Página 1 de 1

Anselmo López Carreira: "Historia de Galicia" (Eds. Xerais)

Publicado: 15 Nov 2012, 09:57
por serba
[Edito el título anterior del hilo, por el del siguiente mensaje -sobre la presentación del libro "Historia de Galicia"-, para no dispersar lo relacionado con este autor].

"Os Castro, unha alternativa atlantista na Galiza do s. XIV"
Conferencia do historiador Anselmo López Carreira sobre Inés de Castro e o seu tempo, na que relatou a biografía da personaxe e os lugares portugueses relacionados coa súa vida e morte.

Anselmo López Carreira: "Historia de Galicia" (Eds. Xerais)

Publicado: 21 Jul 2013, 17:05
por serba
http://blog.xerais.es/wp-content/uploads/2013/07/Historia-de-galicia.jpg Presentación en Festigal 2013, 25-7-2013
Ás 20:15 horas Historia de Galicia de Anselmo López Carreira. Falarán: Manuel Bragado e Anselmo López Carreira.
http://blog.xerais.es/2013/xerais-no-festigal-2013/

http://blog.xerais.es/2013/novidade-his ... -historia/

[Festigal 2013: http://www.santiagoturismo.com/axenda-c ... tigal-2013 ]

Anselmo López Carreira: "Historia de Galicia" (Eds. Xerais)

Publicado: 23 Jul 2013, 07:46
por serba
Entrevista no 2004 en Radio Allariz a Anselmo López Carreira, licenciado (1976) e doutorado (1994) en Historia pola Universidade de Santiago, é Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas do Morrazo, após ter traballado en Celanova, Verín, Santiago, Barcelona e Hannover; así como profesor titor de Historia Medieval pola UNED en Ourense. Tamén está ligado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos. Especializado na historia medieval da Galiza, centra os seus traballos no estudo crítico das fontes documentais, no periodo Suevo na Gallaecia, no Reino galego, nas cidades medievais, e nos movementos sociais baixomedievais. É autor, entre outros, dos ensaios: A revolución irmandiña (1987); Martiño de Dumio: a creación dun reino (1996); ou o O reino medieval de Galicia (2005). É coautor de varias obras colectivas, como a Historia Xeral de Galicia (1997), e tén tamén unha grande cantidade de artigos publicados en diferentes revistas (Grial, Boletín Auriense, Brigantium, Murguía...), así como colaboracións no diario La Región, no semanario A Nosa Terra, e noutros medios.

Provén do aquivo dixital da AGLP
http://www.ivoox.com/o-reino-da-galiza- ... 211_1.html#

Entrevista a Anselmo López Carreira: "Historia de Galicia"

Publicado: 08 Oct 2013, 12:41
por serba
Entrevista en Radiofusión - http://173.255.131.23/audio/041013LOPEZ.mp3
O reino máis antigo do Occidente de Europa

Hermerico convírtese no ano 410 no primeiro rei de Galicia. Os suevos instálanse na Gallaecia romana e asinan un pacto de hospitalidade co emperador de Roma. Coa teórica aceptación da superior autoridade imperial e co compromiso de prestar asistencia militar, constitúen de facto un reino. Afirmao así o profesor Anselmo López Carreira, autor do libro “Historia de Galicia” que ven de publicar Edicións Xerais.

Galicia como reino, segue contando con persoalidade política propia durante máis de mil anos, dez séculos que foron silenciados e ocultados pola historiografía oficial. No ano 1230 morre o rei Afonso VIII e foi coroado o seu fillo Fernando III que xa era rei en León. Na persoa dese monarca uníanse as dúas coroas, a galego-leonesa e a castelá. Mais isto non supuxo de momento a unión administrativa dos reinos, que conservaron os seus respectivos usos tradicionais. No reino galego-leonés continuou vixente o código do Liber Iudicium, e ata o século XIV as Cortes de cada un deles seguíronse a reunir case sempre de forma independente. O novo código de leis aprobado en 1348 para Castela nas Cortes de Alcalá houbo de ser a continuación referendado para Galicia-León noutras Cortes en 1349. A unión tampouco tivo repercusión cultural. Da segunda metade dese século son as Cantigas de Santa María, compostas polo rei Afonso X (fillo e sucesor de Fernando III) nas que se percibe un idioma vivo, falado usualmente polo propio monarca.
http://blog.xerais.es/2013/anselmo-lope ... diofusion/

Anselmo López Carreira: "Historia de Galicia" (Eds. Xerais)

