Página 1 de 1

Apelidos patronímicos

Publicado: 04 Feb 2010, 19:54
por Trasariz
Moi boas.

Teño unha dúbida que quero vos presentar no tocante aos apelidos patronímicos galegos. Hogano a súa terminación é -ez, emporiso antano, segundos lin mais do que non estou moi seguro, a forma máis corrente era coa terminación en -es coma no caso portugués. O troco foi feito por mor dunha castelanización, cousa semellante ao que pasou en Asturias (onde a terminación era -i) ou en Cataluña. A dúbida é se é verdade no caso galego e se hai fontes para afondar neste tema, porque xacando os poucos sitios nos que puiden ler algo non atopei ren máis ningures.

Saúdos cordiais :)

Publicado: 24 Jun 2010, 10:13
por maviac
Sí, así era. En calquera documento galego dos séculos XIV ou XV aparecen así escritos, terminados en s.

Publicado: 13 Ago 2010, 17:18
por Rubén Álvarez
[quote="maviac"]Sí, así era. En calquera documento galego dos séculos XIV ou XV aparecen así escritos, terminados en s.

Penso que se está a cometer un erro. Na documetación medieval e moderna non aparecen escritos os apelidos terminados en "s", senon que tanto en Galicia coma en todo-los reinos da Península Ibérica (incluido Portugal) adoitanse rematar cunha letra grega: sigma (que en ocasións, segundo grafías, é doado confundilo cun "S" maiúsculo pequeniño). A lectura da sigma era arbitraria (como o foi en moitos casos o "z" ou o "ç"), e debido o costume estableceuse posteriormente escribir "s" ou "z"; para o caso de España a ortografía fluctuante fará que nos atopemos "s" e "z" indistintamente (predominando moito o "z"), incluso para referirmos a unha mesma persoa (poden verse de exemplo moitas "Respuestas Generales del Catastro del Marqués de la Ensenada" nas que esta fluctuación é patente); esta fluctuación manterase hata o establecemento da ortografía a finais do século XVIII.