Irlandeses en Galiza

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensajes: 22
Registrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Irlandeses en Galiza

Mensaje por Seanport »

Segundo meu bis-avô que eu nom conhecim assí como doutros parentes a nossa família Porto de Vila-García tem uns "avôs irlandeses que chegaram a Arousa fugindo das perseguiçons religiosas inglesas".

Nom sei em que se baseiam. Possivelmente na "tradiçom oral familiar" pois nom há rasto de apelido irlandês na linha dos Porto até quase 1750.

Por outra parte, sei que muitos irlandeses que chegaram a Galiza no sXVII depois dum tempo aquí "espanholizarom" os apelidos.

E por outra parte o meu bis-avô Francisco Porto Rey chefe de vias e obras em Renfe a ppios do sec passado foi galeguista com obra escrita (ver Enciclopedia Galega) e numerário da Real Academia Galega da época, teve de companheiors a Castelao -ainda um rapaz menor que ele-, e com o seu filho Ramom Porto participou nas xuventudes de defesa e no ámbito mais nacionalista do Partido Galeguista (pode-se ver nos seus escritos em A Nossa Terra). Seria o seu galeguismo influenciado polo activismo irlandês "do seu antepassado".???? Nom sei. É tudo mui dificil de provar.???

Se quadra tudo é incerto, mas que raro que haja esta ideia na família...

COMO POSSO INVESTIGAR ISTO. NOM SOU HISTORIADOR.
PODEDES-ME AJUDAR?

UMA APERTA A TOD@S
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Irlandeses na Galiza

Mensaje por Milleiro »

Non teño moita información sobre os irlandeses na Galiza. Penso que debiron de chegar en várias xeiras. Por exemplo, dos Colwel de Vigo hai datos desde finais do século XVI.

Do caso que eu coñezo un pouco é sobre John O´Dogherty Browne, emparentado cos meus devanceiros, nado en Bolyborron (Irlanda) o 06.12.1777, descendentes de ilustres e famosas famílias irlandesas. Aos 7 anos fica orfo.

Segundo conta o historiador Redondelán Xosé-António Orxe Quinteiro, John O´Dogherty veu-se obrigado, xunto cos seus irmáns a emigrar debido ás últimas revolucións do século XVIII, fuxindo das terribeis persecucións dos protestantes. Por toda Europa, espallaron-se os chamados WILD GEESE (os gloriosos patos salvaxes ou patos tolos), que eran irlandeses católicos que non querían someterse ás tiránicas e discriminatórias leis coas que se querian facer dasaparecer a sua fe (...).

Os O´Dogherty foron enviados a España no 1790 baixo a tutela do seu tio Henry (1745-1796), Vicário Xeral de Meath, cofiando o coidado dos seus sobriños á família amiga irlandesa do cabaleiro Eustace Barron, residente en Cádiz.

Tiveron que acreditar o seu abolengo para poder formar parte do Reximento de Ultonia e poder ingresar na Real Compañia de Gardasmariñas e no coléxio naval militar en 1791 e 1793. Para elo o seu tio envia desde Irlanda un prego sobre a sua xenealoxia, que foi expedida o 04.11.1790, certificada por Sir Chichester Fortescue, Rei de Armas do Ulster e lexitimada polo seu lugartenente de Irlanda, S.E. John, conde de Westmorland, o seu secretário principal, lord Viscount Hobard e asinada por 14 Arzobispos e Bispos, baixo o reinado de Xurxo III; figurando ao final unha testemuña do cónsul español en Dublin, acreditando as asinaturas.

Presumibelmente, a meirande parte dos irlandeses achegados a terras do Reino de España eran membros de importantes famílias nobres de Irlanda.

John O´Dogherty foi un dos heroe da batalla de Ponte Sampaio. Faleceu en Redondela.
Última edición por Milleiro el 25 Sep 2004, 14:25, editado 1 vez en total.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Irlandeses en Pontevedra

Mensaje por Milleiro »

No 1732 figuraba inscrito como soterrado na Igrexa da Orde (Pontevedra) Don Patrizio de Homonoy, que fora Capitán do Reximento de Irlanda.

Na cidade de Pontevedra houvo moitos militares de Irlanda, fuxidos do seu país polas loitas relixiosas. O historiador Modesto Rodríguez Figueiredo, no seu libro "Ayer de Pontevedra, Efemérides" páxina 184, cita algúns apelidos: O´Gayar, Vikelsen, Wausther, O´Dogerthi e outros (SIC). Tamén fai mención a un bispo falecido en Pontevedra e sepultado no covento de San Domingos chamado Frei Edmundo Adempsi.

Paul Brown: comerciante irlandés, viciño de Pontevedra en 1709. Páx.204

José Maria Macdonell y Gondé: bautizado na igrexa de Santa Maria A Maior o 27.11.1753. De ascendéncia irlandesa. Páx.247
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Irlandeses en Galiza

Mensaje por serba »

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 11117.html

Juan Burgoa
Timoteo O´Scanlan, padre e hijo
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder