“A idea motora foi a posta en valor de Ferrol Vello, axudar a unha toma de conciencia da importancia do primeiro núcleo de poboación da cidade para axudar a conservalo”. Así fala o historiador Guillermo Llorca acerca de “Homenaxe a Ferrol Vello” (Edicións Embora), un volume que coordina xunto co investigador Juan José Burgoa e que se presenta mañá ás 20.00 horas na sala de Exposicións da Autoridade Portuaria coa presenza do presidente da entidade, José Manuel Vilariño, e do novo alcalde Jorge Suárez.
Entre a nómina de autores que colaboran no traballo figuran o propio Burgoa e Llorca e amplíase a Fernando Dopico, Pilar Blanco, Rosa Méndez, Alberto Moreno-Bermúdez, Juan Antonio Rodríguez-Villasante, Justino Fernández Negral, Eliseo Fernández, Bernardo Máiz, Álvaro Porto Daspena, Alfredo Alcalá, Ana Martín e Jorge Manuel Deza, así como dous ilustradores, Juan José Rodríguez Soto e Julio Ferrín. http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 27284.html
Libro: “Homenaxe a Ferrol Vello”
Libro: “Homenaxe a Ferrol Vello”
Poblada soledad es hoy el mundo.
Libro: "Memoria histórica do barrio de Esteiro"
“Memoria histórica do barrio de Esteiro”, a posta en valor do patrimonio da zona
Baixo o convencemento de que a historia de Ferrol e o seu patrimonio cultural non se pode entender sen coñecer a memoria histórica dos seus barrios, os historiadores locais Juan José Burgoa e Guillermo Llorca iniciaban o pasado ano, coa elaboración do libro adicado a Ferrol Vello –o primeiro xurdido na cidade da Ilustración–, unha serie de traballos que pretenden contribuír a poñer ao día a historia dos diferentes núcleos poboacionais que configuran a urbe naval e ao mesmo tempo reinvidicar a súa importancia patrimonial.
Esteiro é o protagonista do segundo libro coordinado polos dous investigadores e publicado, como xa ocurriu co de Ferrol Vello, por Edicións Embora.
A obra, presentada recentemente, recolle as achegas de 17 investigadores locais para analizar cuestións que abranguen desde o edio arquitectónico, patrimonial, industrial, cultural ou social, entre outros. “Coidamos que era o momento de lembrar ao barrio de Esteiro, un dos xermolos de Ferrol da Ilutración, que, por mor do paso do tempo e das transformacións sufridas, está a piques de perder o seu patrimonio material e inmaterial. E non hai nada peor para un pobo que a perda dos seus sinais de identidade”, explica Burgoa.
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 50547.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Re: Libro: “Homenaxe a Ferrol Vello”
Ferrol Vello, uno de los siete conjuntos históricos de España más deteriorados
https://www.diariodeferrol.com/articulo ... 28934.html
https://www.diariodeferrol.com/articulo ... 28934.html
Poblada soledad es hoy el mundo.