<<Manuela Barreiro Pico, primeira muller farmacéutica de Galicia>>
Publicado: 16 Jun 2017, 12:34
Un grupo de ribadenses a título particular, co apoio decidido do Concello de Ribadeo, realizará este luns 19 de xuño ás sete e media da tarde unha homenaxe á ribadense Manuela Barreiro Pico, que foi a primeira muller farmacéutica de Galicia, título que obtivo no ano 1900 e polo que xa conta cunha rúa na localidade. A homenaxe terá lugar no bar El Cabás, na rúa Rodríguez Murias, onde ela tivo a súa farmacia entre 1903 e 1933.
Manuela Barreiro Pico naceu no concello de Viveiro de forma “accidental”, segundo se recolle na súa propia partixa de nacemento. Ao pouco voltou con seus pais á súa casa de Ribadeo, onde o seu pai era mestre...
http://www.cronica3.com/2017/06/un-grup ... de-galicia