Publicado: 30 Oct 2013, 14:31
por serba
O xoves, 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Escola Oficial de Idiomas, rúa Real, 29 de Ferrol, terá lugar a presentación do libro Historia de Galicia de Anselmo López Carreira.
http://blog.xerais.es/2013/presentacion ... en-ferrol/

Anselmo López Carreira: "Historia de Galicia" (Eds. Xerais)

Publicado: 15 Nov 2013, 08:34
por serba
Presentación de “Historia de Galicia” n’A Guarda
O venres, 15 de novembro, ás 20:00 horas, no local do Centro Social Fuscalho, rúa do Paseo d’A Guarda, Anselmo López Carreira presentará o seu libro Historia de Galicia.
http://blog.xerais.es/2013/presentacion ... -a-guarda/

Presentación de "Historia de Galicia" en Santiago

Publicado: 20 Nov 2013, 08:40
por serba
O xoves, 21 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo 55 de Santiago, Anselmo López Carreira presentará o seu libro Historia de Galicia.
O acto está organizado pola Asociación Cultural O Galo, a libraría Pedreira e Xerais.
http://blog.xerais.es/2013/presentacion ... -santiago/

Presentación de "Historia de Galicia" en Vigo

Publicado: 26 Nov 2013, 15:23
por serba
O xoves, 28 de novembro, ás 20:00 horas, no Hotel Os Galeóns de Vigo, Anselmo López Carreira falará do seu libro Historia de Galicia. O acto está organizado pola Asociación Pertenza.
http://blog.xerais.es/2013/presentacion ... a-en-vigo/

Reportaxe no ZigZag sobre «Historia de Galicia»

Publicado: 27 Nov 2013, 14:11
por serba
Anselmo López Carreira: «Un pobo que descoñece a súa historia descoñece o seu presente». Reportaxe no ZigZag sobre «Historia de Galicia»
http://blog.xerais.es/2013/anselmo-lope ... e-galicia/

Anselmo López Carreira: "Historia de Galicia" (Eds. Xerais)

Publicado: 01 Dic 2013, 18:46
por serba
"Anselmo López Carreira explica nun libro a historia descoñecida de Galicia"
Vídeo: http://www.crtvg.es/crtvg/canles-temati ... de-galicia

Presentación de "Historia de Galicia" en Foz

Publicado: 02 Dic 2013, 15:04
por serba
(Concello de Foz)
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza para este xoves día 5, ás 20.30 na Casa da Cultura Manuela presentación do último libro do historiador e profesor Anselmo López Carreira titulado “Historia de Galicia”. Libro que foi editado por Xerais neste 2013 e que xa se atopa nestes momentos nos primeiros postos en vendas no apartado historia de Galicia das principais librarías.
http://www.cronica3.com/2013/12/anselmo ... ro-en-foz/

Presentación de "Historia de Galicia" en Cangas

Publicado: 17 Dic 2013, 14:11
por serba
http://blog.xerais.es/wp-content/uploads/2013/12/XG00203001.jpg
"Presentación de «Historia de Galicia» en Cangas"

O xoves, 19 de decembro, ás 20:30 horas, na libraría Maraxe, avenida de Marín 9, de Cangas Anselmo López Carreira presentará o seu libro Historia de Galicia.

http://blog.xerais.es/2013/presentacion ... en-cangas/

Presentación de «Historia de Galicia» na Coruña

Publicado: 19 Dic 2013, 08:43
por serba
O venres, 20 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Suévia, rúa Vila de Negreira 32, da Coruña Anselmo López Carreira presentará o seu libro Historia de Galicia.
http://blog.xerais.es/2013/presentacion ... na-coruna/

Presentación de "Historia de Galicia" en Marín

Publicado: 03 Ene 2014, 18:22
por serba
O venres, 10 de xaneiro, ás 20:30 horas, na Biblioteca Municipal, Avda de Ourense, 8 de Marín, terá lugar a presentación do libro Historia de Galicia de Anselmo López Carreira.
http://blog.xerais.es/2014/presentacion ... z-carreira

Presentación de "Historia de Galicia" en Ourense

Publicado: 14 Ene 2014, 16:13
por serba
O xoves, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas na livraría Torga, rúa da Paz, 16 de Ourense, terá lugar a presentación do libro Historia de Galicia de Anselmo López Carreira. No acto participarán Millán Picouto e Anselmo López Carreira.
http://blog.xerais.es/2014/presentacion ... z-carreira

Conferencia de Anselmo López Carreira en Noia

Publicado: 11 Feb 2014, 16:40
por serba
http://blog.xerais.es/wp-content/uploads/2014/02/Historia-de-galicia.jpg O venres, 14 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos en Noia, tera lugar a conferencia arredor do libro Historia de Galicia de Anselmo López Carreira.

http://blog.xerais.es/2014/conferencia- ... ia-en-noia

(Entrevista) Anselmo López Carreira: "Historia de Galicia"

Publicado: 03 Jun 2014, 10:23
por serba
César Lorenzo Gil
Anselmo López Carreira (Vigo, 1951) publica Historia de Galicia (Xerais), un manual que, en palabras do seu autor, actualiza o manual básico sobre o estudo do noso pasado con novas perspectivas e materiais máis abundantes. Nesta conversa debullamos algúns dos temas do libro.
http://biosbardia.wordpress.com/2014/06 ... -de-espana

"A intervención de Fernando I de Portugal en Galicia..."

Publicado: 10 Dic 2014, 11:35
por serba
Anselmo LÓPEZ CARREIRA:
A intervención de Fernando I de Portugal en Galicia: unha alteración momentánea da fronteira.

Revista da Faculdade de Letras: História, série II, vol. 15, nº. 1, 1998, pag. 177-185.
Faculdade de Letras Universidade do Porto.

http://ler.letras.up.pt/uploads/ficheiros/4002.pdf

Anselmo López Carreira: "O Miño. Un caudal de historia"

Publicado: 30 Ene 2015, 17:46
por serba
http://blog.xerais.es/wp-content/uploads/2015/01/XG00217401.jpg
O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, é unha novidade da colección LIBROX.

O Miño, atravesando toda Galicia en diagonal (ou toda a Gallaecia xuntándolle o Sil), constitúe un factor de primeira magnitude no cicelado da historia do país. O seu fluír vainos suxerindo momentos moi diversos que se nos presentan sen orde cronolóxica. Se o lector reordenase os capítulos conforme a secuencia temporal, comprobaría que o panorama abrangue desde os tempos máis recuados ata o presente. Todo o existir da nación.
http://blog.xerais.es/2015/novidade-o-m ... es-dun-rio

Entrevista a Anselmo López Carreira

Publicado: 12 Mar 2015, 20:03
por serba
Diario Cultural
"O Miño: un caudal de historia"
http://www.crtvg.es/rg/destacados/diari ... 15-1041073

"As orixes de Cangas. Cangas na Idade Media"

Publicado: 08 Feb 2017, 19:11
por serba
O bar Fonte do Galo, no Casco Vello de Cangas, inicia mañá un ciclo de conferencias e encontros literarios sobre historia, lingua e cultura galegas. Mañá, desde as 20.00 horas, o profesor Anselmo López Carreira falará sobre "As orixes de Cangas. Cangas na Idade Media".

http://www.farodevigo.es/portada-o-morr ... 19616.html

O panteón da Catedral de Santiago oculta o Reino da Galiza

Publicado: 31 May 2017, 16:12
por serba
Alba Suevos

O Museo da Catedral de Santiago de Compostela acubilla no seu interior o Panteón Real, que ofrece unha versión deturpada da historia ao negar a existencia do Reino da Galiza e ser suplantado pola denominación de León. “A ocultación do seu recoñecemento histórico foi política e contou co apoio instrumental da Igrexa”, explica o investigador Anselmo López Carreira, quen considera que agora “é unha cuestión política e social traballar para restituír a transcendencia histórica deste Panteón Real”.

Sepulcro de Afonso VIII, rei da Galiza, no Panteón Real
http://www.sermosgaliza.gal/media/sermosgaliza/images/2017/05/30/2017053009582957775.jpg

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/me ... 58032.html
- Entrevista a Anselmo López Carreira:

“Urxe facer unha historia na que Galiza sexa a protagonista”
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/me ... 57932.html

Anselmo López Carreira, premio Ignacio Cerviño

Publicado: 17 May 2018, 18:53
por serba
Catedrático de Historia no IES María Soliño e historiador vencellado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, é autor dunha ampla obra ensaística de investigación histórica centrada especialmente na época medieval en Galicia. No libro "Cangas na Idade Media" indaga no nacemento do municipio, que a penas conta con documentación. Hoxe recibe o premio Ignacio Cerviño á Recuperación do Patrimonio que outorga o Concello de Cangas.

Gonzalo Martínez - http://www.farodevigo.es/portada-o-morr ... 93217.html

"Arte e escritura na Galicia medieval (Séculos VI-X)"

Publicado: 05 Nov 2019, 19:40
por serba
Libro de Anselmo López Carreira.
https://www.aelg.gal/resources/centrodoc/members/works/covers//obra7778/t_1571041351953arte_e_escritura_na_galicia_medieval.jpg