Relación de presos galegos mortos en San Cristóbal

Todo sobor da Guerra Civil en Galicia
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Relación de presos galegos mortos en San Cristóbal

Mensaje por serba »

http://www.foros.xenealoxia.org/viewtop ... =4&t=11315
serba escribió:
96 PRESOS GALEGOS MORRERON NO FORTE DE SAN CRISTÓBAL (Navarra)
Fusilados, por aplicación da lei de fugas, por enfemidade, por fame, por malos tratos... Os seus corpos foron soterrados en fosas comúns no monte Ezcaba, en cemiterios dos pobos do arredor (Aizoaín, Artica, Ballariaín, Berrioplano, Berriosuso, Berriozar, Loza e Oteiza) ata a súa saturación, ou, xa na posguerra, no “Cemiterio das Botellas”, ao pé da prisión. No Forte de San Cristóbal houbo un total de 608 presos republicanos galegos: 273, da provincia de Pontevedra; 158 de A Coruña; 96 de Ourense e 80 de Lugo. A case mil quilómetros das súas casas, sufriron os rigores do penal máis duro do franquismo, sen posibilidade de axuda familiar. Esta é a relación dos 97 presos galegos cuxos cadáveres, identificados ou non, nunca volveron á súa terra.
http://www.ateneodesantiago.com/wp-cont ... iodico.pdf
Exposición “QUE AFLORE O SOTERRADO: O Forte de San Cristóbal (Pamplona), baluarte da represión franquista”
http://www.ateneodesantiago.com/wp-content/uploads/2015/02/Sin-t%C3%ADtulo1-340x1024.jpg O pasado luns, 9 de febreiro inaugurouse no Pazo de Fonseca a exposición “QUE AFLORE O SOTERRADO: O Forte de San Cristóbal (Pamplona), baluarte da represión franquista”, que estará aberta ao público con entrada libre ata o 2 de marzo de luns a sábado en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. Os venres ás 19 horas realizaranse visitas guiadas gratuítas de unha hora de duración para as cales será preciso anotarse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.com.

O esforzo de Txinparta e o traballo da Sociedade de Ciencias Aranzadi e a Universidade do País Vasco sumáronse nesta exposición co propósito principal de recuperar a memoria dos presos que estiveron recluídos en San Cristóbal e que foron soterrados na ladeira do monte Ezkaba. O Ateneo de Santiago e a USC queren contribuír á superación deste lamentable episodio histórico, presentando esta exposición para que aflore a memoria dos máis de catro mil presos políticos que sufriron a máis dura represión, entre 1936 e 1943, dos que 608 eran galegos. Un total de 97 reclusos galegos deixaron a súa vida no Forte de San Cristóbal.

http://www.ateneodesantiago.com/wp-cont ... iodico.pdf
Sara Vila / Diario de Pontevedra
O abismo entre Ezkaba e Francia
http://diariodepontevedra.galiciae.com/ ... ba-francia
- Una fuga histórica con protagonistas gallegos

2.600 presos. 795 fugados. 14 fueron fusilados. 206 abatidos en los montes. Solo tres lograron llegar a Francia. Son las cifras de la Fuga de San Cristóbal, en el Monte Ezcaba, en Pamplona. Una historia oculta durante décadas con protagonistas gallegos.
http://www.vtelevision.es/informativosv ... 952001.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Re: Relación de presos galegos mortos en San Cristóbal

Mensaje por kruzul »

