Premios da Cultura Galega

Noticias de historia familiar
Respostar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18306
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Premios da Cultura Galega

Mensaxe por serba » 20 Nov 2012, 08:14

Premios da Cultura Galega 2012
Nesta edición resultaron distinguidos Salvador García Bodaño na categoría das Letras; Manuel Quintana Martelo na das Artes Plásticas; o grupo de teatro Airiños (Rianxo) na das Artes Escénicas; a Fundación Eduardo Pondal en Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural; a Asociación Internacional Estudos Galegos en Promoción Cultural de Galicia; Manuel Rodeiro en Música e Miguel Anxo Fernández na modalidade de Creación Audiovisual

O conselleiro de Cultura e Educación en funcións, Xesús Vázquez Abad, presidiu a sesión do xurado, conformado por representantes da Xunta de Galicia, do Consello da Cultura Galega, das tres universidades, da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Belas Artes, así como por catro profesionais de prestixio no ámbito cultural

Estes galardóns, convocados pola Xunta de Galicia, recoñecen o traballo de persoas e institucións nos distintos ámbitos da creación, conservación e difusión da cultura galega
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... a-creativa
Última edición por 1 o serba, editado 29 veces en total
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18306
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: Premios da Cultura Galega 2012

Mensaxe por serba » 22 Feb 2013, 07:56

Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18306
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Premios da Cultura Galega 2013

Mensaxe por serba » 29 Out 2013, 07:52

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2013 outorga oito galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural

Nesta edición resultaron distinguidos Luz Pozo Garza na categoría de Letras; a Fundación Granell en Artes Plásticas; a Asociación Abrente-Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia nas Artes Escénicas; o Castro de Viladonga en Patrimonio Cultural; o Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires en Proxección Exterior; Juan Durán en Música; Bambú Producciones na modalidade Audiovisual e a Asociación PuntoGal na categoría de Lingua, categoría que se incorporou este ano por vez primeira.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... a-creativa
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18306
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Premios da Cultura Galega 2013

Mensaxe por serba » 12 Dec 2013, 11:50

http://cultura.xunta.es/actualidade/nov ... 806&lg=gal
A Xunta entregará este xoves os Premios da Cultura Galega 2013, en recoñecemento a persoas e entidades en favor do desenvolvemento cultural da Comunidade, nun acto que se celebrará no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.
Así, o Premio da Cultura Galega das Letras entregarase á escritora Luz Pozo Garza; o de Artes Plásticas á Fundación Eugenio Granell e o de Artes Escénicas á Mostra de Teatro de Ribadavia.
Así mesmo, a modalidade de Patrimonio Cultural irá para o Museo do Castro de Viladonga; o premio á Promoción Exterior para o Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol; o de música para o compositor Juan Durán e na categoría Audiovisual recibirá o galardón Bambú Producións. A nova categoría, o Premio da Cultura Galega de Lingua será para a asociación PuntoGal.
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-g ... cia-842085
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18306
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Vídeos: Premios da Cultura Galega

Mensaxe por serba » 16 Dec 2013, 09:57

Entrega dos Premios da Cultura Galega 2013, publicado el 14/12/2013
Vídeos:
- http://www.crtvg.es/crtvg/canles-temati ... alega-2013

- http://www.crtvg.es/crtvg/canles-temati ... ior-e-arte
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18306
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

(Vídeo) Entrevista a Juan Durán, premio da cultura galega

Mensaxe por serba » 07 Feb 2014, 09:38

"Entrevista a Juan Durán, premio da cultura galega"
Juan Durán mereceu o galardón polo seu cometido como compositor e arranxista, ademais de ser o autor de máis dun centenar de obras de música de cámara, vocal, sinfónica e escénica, así como de traballos didácticos e arranxos e orquestración de música galega.
http://www.crtvg.es/crtvg/canles-temati ... ura-galega
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18306
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Premios da Cultura Galega 2014

Mensaxe por serba » 08 Dec 2014, 19:34

Os gañadores dos premios da Cultura Galega 2014 recibirán o galardón nun acto de recoñecemento colectivo na Cidade da Cultura
O escritor Xosé Neira Vilas, a Galería Trinta, o actor Cándido Pazó, o Festival Ortigueira, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, o profesor David Mackenzie, o Grupo Marcelo Macías e o Centro Pen Galicia recollerán os premios o mércores 10 de decembro, día no que se conmemora o centenario da recuperación das cantigas de amigo Martín Códax
O acto, presentado por Marga Pazos, emitirase pola canle 2 da Televisión de Galicia [...]
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... onecemento
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18306
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Premios da Cultura Galega 2015

Mensaxe por serba » 22 Dec 2015, 15:47

Este ano recoñecen a traxectoria da escritora Fina Casalderrey, do debuxante Miguelanxo Prado, da actriz María Bouzas, do cineasta Ignacio Vilar, do Real Coro Toxos e Froles, da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e da investigadora Kathleen Nora March

Este galardóns, convocados pola Xunta de Galicia, recoñecen o traballo de persoas e institucións nos distintos ámbitos da creación, a conservación do patrimonio e a difusión da nosa cultura

http://www.cultura.gal/gl/nova/19263
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18306
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Premios da Cultura Galega 2016

Mensaxe por serba » 19 Set 2016, 18:42

Santiago, 19 de setembro de 2016

María Xosé Queizán en Letras, Miguel Fernández-Cid en Artes Plásticas, Sarabela Teatro en Artes Escénicas, Maximino Zumalave en Música, a cooperativa Numax en Audiovisual, a Irmandade Xurídica Galega en Lingua, o Museo de Pontevedra en Patrimonio Cultural e Elena Zernova en Proxección Exterior son os galardoados nas diferentes modalidades dos Premios da Cultura Galega 2016, entre un total de 40 candidaturas presentadas na edición deste ano.

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/ ... alega-2016
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18306
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Premios da Cultura Galega 2017

Mensaxe por serba » 30 Set 2017, 10:57

Xa coñecemos os galardoados cos Premios da Cultura Galega 2017. Xohana Torres a título póstumo, Berta Cáccamo, Mabel Rivera, Uxía, Oliver Laxe e Cristina Pato están premiados en distintas modalidades. Hai outras dúas distincións que recaeron en colectivos, a Fundación Rosalía de Castro e o proxecto Apego. Son premios a traxectorias creativas de moitos anos, como apunta Uxía Senlle.

http://www.crtvg.es/informativos/xa-se- ... ura-galega
Poblada soledad es hoy el mundo.

Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensaxes: 18306
Rexistrado: 29 Set 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Premios da Cultura Galega 2018

Mensaxe por serba » 25 Set 2018, 12:28

...os distinguidos cos Premios da Cultura Galega 2018. Entre os oito galardoados so hai unha muller. É a creadora Luz Darriba recibe o premio na modalidade das Artes Plásticas. E o das Letras recae no escritor Xose María Álvarez Cáccamo. O Festival de Cans é o galardoado no apartado Audiovisual, e o das Artes Escénicas é para o Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo. Na categoría de Patrimonio o premio é para a entidade de Santiago O Sorriso de Daniel. O historiador e ata hai pouco presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, recibe o galardón de Proxección Exterior. En Lingua o premiado é o filólogo Antón Santamarina mentres que na categoría de Música, recae no grupo A Roda.

http://www.crtvg.es/informativos/lvaro- ... ura-galega

- https://academia.gal/inicio/-/asset_pub ... _count%3D4
Poblada soledad es hoy el mundo.

Respostar