Nobreza na provincia de Lugo

Feitos do noso pasado común
Respostar
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensaxes: 448
Rexistrado: 03 Dec 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

Nobreza na provincia de Lugo

Mensaxe por Per » 16 Dec 2002, 12:48

O estudo do estamento nobiliario reviste na provincia de lugo unhas caracteristicas particulares de seu distintas as do resto da Galicia. Esta nobreza, enraizada nas antergas provincias de Lugo e Mondoñedo é en primeiro lugar moito mais abondosa que no resto da Galicia (Ver Catastro do Marqués da Ensenada, Padróns de Calleita de 1702, 1732, 1762,1763.) chegando nos Concellos da montaña lucense a acadar unha alta porcentaxe. Unha das pautas diferenciais desta nobreza é o predominio da CASA por riba da propia fámilia ( Os escudos perteñecen as familias, pois un mismo linaxe pode ter distintos escudos en relacíón as fámilias que perteñezan) Así o escudo pode ter mobles da familia que a posuiu xunguidos con outros perteñecentes a unhos antergos moradores da propia CASA como tamen se pode dar o caso de estar fusionados con os perteñecentes os donos da Xurisdicción na que radica a propia casa os cales eran tratados como "Primos". Asimesmo se da un caso muy particular, Así cando un membro perteñecente a CASA principal, casaba con outro doutra casa, a RAZA fámiliar con suas casas respectivas, entroncaban asimesmo dentro da categoria correspondente con membros da outra RAZA e todo isto faciase para o mayor crecemento da CASA.

Este tipo nobiliario é mais ben semellante os "Parentes Maiores" do País Basco e de Cantabria e forma un patrimonio diferencial dos lucenses en relación co resto da Galicia.

Avatar de Usuario
gordito
Foreiro
Foreiro
Mensaxes: 57
Rexistrado: 17 Mai 2003, 09:00
Ubicación: Barbanza
Contactar:

pregunta

Mensaxe por gordito » 31 Mar 2005, 02:36

Si, xa sei que a mensaxe inicial leva moito tempo posta, pero imos ver, falas de características diferenciadas da nobreza luguesa, gustaríame saber si o "fuero" da nobreza galega variaba sustancialmente do resto da nobreza da Coroa Castelano-Leonesa, refírome a diferencias de dereito, pois das formais xa me citaches algunhas.
¿Existe algunha compilación legal o respecto, ou caso de existir diferencias son exclusivamente consuetudinarias?

Respostar