Páxina 1 de 1

Gregorio Agustín Mariño de Lobera, deputdo do Reino de Galicia

Publicada: 10 Xuñ 2019, 16:23
por Manuel Darmont
Saúdos,
Un dos persoeiros máis esquencidos da Historia de Galicia é don Gregorio Agustín Luaces Mariño de Lobeira (1679-1745). Pois ben, foi deputado do reino de Galicia dende 1728 ata 1745 (1728-35 oficialmente). Ocupouse dos máis importantes preitos de Galicia (rendas reais, preito coa casa de Quincoces...), pero curiosamente a súa pegada nos arquivos nacionais é, de momento, esquiva. Mesmo os arquiveiros non atoparon nada significativo. Iso sí, a través deste foro atopei documentos de interese vencellados coa súa vida en Galicia. Non sei se, tal vez, hai algún arquivo familiar onde haxa información desa actividade en Madrid, tal e como sucedeu co o derradeiro deputado xeral do Reino, o marqués de San Martiño de Ombreiro.

Agardo a vosa resposta.

Un saúdo
Manuel Darmont

Re: Gregorio Agustín Mariño de Lobera, deputdo do Reino de Galicia

Publicada: 14 Xuñ 2019, 21:07
por José Manuel Bértolo
Puede que en el pazo de Cotón en Negreira tengan algo, ya que allí se conserva un retrato de este señor que nació en Santiago en la parroquia de la Virgen del Camino d el 17 de setiembre de 1679 con el nombre de Gregorio Agustín Pedro Benito, hijo de don Bernardo de Luaces Sotomayor y de Inés Saavedra Mariño Valladares, vecinos de esta parroquia. Padrinos Juan Jerónimo de Lobera y Juana Evangelista Saavedra.
De todos modos alguna cosa hay en los archivos notariales, tanto en Santiago como en A Coruña. Por ejemplo, en A Coruña, protocolos de J.I. Ortega Castro (3/2/1720). La cuestión es que hay que perder mucho tiempo.