Familia Lino Tilve / Tilves / Tilvez Santradán / Sautradán

Procuras de familiares
Responder
gargola

Familia Lino Tilve / Tilves / Tilvez Santradán / Sautradán

Mensaje por gargola »

busco información sobre estos apellidos
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Tilve

Mensaje por maviac »

Sobre o apelido Tilve, nada millor que reproducir o que X. Milleiro elaborou na lista de apelidos dando por feito que todas son variantes do mesmo apelido e que procede dun topónimo:

Tilve / Tilves

Apelido galego que se atopa con bastante frecuéncia na área de influéncia da cidade de Pontevedra. Neste concello existe o único topónimo con ese nome na Galiza: Tilve e Bouza. É unha aldea da parróquia de Cerponzóns, concello de Pontevedra. Unen-se aos Moreno de Compostela, Moreno-Tilve, dos que descenden os condes de Torrenovas e vizcondes de Espasantes. Vicente de Cadenas y Vicent, no "Repertorio de Blasones de la Comunidad Hispánica" recolle para os Tilve as siguintes Pedras Armeiras: En campo de sinople, unha aguia, de ouro.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
Coa grafía TILVE
- Provincia de Pontevedra atopamos 496 persoas a maioría no concello de Pontevedra. tamén atopamos 64 persoas coa grafía TILVES a maioría no concello de Marín.
- Provincia de A Coruña atopamos 33 persoas moi dispersas.
- Provincia de Ourense atopamos 11 persoas moi dispersas.
So atopamos 1 persoa na provincia de Lugo.
Coa grafía TILVES
- Provincia de Pontevedra atopamos 64 persoas a maioría no concello de Marín.
So atopamos 1 persoa na provincia de A Coruña, e non atopamos ningunha persoa nas provincias de Lugo e Ourense.

- En España
Coa grafía TILVE
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid 20 persoas, Barcelona 15, etc. O total de persoas que atopamos co apelido TILVE e de 614 persoas.
Coa grafía TILVES
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Guipúscoa 14, Huelva 8, Sevilla 8, etc. O total de persoas que atopamos co apelido TILVES e de 104 persoas.

- En España (Guías Telefónicas)
Coa grafía TILVE
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Pontevedra 214 aboados, A Coruña 14, etc. O total de aboados que atopamos e de 275.
Coa grafía TILVES
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Pontevedra 28 aboados, Guipúscoa 11, etc. O total de aboados que atopamos e de 53.

Sobre SANTADRÁN, SAUTADRÁN, creo que se trata doutro apelido da zona de Pontevedra Morrazo que se orixina nunha deformación do nome de Santo Ädrián de Cobres (concello de Vilaboa)
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Ola Gorgola,

Semella que istos apelidos que procuras son da zona de Pontevedra ou moi perto. Coincido con Maviac sobre a posíbel orixe do apelido Santadran ou Sautadran, que ben poidera provir do lugar chamado Santradan, en Cobres (Vilaboa). Che pediria si tes documentado algunha persoa con ese apelido mo dixeras dado que actualmente non atopo persoas chamadas así.

Un saudo

Xavier
Invitado

Re: Familia Lino Tilve / Tilves / Tilvez Santradán / Sautrad

Mensaje por Invitado »

gargola escribió:busco información sobre estos apellidos
Hola mi nombre es Carmen, soy de Huelva y mi segundo apellido es TÍLVES, me gustaria poder ponerme en contacto contigo para cambiar informacion sobre el apellido. Te dejo mi email: camarrotil@hotmail.com
Un saludo y espero noticias tuyas.
Responder