Troncoso e o Celtismo

Feitos do noso pasado común
Respostar
BreoganTS

Troncoso e o Celtismo

Mensaxe por BreoganTS » 18 Dec 2004, 13:18

Boas:
Querria saber se o apelido Troncoso ten que ver co celtismo, e se son descendente celta. Vin nunha web que Troncoso, ven dado por 3 troncos en forma de Trisquel.
Querria saber todo o que poida do meu apelido e informarme canto máis mellor, xa que me encanta todo o referente o celtismo.

Avatar de Usuario
gordito
Foreiro
Foreiro
Mensaxes: 57
Rexistrado: 17 Mai 2003, 09:00
Ubicación: Barbanza
Contactar:

etimoloxía céltica

Mensaxe por gordito » 31 Mar 2005, 00:26

Sobre Troncoso hai, se a memoria non me falla, algún que outro artigo hai por aquí.
Respecto ó celtismo dos apelidos gustaríame facer un comentario.
Galicia ten unha grande cantidade de topónimos de orixe Celta. A causa de ésto é a existencia dunha cultura prerromana que responde ós criterios de "cultura céltica", transformada pola colonización romana na base da futura cultura galega latinofalante. A pesares da transformación lingüística diciamos que perviviron un grande número de topónimos na lingua orixinal, ademáis de outros términos de uso diario (que como reliquias que son presumiblemente foron máis abundantes noutros tempos).
Como todos sabemos moitos apelidos son de orixe toponímica (non sei se éste en concreto o é), polo tanto ós que teñen un apelido orixinado nun topónimo de etimoloxía celtica teñen un apelido de etimoloxía céltica, isto tamén vale para os apelidos de orixe non toponímica (aínda que aqueles sexan os máis frecuentes con esta orixe) que deriban dun termo con aquela orixe etimolóxica. Pero ollo, (que xa oín cousas extrañas) solo falo de etimoloxía. Poño un exemplo:
Xan vive nunha gándara, logo é Xan da Gándara; o seu fillo tamén e Xan da Gándara, hasta que esta familia pasa a ser a familia Gándara (estou simplificando ó máximo). Gándara e un termo prerromano, pero o noso amigo Xan pode ser perfectamente o descendente dun pelengrín europeo, sen nada que ver cos pobos galaicos anteriores a dominación romana.

Respostar