Graciñas Serba. Polo interés reproduzo a lista completa dos 90 galegos mortos. Tómoa do Xornal da USC
  • Alfaya, Casimiro, 55 anos, xornaleiro, de Frades (A Coruña). *C.P. (19/X/36), ingresa o 5/2/37, morre o 28/11/37
  • Allo Sabor, Xoán, 24 anos, mariñeiro, de O Grove, C.P. (9/5/37), ingresa o 17/10/37, morto na fuga o 22/5/38. Non se recupera o cadáver.
  • Alonso Nine, Ramón, 28 anos, fogoneiro, de Carril-Vilagarcía (Pontevedra). C.P. (16/3/37), ingresa o 16/3/37, morre o 28/7/39
  • Ave Estévez, Xosé, 29 anos, mariñeiro, de Bueu (Pontevedra) C.P. (29/12/36), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Baños Mariño, Pablo, 35 anos, labrador, de Cuntis (Pontevedra), C.P. (27/2/37), ingresa o 17/10/37, fugado o 22/5/38, morre no forte o 13/9/40
  • Barreiro Paredes, Abelardo, 35 anos, mariñeiro, de Bueu (Pontevedra) C.P. (29/12/36), ingresa o 15/7/37, fugado o 22/5/38, morre no forte o 10/8/40
  • Barrientos, Manuel , 20 anos, mariñeiro, de Muxía (A Coruña), condenado a 20 anos (24/3/37), ingresa 12/6/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Bello Pombo, X. M. 18 anos, labrador, de Ferrol, condenado a C.P. (4/11/36), ingresa 19/12/36, morre no forte o 9/6/41
  • Blanco Barreiro, Adolfo, 31 anos, labrador, de Cristimil-Lalín (Pontevedra). C.P. (27/2/37), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Blanco Meiriño, Fidel, 36 anos, labrador, de Carballeda (Ourense). C.P. (7/2/37), ingresa o 14/7/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Borrazás Bello, Xosé, 33 anos, labrador, de Monteagudo (A Coruña), condenado a C.P. (28/9/36), ingresa o 24/12/36, morre o 29/12/36.
  • Bua Carou, Francísco, 48 anos, secretario do concello de Caldas de Reis (Pontevedra). C.P. (22/9/36), ingresa o 16/5/37, morre o 10/6/40
  • Buceta Castro, Cándido, 25 anos, mariñeiro, de Boiro (A Coruña). C.P. (1/9/37), ingresa o 12/1/38, morto na fuga o 22/5/38
    C.P. (22/12/36), ingresa o 31/10/37, morre no forte o 24/7/40
  • Caamaño Lema, Xosé, 37 anos, xornaleiro, de Corme (A Coruña) C.P. (2/2/37), ingresa o 18/6/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Cajide Rodríguez, Roxelio, 24 anos, labrador, de Carbia-Vila de Cruces (Pontevedra). C.P. (30/1/37), ingresa o 16/5/37 morre o 30/4/40
  • Campa Santos, Pacífico, 26 anos, muiñeiro, de Ponte do Porto-Camariñas (A Coruña). C.P (7/3/37), ingresa o 16/6/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Campos Ares, Pascual, 40 anos, xornaleiro, de Lugo, condenado a C.P. en León (11/12/36), ingresa o 10/10/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Canel González, Daniel, 30 anos, xornaleiro, de Sober (Lugo), condenado a C.P. (14/9/36), ingresa 31/12/36, morre o 14/9/40
  • Carballude González, Xosé, 32 anos, canteiro, de Lalín (Pontevedra), C.P. (6/3/37), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Cea Asorey, Manuel, 24 anos, labrador, de Carbia-Vila de Cruces (Pontevedra). C.P. (13/1/37), ingresa o 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Cendán Rivas, Xesús, 23 anos, tipógrafo, de Lugo, C.P., ingresa o 1/1/37, morre no Forte o 13/9/40
  • Conde Fernández, Hermenexildo. 34 anos, labrador, de A Coira-Piñor (Ourense) C.P. (18/12/36), ingresa o 14/7/37, participa na fuga e morre no forte o 18/3/40
  • Costa Piñeiro, Xulio, 20 anos, mariñeiro, de A Coruña, C.P. (31/1/37), ingresa o 18/6/37 morto na fuga o 22/5/38
  • Costoyas Ares, Antonio, 31 anos, carpinteiro, de Silleda (Pontevedra), C.P. (28/2/37), ingresado o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Couce Sanmartín, Xosé, 24 anos, labrador, de Verins-Irixoa (A Coruña). C.P. o 2/12/36, ingresa o 10/2/37, morto na fuga o 22/5/38
  • De la Iglesia Sánchez, Evaristo, 22 anos, electricista, de Ourense, C.P. (15/5/37), ingresa o 17/10/37, morto na fuga o 22/5/38. Non se recupera o cadáver
  • Díaz Díaz, Gabriel, 27 anos, estudante, condenado en Lugo a C.P. (13/9/36) ingresa o 14/12/36 e morre no Forte o 10/12/37
  • Diéguez Fernández, Xosé, 29 anos, limpabotas, de Pontevedra, condenado a 16 anos (19/2/37), ingresa o 14/19/37, fugado o 22/5/38, morre no forte o 23/7/39
  • Díos González, Uxío, 29 anos, mecánico, de Bueu (Pontevedra). C.P. (27/12/36), ingresa o 16/5/37, fugado e morto o 22/5/38
  • Domínguez Ferreira, Xoaquín, 51 anos, labrador, Pontevedra. C.P. (1/4/37), ingresa o 15/7/37, fugado o 22/5/38, morre no forte o 22/1/40
