Moeda do século XII

Feitos do noso pasado común
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Moeda do século XII

Mensaje por serba »

O conselleiro de Cultura e Educación participa no acuñamento da moeda de Adro Vello, a primeira moeda de curso legal que representou a Traslatio Apostólica no século XII
Acuñada a mediados do século XII, a moeda supón a máis antiga representación da Traslatio do Apóstolo Santiago. Mide 13 mm. de diámetro e está feita dunha aliaxe de prata e cobre. Data do reinado de Fernando II (1157-1188), un dos grandes impulsores da construción da Catedral de Santiago. Resulta significativo a representación da escena da Traslatio utilizando unha embarcación do Atlántico norte, o coñecido como o hulk.

No seu reverso, identifícase un león e a lenda ‘Ferdinandus Rex’. No seu anverso, léese a inscrición ‘S Iacobi’ a ambos lados dun mastro no que se recoñecen tres figuras: dúas cabezas e troncos cara a popa, e na proa unha terceira cabeza deitada.

A moeda atopouna o profesor da Universidade de Santiago de Compostela José Ignacio Carro Otero nunha campaña arqueolóxica realizada en 1985 nas escavacións de Adro Vello na localidade pontevedresa de O Grove.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... o-primeira
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Moeda do século XII

Mensaje por serba »

Compostela afirmou o poder do Reino da Galiza coa cuñaxe de moeda propia

Alba Suevos - http://www.sermosgaliza.gal/articulo/me ... 62372.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder