Liñaxes galegas da Idade Media-1

Feitos do noso pasado común
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Liñaxes galegas da Idade Media-1

Mensaje por veremudus »

- Documento nº. 423 da edición de Pilar Loscertales: Los Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes (Madrid, A.H.N, 1976).

* (Sin fecha)

- Karta de generacione comite Menendo.

- De comite Menendo natus est Rodericus Munit. De Roderico Muniz, Guter Roderiquit. De Guter Roderiquiz, Didaco Guter et Rodericus Guter. De Didaco Guter, Ardiu Diat et Azenda Diat. De Roderico Guter, Munio Roderici de Mirumferar. De Ardiu Diat, que fuit uxor comitis domni Froyle, nata est Urraca Froyle que fuit uxor comitis domni Petri. De comite domno Petro nati sunt comes domnus Fernandus et domnus Veremudus Petri, qui fundauerunt monasterium Superaddi et miserunt ibi ordinem Cistercii, et domnus Veremudus fuit ibi in ordinem frater et ibi uitam finiuit.



* TRADUZÓN Ó GALEGO

* (Documento sen data, pero moi probablemente de finais do s. XII ou comenzos do XIII)

- Carta da descendencia do conde Menendo (ou Mendo).

- Do conde don Mendo naceu Rodrigo Múñiz (debería dicir: Menéndez). De Rodrigo Múñiz, Guter Rodríguez. De Guter Rodríguez, Diego Guter e Rodrigo Guter (ou: Gutiérrez). De Diego Guter, Ardio Díaz e Acenda Díaz. De Rodrigo Guter, Munio Rodríguez de Muniferral. De Ardio Díaz, que foi muller do conde don Froila, naceu Urraca Froilaz que foi muller do conde don Pedro. Do conde don Pedro naceron o conde don Fernando e don Vermudo Pérez, que fundaron o mosteiro de Sobrado (n.do a.: realmente máis que fundar, refundaron) e metérono na orde do Cister, e don Vermudo foi alí irmán na orde e alí finou a súa vida.



- SECUENCIA XENEALÓXICA:



(1) Conde D. MENDO (s. X), quen ten por fillo a:

(2) RODRIGO MÚÑIZ (ou MENÉNDEZ) (s. X), quen ten por fillo a:

(3) GUTIER RODRÍGUEZ(ss. X-XI), quen ten por fillos a:

(4a) DIEGO GUTIÉRREZ (s. XI) -que sigue abaixo-.

(4b) RODRIGO GUTIÉRREZ (s. XI), quen ten por fillo a: MUNIO RODRÍGUEZ DE MUNIFERRAL (s. XI).

(4a) DIEGO GUTIERREZ (s. XI) ten por fillas a: (5a) ARDIO DÍAZ, que sigue abaixo. (5b) ACENDA DÍAZ.

(5a) ARDIO DÍAZ (s. XI) casa co conde FROILA ARIAS, e teñen por filla a:

(6) URRACA FROILAZ (s. XI), quen casa co conde PEDRO FROILAZ (ss. XI-XII), intitulándose a si mesmo como Conde de Traba, e teñen por fillos a:

7a) FERNÁNDO PÉREZ, conde de Trastámara (s. XII).

7b) VERMUDO PÉREZ (s. XII).
Responder