  • Dorribo González, Enrique, 41 anos, labrador, de Rairo (Ourense). C.P. (26/8/36), ingresa o 16/1/27. Fugado e morto na fuga o 22/5/38
  • Fernández García, Fidel, 35 anos, albanel, de Ribadavia (Ourense). C.P: (7/2/37), ingresa o 14/7/37, morre no forte o 24/2/39
  • Ferro Eiras, Arturo, 33 anos, labrador, de Valga (Pontevedra), C.P. (29/4/37), ingresa o 11/10/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Freire Monasterio, Xan, 25 anos, limpabotas, de Ribadeo (Lugo). C.P. (15/1/37), ingresa o 16/6/37, morto na fuga o 22/5/38
  • García Iradier, Manuel E., 20 anos, xornaleiro, de Budiño-O Porriño (Pontevedra). C.P (27/12/36), ingresa o 22/2/37, morre o 22/8/41
  • García Lago, Luís, 21 anos, xornaleiro, de Teis-Vigo. C.P. (16/9/36), ingresa o 22/2/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Godoi Calvelo, Atilano, 21 anos, panadeiro, de Cotobade (Pontevedra). C.P (24/12/36), ingresa o 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Gómez Lorenzo , Xerardo, 20 anos, carpinteiro, de Bergondo (A Coruña) C.P. (29/1/37), ingresa o 14/6/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Gómez Varela, Senén, 35 anos, zapateiro, de Ponteareas (Pontevedra). C.P (19/10/36), ingresa o 8/2/37, morto na fuga o 22/5/38
  • González Cabaleiro, Alexandre, 18 anos, mariñeiro, de Teis-Pontevedra, C.P. (27/10/36), ingresa o 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38
  • González Caramés, Antonio, 21 anos, labrador, de Trasalba (Ourense), C.P. (17/7/36), ingresa o 16/1/37, morre no Forte o 13/9/38
  • González Rodríguez, Manuel, 31 anos, ebanista, de Ribadavia (Ourense). C.P. (7/2/37), ingresa o 14/7/37, morre no forte o 9/7/40
  • Gutiérrez López, Xosé, 44 anos, reloxeiro, de Castro-Pazos (Ourense). C.P. (20/8/36), ingresa o 16/1/37, morre na fuga o 22/5/38
  • Hermida Rubal, Xosé, 57 anos, labrador, de Ourol, veciño de Vilacampa-O Valadouro (Lugo), condenado a 20 anos (19/12/36), ingresa o 28/1/38, morre o 3/3/38
  • Iglesias, Antonio, 19 anos, panadeiro, de Gondomar (Pontevedra), C.P. (21/10/36), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Limeres Campos, Secundino, 25 anos, canteiro, de Arcos (Pontevedra). C.P. (27/2/37), ingresa o 17/10/37, morto na fuga o 22/5/38. Non se recupera o cadáver.
  • Lobeira Juncal, Salvador, 22 anos, mariñeiro, de Bueu (Pontevedra). C.P. (29/12/36), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
  • López Arango, Laureano, 41 anos, xornaleiro, de Liñares (Lugo) C.P (22/8/36), ingresa o 14/12/36. Fugado e morto o 22/V/38
  • Mauricio Martínez, Anxélico, 27 anos, mariñeiro, de Bueu (Pontevedra). C.P. (27/12/36), ingresa o 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Medín Vidal, Antonio, 20 anos, carpinteiro, de Miño (A Coruña). C.P. (22/2/37), ingresa o 3/7/37, morre na prisión o 26/11/37
  • Mejuto Leis, Vicente, 24 anos, chofer, de Cee (A Coruña), condenado a 12 anos (6/3/37), ingresa o 19/6/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Miguel Frechilla, Primitivo, 35 anos, mecánico de Palencia, condenado en Santiago a C.P (8/8/36) ingresa o 14/1/37, fusilado o 8/9/38
  • Movilla Lorenzo, Xosé, 23 anos, ferreiro, de San Martiño- A Gudiña (Ourense), C.P (25/9/36), ingresa o 14/7/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Novoa Álvarez, Xosé, 59 anos, propietario, de Maside (Ourense), condenado a 12 anos (16/11/36), ingresa o 31/3/37, morre o 13/12/37
  • Núñez Morales, Benito, 27 anos, labrador, de Bueu (Pontevedra) C.P. (29/12/36), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Pais Refojos, Manuel, 35 anos, cerralleiro, de Bueu (Pontevedra). C.P. (27/12/36), ingresa o 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Parada Davila, Salvador, 20 anos, mariñeiro, de Bueu (Pontevedra). C.P. (29/12/36), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Pardo Argüeso, Andrés, 18 anos, serrador, de Bergondo (A Coruña). C.P. (29/1/37), ingresa o 14/6/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Pastoriza Fariñas, Benito, 33 anos, mariñeiro, de Cela (Pontevedra), C.P. (29/12/36), ingresa o 15/7/37, morre no forte o 2/6/43
  • Pombo, Manuel, 20 anos, follalateiro, de Coristanco (A Coruña), condenado a 26 anos (10/4/37), ingresa o 12/6/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Pontevedra González, Peregrino, 36 anos, pescador, de Cambados (Pontevedra), C.P. (16/12/36), ingresa 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Pousa Fermoso, Román, 49 anos, carpinteiro, de Beade (Ourense). C.P. (7/2/37), ingresa no forte o 14/7/37, morre no forte o 19/4/38
  • Rey Rodríguez , Salvador, 27 anos, empregado, de Serantes-Ferrol. C.P. (29/4/37), ingresa o 39/6/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Rey Torrado, Alberte, 34 anos, panadeiro, de Carril-Vilagarcia (Pontevedra). C.P. (27/6/37), ingresa o 17/10/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Rey Urcera, Manuel, 24 anos, labrador, de Vilagarcía (Pontevedra). C.P. (14/2/37), ingresa o 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38.
  • Rincón Alvarez, Manuel, 20 anos, empregado, de As Neves (Pontevedra) C.P. (8/10/36), ingresa o 11/10/36, morto na fuga o 22/5/38
  • Rivera Bouza, Francísco, 42 anos, chofer, de Ferreira (A Coruña), condenado a 12 anos (4/12/36), ingresa o 5/7/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Rivera Herva, Manuel, 19 anos, electricista, de Ferrol. C.P. (31/12/36), ingresa o 12/1/38, morto na fuga o 22/5/38
  • Rodríguez Gándara, Ignacio, 36 anos, xornaleiro, de Paraños (Pontevedra), C.P: (22/10/36), ingresa o 5/2/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Rodríguez Magariños, Manuel, 33 anos, xornaleiro, de Redondela (Pontevedra), condenado a 20 anos (23/!2/36), ingresa o 22/2/37, morre o 2/1/38
  • Rodríguez Quintiá, Bernardino, 38 anos, labrador, de Valdoviño (A Coruña), condenado a 12 anos (4/12/36), ingresa o 3/7/37, morre na fuga o 22/5/38
  • Romero Vidal, Tomás, 41 anos, labrador, Vilagarcía (Pontevedra). C.P. (14/2/37), ingresa o 16/5/37 morre o 6/8/37
  • Salgado Oliveira, Manuel, 22 anos, labrador, de Tintores-Verín (Ourense). C.P. (21/12/36) Fugado o 22/5/38, morre no forte o 10/8/41
  • Serpa Araque, Xosé, 28 anos, labrador, nacido en Venezuela, vive en Pontevedra,
  • Silva Ferreira, Xosé, 35 anos, xornaleiro, de Redondela (Pontevedra). C.P. (30/1/37), ingresa o 22/2/37 morre o 1/3/40
  • Souto González, Enrique, 22 anos, carniceiro, de A Cañiza (Pontevedra). C.P. (17/10/36), ingresa o 5/3/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Tato Faro, Serafín, 47 anos, canteiro, de Mondariz (Pontevedra), C.P (19/X/36), ingresa o 5/3/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Trula Arregidor, Manuel, 21 anos, pescador, de Ourense. C.P. (13/2/37), ingresa o 14/7/37, participa na fuga e morre no Forte o 29/11/39
  • Urcera Barros, Manuel, 22 anos, concelleiro de Izquierda Republicana en Vilagarcía (Pontevedra). C.P (14/2/37), ingresa o 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Urgal Fernández, Xosé, 25 anos, mariñeiro, de Malvas-Tui (Pontevedra). C.P. (17/12/36), ingresa o 22/2/37, morre o 27/6/39
  • Valeira Rocha, Xosé, 24 anos, chocolateiro, de A Cañiza (Pontevedra). C.P (17/10/36), ingresa o 5/2/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Valeiro Caramés, Alfonso, 25 anos, albanel, de Os Castros- A Coruña. C.P. (23/12/36), ingresa o 10/2/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Valladares González, Antonio, 18 anos, viaxante de comercio, de Bandeira (Pontevedra). C.P. (16/10/36), ingresa o 16/5/37, organizador da fuga, fusilado sen xuízo o 22/5/38
  • Vázquez Castro, Enrique, 31 anos, xornaleiro, de Crecente (Pontevedra), condenado a C.P. en Segovia (19/2/37), ingresa o 22/8/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Vázquez Fernández, Xosé, 29 anos, agricultor, de Pontevedra, C.P (30/11/36), ingresa o 16/5/37, fugado e falecido no forte o 21/5/41
  • Vidal Domínguez, Xosé, 22 anos, xornaleiro, de Vilavella-A Mezquita (Ourense), C.P. (25/9/36), ingresa o 14/7/37, morre no forte o 10/9/38
  • Vieitez Vieitez, Amadeo, 30 anos, labrador, de Abelenda-Carballeda (Ourense). C.P. (27/4/37), ingresa o 14/7/37, morre no forte o 10/7/39
  • Vilariño Paredes, Serafín, 31 anos, comerciante, de Palas de Rei (Lugo), condenado a 17 anos (20/3/37), ingresa o 17/6/37, morto na fuga o 22/5/38
  • Villar Cimadevila, Enrique, 30 anos, escribinte, de Vila de Cruces (Pontevedra). C.P (18/11/36), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38. Cadáver non recuperado.
  • Villar Cimadevila, Luís, 24 anos, “axente executivo”, de Vila de Cruces (Pontevedra). C.P. (18/11/36), ingresa o 15/7/37, morre no Forte o 13/11/38

