Libros

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Libros

Mensaje por lamigueiro »

Ando a procura de algún libro que fale explicitamente de linaxes da cidade de Ourense, e dos seus rexedores. ¿Alguén sabe dalgún tíduo para recomendar?. Graciñas
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- Ola, outra vez, LAMIGUEIRO:
- Como non sei exactamente o que buscas, se me ocorre que podes empezar polo libro: A vida e a fala dos devaceiros, do patriarca X. FERRO COUSELO; e logo seguir cos Tumbos da catedral de Ourense de E. DURO PEÑA. Ambos abondan en documentación da cidade de Ourense, principalmente con textos e persoeiros dos séculos finais da Idade Media.
- Un saúdo.
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Libros

Mensaje por lamigueiro »

Hola Veremundus, e gracias outra vez:

O primeiro xa o teño, o segundo tratarei de buscalo. O caso e que ando buscado o que tratamos na mensaxe.

Saudos
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
sisovich
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 75
Registrado: 12 Oct 2004, 09:00
Ubicación: ferrol
Contactar:

libro sobre ferrol

Mensaje por sisovich »

saudos
inda que inicialmente preguntabase por Ourense, como o titulo deste foro e libros, pois nada, simplemente dicir que o outro dia merquei un libro moi curioso chamado

documentation genealogico-nobiliaria del archivo de ferrol

escrito por carlos de aracil

E un traballo de recopiilacion de datos xenealoxicos extraidos dos aquivos de ferrol, e a verdad e que esta moi ben, ten moita informacion e moi facil de consultar.
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Ferrol

Mensaje por lamigueiro »

Hola Sisovich,

Si o coñezo e o teño, te será de utilidade. Si ademáis tratas de conseguir os volumens V, VI, e VII, dos libros de expedentes de Guardiamariñas de Ferrol, de Dálmiro de la Válgoma, terás unha ferramenta millor.
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Re: Ferrol

Mensaje por Milleiro »

lamigueiro escribió:Hola Sisovich,

Si o coñezo e o teño, te será de utilidade. Si ademáis tratas de conseguir os volumens V, VI, e VII, dos libros de expedentes de Guardiamariñas de Ferrol, de Dálmiro de la Válgoma, terás unha ferramenta millor.
Ola Lamigueiro,
Desde cando empeza ese libro de expedentes?...estou interesado tamén nun rexistro ou algo así que existia en Ferrol que recollia toda a mariñeiria do antigo Reino de Galiza.

Como podo atopar un arquivo onde recolla información sobre os homes que traballaron nos "reales baxeles" da Armada Española do século XVIII e XIX?

Un saudo

Xavier
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Ferrol

Mensaje por lamigueiro »

Hola Milleiro,

Tratarei de enterarme e xa falaremos. So os aspirantes a gardamariñas tiñan que entregar
un expedente de limpeza de saque nalguns casos veñen acompañados do chamado pasaporte heraldico. A mariñeria creo non tiña ese tipo de probanzas.
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mariña

Mensaje por lamigueiro »

Hola Milleiro os expedentes son do Instituto Histórico da Mariña
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Instituto Histórico da Mariña

Mensaje por Milleiro »

Ola Lamigueiro,

Concretamente que podo atopar nisos expedentes do Instituto Histórico da Mariña? nada máis que cousas relacionadas cos Garda-Mariñas?

Milleiro
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Gardamariñas

Mensaje por lamigueiro »

Verás Milleiro, o caso e que os expedintes os entregaban os aspirantes a entrar na Escola Naval da Graña, en Ferrol. Eu soio coñezo o caso dos gardamariñas, que normalmente eran nobles ou fidalgos, o que si che podo decir é que un 95% dos expedentes son de xentes foraneas a Galiza. Si podes atopar por exemplo apelidos, como Buceta, Pita da Veiga, Montoxo etc, de reigame galega pero son os menos. Supoño que si se gardan expedintes dos sub-oficiales ou da mariñería, co descoñezo, a meirande parte deles serán galegos. O expedintes dos libros de Dalmiro de la Válgoma, normalmente e unha relación ata os bisavós do aspirante, maila súa calidade e empadroamento.
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Gardamariñas

Mensaje por Milleiro »

Unhas últimas preguntas:
1. sabes si os libros de Dalmiro de la Válgoma son todos referidos aos Gardamariñas?
2. sabes se os papeis da Escola Naval da Graña están depositados no Arquivo Xeral da Mariña "Alvaro de Bazán" en Ciudad Real?.
3. Hai un museu naval en Ferrol: sabes se garda algun tipo de arquivo?

Perdoa por tantas preguntas, máis na miña procura familiar hai persoas que serviron nos "reales baxeles" da armada española e a algúns perdo-lles as pegadas. A única maneira de continuar as miñas pesquisas seria consultando algun arquivo, máis descoñezo si existen para a mariñeiria e para os sub-oficiais.
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Preguntas

Mensaje por lamigueiro »

Os libros de Dalmiro entre os volumenes V ó VII, se refiren as datas entre +- 1750 a 1830. Descoñezo siquiera si os volumenes anteriores comenzan con expedentes máis antigos. Do resto non teño información, mais un día dístes pasareime polo museo naval en Madrid e tratarei de informarme, máis sóame que no museo Alvaro Bazán é onde actualmente fican.
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mosquera

Mensaje por Milleiro »

Ando na procura dunha família de mariños Pontevedra que levaron o apelido MOSQUERA e se estabeleceron en Ferrol a finais do XVIII ou comezos do XIX. Alguen ten datos de persoas con este apelido nesa cidade?:

Así nun documento de 1785 que atopei no Arquivo de Pontevedra fala de:

Francisco Mosquera, do Corpo de Contramestres do Departamento de Ferrol en 1785. Tivo por fillos a:

- DON FERNANDO MOSQUERA, Piloto da Real Armada en 1785
- DON JUAN AMBROSIO MOSQUERA, Oficial de Mar no 1785
- DON JACOB MOSQUERA, achaba-se no Reino de Perú en 1785.

Os dous primeiros tiveron por fillos a:
- Dona Maria Juana Mosquera, viciña de Ferrol en 1844
- Dona Juana de Dios Mosquera, viciña de Ferrol en 1844
- Dona Maria Manuela Mosquera, viciña de Ferrol en 1844
- Dona Vicenta Mosquera, viciña de Ferrol en 1844
- Dona Bernarda Mosquera, viciña de Ferrol en 1844
- Don Santiago Mosquera, comerciante e viciño de Cádiz en 1844

Estou interesado nos devanceiros destas persoas.
Responder