Expedentes das Sagradas Ordes

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Expedentes das Sagradas Ordes

Mensaje por Milleiro »

Ola a todos/as,

Na 3ª mensaxe da páxina:

http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... sc&start=0

a nosa compañeira Carola "Trapa" comenta:
"Después de consultadas unas partidas de defunción decidimos buscar entre los expedientes de Sagradas Órdenes (creo que se llaman así) el expediente de su primera tonsura, estos documentos vienen acompañados normalmente por un informe genealógico."
Alguén me poderia concretar que é iso das "Sagradas Ordenes", teño un coengo na catedral de Tui e non din coa sua proba de limpeza de sangue e é posíbel que este dato me abra unha nova porta na miña procura.

Agradecido de antemán polas respostas

Xavier
Avatar de Usuario
irmandinos
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 117
Registrado: 13 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Moeche
Contactar:

Mensaje por irmandinos »

Hola Xavier:
Os expedientes de Sagradas Ordenes son unhos pequenos expedientes que se formaban a cada un dos relixiosos que as recibian.
No expediente incluise xeralmente a partida de bautismo e comparecencia de testigos que informan do candidato a recibir estas ordes.
En Mondoñedo por exemplo están no Arquivo Diocesano, pero non sei si en algún sitio estará no Arquivo do Obispado.
Avatar de Usuario
Trapa
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 122
Registrado: 14 Nov 2002, 09:00
Contactar:

Sagradas Ordenes

Mensaje por Trapa »

Los de Santiago se encuentran en el Archivo Diocesano y son cientos, tienes que afinar mucho con la fechas para encontrar lo que quieres. Además de la partida de bautismo y declaraciones de testigos en gran número de casos aparece un informe genealógico. Estos expedientes se solian realizar a los seminaristas antes de ser tonsurados.
Carola
Avatar de Usuario
Trapa
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 122
Registrado: 14 Nov 2002, 09:00
Contactar:

Sagradas Órdenes

Mensaje por Trapa »

En Santiago, en el Archivo de la Catedral (no en el Diocesano), también podemos encontrar mucha información familiar y genealógica de miembros del cuerpo eclesiástico, entre otras cosas hay gran número de expedientes de limpieza de sangre. Es posible que en Tui también se encuentre en el Archivo este tipo de documentos.
Carola
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Procura

Mensaje por Milleiro »

Ola Fernando e Carola,

Graciñas polas vosas respostas.

Ben, ando na procura de Xosé Milleiro Blanco e Santabaia coengo prebendado que foi da Catedral de Tui desde 1789 a 1803, ano do seu pasamento.

No Arquivo Universitário de Santiago remetiron-me o seu pequeno expedente dado que estudou no coléxio de Fonseca desde 1748 a 1752, máis non aparece nengunha proba de Limpeza de Sangue. No 1789 toma posesión da conanxia, en sustitución do Conde de Borragueiros, Don Xoán Manuel Salgado Enriquez. No Arquivo Capitular de Tui di que apresentou para iso as Probas de Xenealoxia e Limpeza de sangue en conformidade cos estatutos da Igrexa, máis non aparece no mazo existente ás probas de sangue que hai no Arquivo Deocesan de Tui.

Ademáis hai que engadir que Xosé Milleiro Blanco e Santabaia era avogado eclesiástico da Real Chancelaria de Vallodolid e aló non teñen nengún expedente sobre él.

Tamén hai outro crego, Manuel Milleiro e Perilla, que foi cura-abade da freguesia de Mosteirón (Sada) no cal me dixeron desde o Arquivo Diocesano de Compostela que se recibiu algunha "orden menor" o seu expedente de estudos estaria depositado no Fondo Xeral dentro da série das Sagradas Ordes.

A única saida que me queda é ollar esas "sagradas ordes", máis non sei se alguns deles recibeu algunha ORDEN MENOR. Perdoade a miña ignoráncia, máis non sei que é iso exactamente.

Unha aperta

Xavier
Responder