A Torre ou Fortaleza de Vilardecás (Maceda, Ourense)

Todo sobor das armas dos persoeiros e as súas liñaxes
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

A Torre ou Fortaleza de Vilardecás (Maceda, Ourense)

Mensaje por serba »

Fernando GONZÁLEZ SUÁREZ: "A Torre ou Fortaleza de Vilardecás"
Porta da aira: revista de historia del arte orensano, ISSN 0214-4964, Nº. 12, 2008, págs. 221-228
<<A parroquia de Vilardecás atópase acubillada na parte da aba máis baixa da serra de San Mamede, na comarca de Maceda, unha das máis fermosas da provincia de Ourense, nas proximidades do Santuario de Nosa Señora dos Milagres. Neste lugar atópase unha casa, recentemente restaurada, que foi denominada torre ou fortaleza de Vilardecás, onde se sitúa a orixe dunha rama da familia Soutelo-Feixóo como así o proban os numerosos escudos de armas que detentan estes apelidos, tanto no pazo como na igrexa parroquial de San Xoán.
A familia
Un dos cotos fundados por Mendo Xiráldez Feixóo e a súa dona Inés Pérez Piques, no seu afán de expandir os solares do seu apelido Feixóo, foi a torre ou fortaleza de Vilardecás na parroquia do mesmo nome do concello de Maceda, alá polo século XIV. En certo modo, Vilardecás conservou o tronco máis coñecido, e nela naceron os continuadores da familia, que na Idade Moderna deron orixe a novos cotos e ramas ilustres.>>
http://dialnet.unirioja.es/servlet/arti ... go=2952019
- Escudo na Torre de Xocín da familia dos Soutelo.
- Pedra armeira de don Juan Antonio de Puga, señor de Xocín e Maus e patrono de este beneficio.
- Escudo nunha casa de Maus no concello de Vilar de Barrio.
- Portada da casa da Torre de Vilardecás, na actualidade, coa pedra armeira da familia.
- Escudo dos Feixóo situado no esquinal de dúas paredes da casa.
- Escudo de cabaleiro de Santiago no interior da casa de Vilardecás.
- Escudo no interior da casa de Vilardecás.
- Pedra armeira dos Soutelo na fachada principal da igrexa de San Xoán de Vilardecás.
- Pedra armeira dos Feixóo na igrexa de San Xoán de Vilardecás.
- Escudo coas armas heráldicas dos Valadares e os Soutomaior no interior da igrexa de San Xoán de Vilardecás.
- Armas heráldicas dos Feixóo no interior da igrexa de San Xoán de Vilardecás.
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder