José Castro González (Chané). Unha vida dedicada á música galega

Historia de personaxes
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

José Castro González (Chané). Unha vida dedicada á música galega

Mensaje por serba »

José Castro, coñecido polo alcume de Chané, foi un dos máis importantes músicos galegos. Naceu en Santiago de Compostela o 18 de xaneiro de 1856. Virtuoso da guitarra e da cítara, compositor e catedrático de Belas Artes na Coruña, foi director do Orfeón Coruñés e maís tarde da coral El Eco. Con esta coral obtivo galardóns en Pontevedra (1880), Madrid (1887), Barcelona (1888) e Santander. Foi premiado tamén en París, onde o grupo que dirixía foi galardoado no festival do Teatro Trocadero, en 1889. Malia o seu recoñecido prestixio, a cátedra que rexentaba na Coruña foi suprimida, razón que levou a Chané a emigrar. Deste xeito, chega a Cuba en 1893, cando tiña 37 anos. Na Habana dirixiu o orfeón Ecos de Galicia, co que acadou grandes éxitos. Na capital cubana Chané tivo unha estreita relación co poeta Curros Enríquez, chegando a pór música a varios textos do poeta ourensán, o máis famoso de todos sería Unha noite na eira do trigo.

http://emigracion.xunta.gal/conecendo-g ... alez-chane
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder