Artigos de luxo

Noticias de historia familiar
Respostar
Avatar de Usuario
gordito
Foreiro
Foreiro
Mensaxes: 57
Rexistrado: 17 Mai 2003, 09:00
Ubicación: Barbanza
Contactar:

Artigos de luxo

Mensaxe por gordito » 28 Xul 2005, 17:53

Gustaríame introducir unha pequena matización os argumentos de Buxan, por outra parte ben acertados. Hai que ter en conta o que hoxe en día en un ben ó alcance de calquera peto non o era noutros tempos.
Así, o evaluar o prezo dun reloxio no ano 1808, hai que ter en conta que este tipo de efectos eran un luxo que non estaba ó alcance de todo o mundo. Sería máis apropiado comparar o prezo dun reloxio corrente da época o dun "Rolex" nos tempos presentes.
A comprobación é sinxela: se aplicamos a equivalencia deducida nun artigo a unha lista de outros artigos de diferentes categorías atoparemos que, aínda que nos pode servir para algúns deles, para outros a conclusión pode resultar desproporcionada.
Polo mesmo cantos máis prezos se estudien, e mellor se teña en conta o acceso social ós diferentes productos, mellor se poderá establecer a equivalencia.

Avatar de Usuario
gordito
Foreiro
Foreiro
Mensaxes: 57
Rexistrado: 17 Mai 2003, 09:00
Ubicación: Barbanza
Contactar:

descoido

Mensaxe por gordito » 28 Xul 2005, 17:55

Por descoido esta resposta non vai no tema anterior (Orden de la monedas antigüas), que é donde debería ir.

Avatar de Usuario
Buxan
Mozo
Mozo
Mensaxes: 44
Rexistrado: 26 Xul 2004, 09:00
Ubicación: Lalín

Artigos de luxo

Mensaxe por Buxan » 29 Xul 2005, 16:58

Estou totalmente de acordo contigo, xa que o estudio dos prezos nas épocas pasadas ten que incluir moitas variables para ser fiable. Como ben dis depende da posición social, do emprego que se lle vai dar ó producto e, porque non, da abundancia ou escaseza del (caso dos grans como o millo, centeo ou trigo dependendo da época do ano). Como noutros tantos aspectos dos estudios históricos, cantos máis datos se poidan recopilar máis fiable é a conclusión.
Como nota curiosa da que me esquecín ó poñer o reloxio na lista anterior, este era dos de péndulo "hecho en Londres" e non estaba en moi boas condicións, pois varias das súas pezas estaban soltas ou rotas (e aínda así deron máis cartos por el que polo armario roupeiro, que era novo e de madeira de castiñeiro).

Respostar