Dona Milia de Castro mailo "english conection"
Publicado: 03 Nov 2006, 19:04
En numerosas notas xenealóxicas podemos atopar referencias a “afamada” dona Milia; lendaria “infanta de Inglaterra”. A confusión creada polas citadas “tildes” lexendarias do persoaxe, as máis das veces non deixan ver a verdadeira dimensión da dona; quen non foi nin “infanta” e menos “da Inglaterra”. Por iso creo necesario iste pequeño apunte sobre as súas orixes, para fuxir da que parece foi unha “imperante moda”, por facer extranxeiro o que foi ben enxebre.
A “lenda” de dona Milia está relacionada coa orixe da familia galega dos Vaamonde, quen timbrou as súas armas con: escaques e bordura de cinco troitas, sostido por dúas píntigas tenantes, e rematado no xefe cun -M- timbrado de coroa real. Iste último elemento foi o eixo lendario, polo que os Vaamonde explicaban a súa descendencia dunha Milia (por iso o M), quen fora infanta, (así se explica a coroa real); e quen por riba de todo viñera da Inglaterra. O elemento fai en realidade mención con toda seguridade, a unha relación antiga da Casa de Vaamonde coa de Montenegro; pero ¿Por qué entón foi considerada dona Milia infanta da Ingleterra?. Imos por partes:
As ditas armas as defendera don Vasco Pérez de Vaamonde, quen efectivamente estivo casado cunha Milia de Castro. Ista dona fora filla natural do Señor de Lemos: don Pedro Fernández de Castro “O da Guerra”; e foi enterrada no Convento de Santa Clara de Benavente. O curioso nome -por outra banda bastante común no XIV- entrara na familia dos Castros galegos, a través de dona Milia Iñiguez de Mendoza tataravoa do persoaxe protagonista distas notas.
Dona Milia Iñiguez de Mendoza foi filla de don Iñigo López de Mendoza, señor de Llodio e dona Leonor Furtado de Mendoza. Casou ista señora con don Fernán Gutiérrez de Castro, “Tenente Perticam Sancti Jacobi” e II Señor da Casa de Lemos. Ambos foron pais de don Andrés Fernández de Castro, III Señor de Lemos e Sarria, e de don Esteban Fernández de Castro, Comes Galiciae. IV Señor de Lemos, logo que o seu irmán mayor don Andrés só tivera descendencia femenina.
Don Esteban Fernández de Castro o fixera a súa vez con dona Aldonza Rodríguez de León, filla do infante de don Rodrigo Afonso, (fillo natural do rei Afonso IX, que o tivera en Aldonza Martínez de Silva), e de dona Inés Rodríguez de Cabrera.
Os anteriores foron pais por fin de don Fernán Ruiz de Castro, Comes Galliciae e V Señor de Lemos, quen tivo na infanta dona Violante Sánchez de Castilla, (filla natural do rei Sancho IV e dona María Alfonso de Meneses, señora de Ucero): a don Pedro Fernández de Castro, Comes Galliciae e VI Señor de Lemos e Sarria. Dun amancebamento de iste último cunha descoñecida, tivo por filla a nosa personaxe: dona Milia Pérez de Castro ou simplemente de Castro; muller de don Vasco Pérez de Vaamonde.
As antigas ligazóns coas Casas reales de León e Castela, na ascendencia da avoa e bisavoa de dona Milia, e a base para entender por que ista será recordada como “infanta” polos nobiliarios. A relación coa Inglaterra é moito máis misteriosa e podera -seguindo na mesma liña- facer “recordo” á ligazon das Casas Reais de León e Castela, coa Casa Real da Inglaterra o ser descendentes de Enrique II Plantagenet e Leonor de Aquitania; pais de dona Leonor Plantagenet muller do Rei de Castela Afonso VIII. Mais levar 200 anos atrás a ascendencia de dona Milia, para atopar unha “english conection”, é cecais demasiado forzado para ter considerado a ista como una “infanta da Inglaterra”; así que detrás de tal tiduo poiderase estar botando fume simplemente, enriba duna xenealoxía plagada de amancebamentos incómodos de explicar. Un forte saudo: Lamigueiro