Vedra restitúe a Corporación do 1936...

Historia de personaxes
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18902
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Vedra restitúe a Corporación do 1936...

Mensaxe por serba » 28 Xul 2014, 07:59

S. F.
Vedra restitúe a Corporación do 1936 nunha emotiva e concorrida homenaxe
O salón de plenos vedrés quedouse onte pequeño para albergar ás máis de cen persoas que acudiron onte a un pleno no que se restituíu simbólicamente a todos os edís elexidos democráticamente e que foran destituídos o 26 de xullo de 1936. Na acta da sesión plenaria restituíronse nos cargos –como acto de xustiza– aos membros daquela Corporación: Celestino González Fuentes, Manuel Cebeiro Santos, Andrés Bouzón Álvarez, Francisco Morao Valdés, José Collazo Barco, José Abelleiro Alvela, Marcelino Cobas Parada, Ángel Rey Caldelas, Juan Gaiteiro Deveda, José Castro Crespo, Mariano Lema Lobato, Antonio Núñez Varela, José Mougán Neira e Francisco Picanes Alvela. En nome de todos os familiares dos edís restituídos falou José Rey, fillo de Ángel Rey, que fora alcalde naquela época.
http://www.elcorreogallego.es/terras-de ... cia-882127
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar