Igrexas altomedievais en Galicia, proxecto EMCHAHE

Feitos do noso pasado común
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18827
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Igrexas altomedievais en Galicia, proxecto EMCHAHE

Mensaxe por serba » 01 Ago 2014, 16:33

Un equipo de arqueólogos e historiadores da USC está realizando un estudo pioneiro sobre as evidencias, arqueolóxicas e textuais, de igrexas da alta Idade Media en Galicia. Para desenvolver aspectos complementarios do traballo conta coa colaboración de especialistas do Instituto de Ciencias do Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (Incipit-CSIC) e do Grupo Interdisciplinar de Patrimonio Cultural e Xeolóxico da Universidade da Coruña (CulXeo UdC). Os investigadores agardan acadar un mellor coñecemento destas construcións, as sociedades que lle deron forma e as raíces da organización tradicional rural galega, ao tempo que poñer en valor o enorme patrimonio que constitúen estes templos, algúns en estado de abandono ou semiabandono.
O traballo desenvólvese no marco do proxecto EMCHAHE (Early Medieval Churches: History, Archaeology and Heritage) liderado polo grupo de investigación SINCRISIS que coordina o catedrático Marco García Quintela, co financiamento da Axencia Europea de Investigación que lle concedeu ao investigador deste grupo José Carlos Sánchez Pardo unha axuda europea Marie Curie Career Integration Grant. O traballo, a desenvolver entre 2013 e 2017, supón a configuración dun pequeno equipo multidisciplinar formado por Rebeca Blanco Rotea, arqueóloga contratada polo proxecto e especialista en arqueoloxía da arquitectura (USC), co doutor Jorge Sanjurjo Sánchez para a datación absoluta dalgunhas igrexas escollidas con técnicas xeológicas (Culxeo), así como coa colaboración do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) en temas de documentación xeométrica (Patricia Mañana Borrazás) e investigación arqueoastronómica (A. César González García).
José Carlos Sánchez-Pardo e Leticia López documentando pezas altomedievais e romanas reempregadas nos muros exteriores da Capela de San Antón da Siota (Xunqueira de Ambía) http://xornal.usc.es/export/sites/default/xornal/acontece/imaxes/2014_06/2014_07/DSC_1406.JPG http://xornal.usc.es/xornal/acontece/20 ... _0002.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18827
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Igrexas altomedievais en Galicia, proxecto EMCHAHE

Mensaxe por serba » 14 Mar 2016, 16:41

ENCONTROS MONOGRÁFICOS CO PATRIMONIO CULTURAL 3. ARQUEOLOXÍA DAS IGREXAS ALTOMEDIEVAIS EN GALICIA O PROXECTO EMCHAHE
http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/folleto_iglexas.jpg

Este encontro céntrase no proxecto europeo Early Medieval Churches: Archaeology, History and Heritage (EMCHAHE), que se desenvolve en Galicia, dentro da Universidade de Santiago de Compostela, e está dirixido por José Carlos Sánchez Pardo. Ten como obxectivo xerar novo coñecemento científico sobre a arqueoloxía e a historia das igrexas altomedievais e o seu valor para a xestión do patrimonio galego. A investigación parte da premisa de que moitas igrexas rurais galegas teñen a súa orixe na Alta Idade Media e de que no noso territorio aínda sobreviven algunhas pegadas dese primeiro grande auxe de construción deste tipo de edificacións, tanto a nivel arquitectónico como arqueolóxico, artístico, documental ou incluso toponímico; malia isto, apenas son coñecidas e valoradas. A nivel histórico, as igrexas enténdense neste proxecto, máis alá de meras construcións físicas, como os vehículos e as expresións das interaccións sociais establecidas a diferentes niveis, no crucial período de cambios que vai entre os séculos V e XI.

http://consellodacultura.gal/evento/200446
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18827
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Igrexas altomedievais en Galicia, proxecto EMCHAHE

Mensaxe por serba » 15 Dec 2016, 18:04

Neli Pillado | Nigrán

El emblemático arco de Panxón no es visigótico, sino prerrománico. Un estudio de la Universidad de Santiago revela que fue construido 300 años más tarde de lo que se creía tras practicársele la prueba del carbono 14. Su autor, el doctor en Historia Medieval y arqueólogo José Carlos Sánchez Pardo, confirma que los resultados del análisis sitúan la creación de uno de los principales monumentos arquitectónicos de Nigrán en la época altomedieval, entre los siglos IX y X. Su hipótesis lo rejuvenece tres centurias y desbanca todas las que hasta ahora lo enmarcaban en torno al V y el VII.

El historiador José Carlos Sánchez Pardo observa el arco visigótico en una de sus recientes visitas. http://fotos00.farodevigo.es/2016/12/15/328x206/prueba-carbono.jpg http://www.farodevigo.es/comarcas/2016/ ... 88559.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18827
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Igrexas altomedievais en Galicia, proxecto EMCHAHE

Mensaxe por serba » 29 Mai 2019, 16:47

Investigadores de la Universidad de Santiago de Compostela certificaron que la iglesia de Santo Tomé de Tórdea, en Castroverde, cuenta con muros que pertenecen a la época altomedieval...

Rubén de Rosende - https://www.elprogreso.es/articulo/coma ... 77008.html
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar