"Anuario da Gaita"

Noticias de historia familiar
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18051
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

"Anuario da Gaita"

Mensaxe por serba » 26 Set 2012, 09:53

O "Anuario da Gaita" recolle investigacións, historia e tradicións do instrumento musical máis emblemático de Galicia

Está editado pola Deputación de Ourense e coordinado por Xosé Lois Foxo.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o director da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo, presentaron hoxe unha nova edición do "Anuario da Gaita", publicación editada pola institución provincial e que constitúe unha referencia no eido da investigación e na difusión deste instrumento musical tradicional. O Anuario da Gaita chega este ano á súa edición número 26 e abrangue nos seus diferentes apartados temas relativos ás actividades divulgativas, investigacións e estudos sobre este instrumento, ademais de colaboracións de expertos e traballos de ámbito histórico e etnográfico.

Rosendo Fernández dixo que o Anuario da Gaita "recolle cada ano parte da tradición de Ourense e Galicia vencellada a un instrumento galego como é a gaita, traballo que non sería posible sen a dedicación e esforzo de Xosé Lois Foxo e o seu equipo". Rosendo Fernández engadiu que Ourense mantivo dende vellos tempos "unha importante tradición musical, levando a dianteira en moitos sensos en relación ao desenvolvemento da cultura galega, algo polo que é considerada a "Atenas de Galicia", e que se corrobora co traballo de difusión e investigación que dende a Deputación de Ourense e a Escola de Gaitas se fai por este instrumento".

Xosé Lois Foxo explicou que no eido da gaita, o achegamento a este instrumento de forma científica non ten parangón, "e boa mostra diso son o museo, único no mundo, co que conta a Escola de Gaitas; esta publicación, na que destaca a súa tarefa investigadora, e, no aspecto académico, a Escola de Gaitas, que conseguiu deixar atrás a tradición do gaiteiro como músico ágrafo para convertelo nun estudoso do instrumento".

O traballo de Foxo e da Deputación de Ourense no mantemento das nosas tradicións musicais ponse de manifesto, asemade, en actos como a Xuntanza Internacional de Gaiteiros e a propia Real Banda de Gaitas, que fan da provincia de Ourense un referente universal no eido musical e cultural. Esta publicación serve ademais este ano -que se cumpre o centenario do pasamento do Gaiteiro de Ventosela- de recoñecemento aos científicos e investigadores que, ano tras ano, escreben nestas páxinas e a todos os que seguen a manter vivas as nosas tradicións históricas, culturais e musicais.
http://dpouv2.depourense.es/index.php/a ... de-galicia
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18051
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

"Anuario da Gaita", 27ª edición

Mensaxe por serba » 14 Nov 2013, 15:01

(Publicado el 12-11-2013)
O "Anuario da Gaita", editado pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, chega este ano a súa 27ª edición. A publicación que foi presentada hoxe no Pazo Provincial é única nas súas características en Galicia e referente mundial, que achega investigación, tradición, cultura e etnografía nunha mesma obra, dedicada integramente ao instrumento senlleiro de Galicia, que conta tamén con estudos sobre a gaita, ademais de colaboracións de expertos e traballos de ámbito histórico.
http://dpouv2.depourense.es/index.php/a ... 27-edicion
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18051
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Anuario da Gaita, 28ª edición

Mensaxe por serba » 15 Xul 2014, 15:15

O Anuario da Gaita da Deputación de Ourense chega a súa 28 edición
Esta publicación, a única das súas características, distribúese en España, Europa, Estados Unidos e Xapón.
O Anuario da Gaita, editado pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, chega este ano a súa 28ª edición. A publicación que foi presentada hoxe no Pazo Provincial é única nas súas características en Galicia e referente mundial, que achega investigación, tradición, cultura e etnografía nunha mesma obra, dedicada integramente ao instrumento senlleiro de Galicia, que conta tamén con estudos sobre a gaita, ademais de colaboracións de expertos e traballos de ámbito histórico.
http://dpouv2.depourense.es/index.php/a ... 28-edicion
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18051
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

"Anuario da Gaita"

Mensaxe por serba » 19 Set 2017, 20:06

A Deputación de Ourense edita o 31º Anuario da Gaita, dedicado ao estudo e investigación da cornamusa

http://www.depourense.es/index.php/es/m ... -cornamusa
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18051
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

"Anuario da Gaita"

Mensaxe por serba » 21 Set 2018, 19:03

A Deputación de Ourense edita o 32º "Anuario da Gaita", o monográfico científico máis antigo no ámbito da cornamusa

http://www.depourense.es/index.php/actu ... -cornamusa
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar