra.
Estamos a falar do mesmo apelido, escrito de outra forma, ou são dois apelidos diferentes?
Se alguém me poder esclarecer ficaria agradecida, porque estou a estudar uma família galega, natural da Vila de Pontevedra, que veio para Portugal no século XVIII e que assina o seu apelido "Maqueira".
No dicionário Houaiss da Língua portuguesa esta palavra existe e quer dizer "um certo tipo de rede de pesca" - será o mesmo na Galiza?

cumprimentos a todos e aguardo comentários elucidativos.
Tudela

Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 379
Rexistrado: 17 Dec 2004, 09:00

Mensaxe por maviac » 30 Xan 2007, 18:54

Eu creo que o apelido é Maquieira, entre otras cousas porque provén dun topónimo que se repite duas veces na proximidade de Pontevedra: Concello Parroquia lugar
BARRO (Pontevedra) Barro (San Breixo) Maquieira, A
PORTAS (Pontevedra) Briallos (San Cristovo) Maquieira, A
Por outra banda, o apelido segue a ser levado por bastante xente que vive entre Caldas de Reis e Pontevedra.
Na páxina de Cartografía dos apelidos galegos aparecen tamén tres persoas có apelido Maqueira, mas fronte aos mais de 1500 Maquieira e a concentración dos mesmos no territorio pontevedrés citado, creo que o mais probable é que a primeira forma sexa a verdaderia.

Avatar de Usuario
tudela
Novo
Novo
Mensaxes: 4
Rexistrado: 30 Xan 2007, 09:00
Contactar:

Maqueira ou Maquiera?

Mensaxe por tudela » 30 Xan 2007, 21:27

Em primeiro lugar, muito agradecida pela resposta maviac.

Portanto, quer dizer que poderá ser uma forma degenerativa? É que a família a que me refiro veio para Portugal na década de 1760 e assina os documentos com a forma "Maqueira" - seria já nessa altura uma forma vernácula do apelido?

Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 379
Rexistrado: 17 Dec 2004, 09:00

Mensaxe por maviac » 30 Xan 2007, 22:59

"Portanto, quer dizer que poderá ser uma forma degenerativa?"
Eu considero que sí, incluso creo que pudo haber unha má transcrición ou recolla nos documentos cando se asentaron en Portugal. Lembro ter lido traballos sobre viciños de Tenorio (unha das freguesías rurais de Pontevedra) estabelecidos en Viana e nos documentos portugueses se diz nados en Tanoeiros, forma que non creo que daquela fose a vernácula entre os viciños desa freguesía, senon unha interpretación dos escribans portugueses.

"É que a família a que me refiro veio para Portugal na década de 1760 e assina os documentos com a forma "Maqueira" - seria já nessa altura uma forma vernácula do apelido?"
Non podo afirmar con seguranza, mais creo que o mais natural é que houbese un erro e en realidade fosen Maquieira como todas as demais familias que ainda hoxe levan ese apelido. Os únicos tres que actualmente se chaman Maqueira non son da rexión de Pontevedra e a excepcionalidade desa forma fai-me pensar tamén nun erro...polo demais moi común noutros tempos, cando os escribáns alteraban ou mudaban (castellanizando os nomes e apelidos, por exemplo)
Finalmente, a explicación que propón para Maqueira como derivado de rede de pesca, alén de extraña para orixinar un apelido ten a dificultade agregada de que o termo maca ou maqueiro parece derivar de linguas amerindias.......
Se a familia se estabeleceu na década dos 1760 hai a posibilidade de que aparezan os seus membros mencionados no Catastro do Marqués de La Ensenada que se fixo en 1751-2. Se sabe a freguesía de orixe non sería demasiado difícil tratar de rastrexar a sua historia.

Avatar de Usuario
tudela
Novo
Novo
Mensaxes: 4
Rexistrado: 30 Xan 2007, 09:00
Contactar:

Mensaxe por tudela » 31 Xan 2007, 07:36

Relativamente aos censos do Marquês de la Ensenada, segundo me pareceu numa breve pesquisa, os de 1751 são para Pontevedra e os de 1753 para Santa Maria do Conjo (ou Conxo).

A freguesia de origem, em Pontevedra, é S. Bartolomeu da Vila de Pontevedra. Acontece que as pessoas que procuro, em 1750, já tinham saído de Pontevedra para o Conjo e em 1753 já estariam em Aveiro/Portugal e não em 1760 como inicialmente pensei.

Conhecerá outros censos, ou documentação semelhante, que me possa conduzir ás pessoas que em 1750 habitavam na paróquia de Santa Maria do Conjo. É que de momento ainda não sei o ano exacto em que saíram de Pontevedra, por isso ainda não posso ir por esse caminho.

Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 379
Rexistrado: 17 Dec 2004, 09:00

Mensaxe por maviac » 31 Xan 2007, 12:39

Creo que a vía que lle pode dar mellor resultado será examinar os libros da freguesía de San Bartolomeu; os de baptizados, matrimonios e defuntos, pois a documentación de censos anteriores seguramente iludirá datos sobre persoas ainda que non me movo neste terreno e non podo falar con plena seguranza. Para consultar eses libros terá que se por en contacto con o pároco, pois ao contrario dos de outras freguesias do arcebispado de Santiago que se ten centralizado os libros antigos no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago (por exemplo, os de Conxo), os libros de San Bartolomeu, de se conservaren (supoño que sí) están ainda na mesma freguesía.

Avatar de Usuario
tudela
Novo
Novo
Mensaxes: 4
Rexistrado: 30 Xan 2007, 09:00
Contactar:

Mensaxe por tudela » 31 Xan 2007, 21:17

Muito Obrigada, vou fazer isso.

Respostar