*C.P. Cadea Perpetua (Data da sentencia do Tribunal Militar)
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Mesa redonda "Galegos no penal do Forte de San Cristóbal"

Mensaje por serba »

O luns 2 de marzo ás 20 horas o Ateneo de Santiago, coa colaboración do Grupo de Investigación Histagra da USC, ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela a mesa redonda «Galegos no penal do Forte de San Cristóbal», na que participarán D. Eliseo Fernández, Documentalista e especialista na historia do movemento libertario en Galicia, D. Andrés Domínguez, Doutor en Historia Contemporánea da USC, D. Xosé Novas, membro da Asociación Johan Carballeira de Bueu, D. Antonio Míguez, Doutor en Historia da USC, e D. Xosé Ramón Pousa, Doutor en Ciencias da Comunicación da USC, e que estará moderada por D. Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático de Historia Contemporánea da USC. http://www.ateneodesantiago.com/wp-content/uploads/2015/02/fuerte-san-cristobal-2-300x225.jpg http://www.ateneodesantiago.com/?p=6358
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Relación de presos galegos mortos en San Cristóbal

Mensaje por serba »

O Ateneo de Santiago clausurou onte no pazo de Fonseca a exposición 'Que aflore o soterrado', celebrada en colaboración coa Universidade de Santiago, sobre a prisión franquista do Forte de San Cristóbal, na que morreron 96 dos 608 presos galegos alí condenados. [...]
http://www.elcorreogallego.es/santiago/ ... cia-919253
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder