María Luz Morales, a “vehemente galeguista” que foi a primeira muller en dirixir un xornal no Estado español
Pioneira no xornalismo peninsular, esta coruñesa dirixiu 'La Vanguardia' de 1936 a 1937, e mantivo o compromiso galeguista coa súa terra embora vivir desde nova en Barcelona. Tivo tempo de colaborar con André Malraux ou de espertar a curiosidade da todopoderosa produtora 'Paramount Pictures'. Hoxe cúmprense 118 anos do seu nacemento.
A xornalista coruñesa, de familia burguesa, foi elixida por un comité obreiro en xullo de 1936 como responsable de ‘La Vanguardia’ // Crítica de cine e moda, traballou na Campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia.
É, sen dúbida, unha muller de referencia na historia do xornalismo. María Luz Morales Godoy nace en A Coruña en 1898...