Historia institucional
As orixes desta familia remóntanse ó século XIII, principiando con Fernán Martíz de Xunqueiras. A principios do século XV entroncan cos Sotomaior, tralo matrimonio de Martín Rodríguez de Xunqueiras con Inés Gómez de Sotomaior. Un dos fillos destes será Esteban de Xunqueiras, un dos personaxes máis sobranceiros da familia. Tamén neste século destacan os lazos de parentesco que se estableceron entre a f amilia Camarasa e a familia Bendaña, tralo enlace de Teresa López de Xunqueiras con Fernando de Romay, o Mozo, considerados os proxenitores dos Marqueses de Bendaña. Fernando de Romay actuou algunhas veces en nome do seu cuñado, Martín de Xunqueiras, aforando terras na freguesía de Asados, outras veces aparece nomeado como a poderado do seu sobriño Esteban de Xunqueiras, cando este se atopaba ausente. Reflexo deste parentesco atopámolo no Pazo da Torre do Monte en Padrón, no que nun dos seus escudos, en concreto o que se atopa na fachada oriental, aparece unh a referencia ós Xunqueiras ( mata de xuncos terrazada ). Continuando coa familia Camarasa, outro momento importante prodúcese co casamento de Teresa de Xunqueiras con Ares Pardo das Mariñas, señor das fortalezas e casas da Pobra de Parga e Cillobre e fundador dos morgados de Parga, Bergantiños, Xunqueiras. Con este matrimonio os Xunqueiras emparentan coas casas de Mariñas, Andrade, Ribadeneira, Sotomaior entre outras. Tempo despois, a finais do século XVI, trala morte sen descendencia de Diego das Mariñas, pasan tódolos bens da familia ó seu sobriño Pedro Bolaño. No ano 1679, o seu neto, José Bolaño obtén de Carlos II o título de Marqués da Pobra de Parga. Co enlace de María Josefa Bolaño, neta de José Bolaño, con Tomás de los Cobos, V I Marqués de Camarasa, entronca a familia cos Cobos, Marqueses de Camarasa, unha das familias máis importantes da época. Finalmente, no ano 1890 María Gayoso ve nderá a Eduardo Gasset o Pazo fortaleza de Xunqueiras, coas súas rendas, aínda que os v endedores conservaron o dereito de presentación de varias parroquias.
NOTA: Artigo recollido do Arquivo do Reino de Galiza. Os fondos desta Torre están depositados no devandito arquivo.
Torre Xunqueiras
4 de Marzo de 1318
Dominga Pérez do Esteiro e o seu fillo ,Fernando? Pérez, venden a Fernán Martíz de Xunqueiras , unha leira na agra de Cencortes por prezo de dez libras bra ncas do rei Don Fernando.
9 de Marzo de 1321
Pedro Feal, monxe de San Paio de Antealtares e ouvenzal da cociña do dito mosteiro, doa, en nome da ouvenza do mosteiro, a Fernán Martiz de Xunqueiras , os bens que o dito mosteiro ten na vila de Lesón, por tempo da vida do dito Fernán Martiz e prezo de 40 libras pequenas
21 de Novembro de 1321
Aldonza Afonso, muller de Fernán Fernández Domiancos, Roi Gómez de Borragueiros e Martín Fernández de Moredo, como titores gardadores de Fernán Eans, fillo de Fernán Fernández e Aldonza Afonso, outorgan poder como procurador a favor de Fernán Martínez de Xunqueiras , clérigo, para defender os bens e dereitos do devandito Fernán Eans en Postomarcos.
18 de Abril de 1328
Maior Oanes, filla de María Fernández de Geside e de Juan Betia, venden a Martín Rodríguez da ¿Greira? e a súa muller María Peláez, os bens que teñen en Agreitos, Agra Dagreitos e San Tomé ata o Porto de Randufe, por prezo de tres libras pequenas brancas.
26 de Xuño de 1342
Juán García, fillo de Gregorio García de Villar, escudeiro, e a súa muller, Aldara Pérez, venden a Fernán Martíz de Xunqueiras , coengo de Santiago o casal de Sarandíz, sito en San Vicente de Sespón, por prezo de 600 maravedís de moeda branca do rei Don Alfonso.
2 de Novembro de 1358
Sancha Oanes, muller de Pedro Díaz, dito o porqueiro, procurador do arcebispo de Santiago, arrenda a Martín Rodríguez de Xunqueiras , Xuíz de Postomarcos, os bens que a súa nai, María Rodríguez, tiña na vila de Somoza, en Santa María de Asados, durante nove anos, por prezo dunha fanega e media de pan cada ano.
10 de Decembro de 1360
O mosteiro de San Paio de Antealtares afora a Martín Rodríguez de Xunqueiras , pola vida deste e dos seus fillos, os bens que teñen na vila do Outeiro do Mañón, leira de Formariz, agro de Sobrecasares e metade do señorío do couto de Mañón por tres oitavos e medio de pan.
30 de Xullo de 1415
Escritura de permuta outorgada entre Fernando de Romay e Tere sa López, a súa muller, e Martín Rodríguez (irmán de Teresa), e Pedro Lourenzo e a súa muller, Aldonza Muñíz, da Chousa Nova, chamada da Costa, e da agra de Cob as. - 1444, maio, 2. Escritura de foro outorgada por Martín Rodríguez de Xunqueiras, a favor de Juan Ares do Casal, da freguesía de Santa María de Asados. - 1450, marzo, 25. Lugar de Outeiro (Santa María de Asados). Escritura de partic ión e inventario do lugar de Outeiro (propiedade de Martín Rodriguez de Xunqueir as), realizada a petición de Inés Gómez (a súa muller). - 1456, febreiro, 7. Declaracións de Alfonso Ordóñez, Juan Pérez de (Pena?) do O uteiro, a petición de Martín Rodríguez de Xunqueiras e Inés Gómez, sobre un prob lema de mollóns no salgueiro de Soo e no agro de (Sabicido?), sitos na freguesía de SantaMaría de Asados. - 1456, xullo, 27. Declaración de María Oanes, muller de Fernando de Ledo, sobre máis herdades na mesma fegresía.
31 de Marzo de 1457
Urraca Estévez, filla de Álvaro de Barcia e de Constanza Prego, afora a Juan Ramirás, morador na vila de Redondela , e a súa muller, Juana Pérez, o casal e lugar do Couto e a leira da Devesa de Sacande, por doce celemíns de pan de renda .
14 de Maio de 1475, Pobra do Carmiñal
Esteban de Xunqueiras e Alvaro Dangueira, xurado da vila de Padrón, e a súa muller Leonor Yánez, aforan a Gregorio Porçado e a sua muller María Porçado un terreo no Caramiñal, onde deberán facer unha casa en tres anos, por canon e pensión de oito maravedís de moeda vella.
28 de Agosto de 1475, Pobra do Caramiñal
Esteban de Xunqueiras e Alvaro Dangueira, xurado da vila de Padrón, aforan a Fernando Vello e a súa muller, María Daronça, veciños do lugar do Caramiñal, un terreo no lugar do Caramiñal no que deben facer unha casa, por pago de oito maravedís vellos.
26 de Xaneiro de 1483
Fernando de Romay, Álvaro Dangueira e o señor Esteban de Xunqueiras aforan a Francisco do Caramiñal e a súa muller, Marina da Costa, unha herdade no Caramiñal, debendo construír unha casa, por canon e pensión de dez maravedís vellos.
6 de Abril de 1488, Pobra do Caramiñal
Esteban de Xunqueiras , Fernando de Romay e Alvaro Dangueira aforan a Alberto Rubo? e a súa muller, Constanza Fernández, un terreo no Caramiñal, por censo de dezaoito maravedís de moeda vella
29 de Outubro de 1492, Pobra do Caramiñal
Álvaro Dangueira, morador no lugar do Caramiñal, a súa muller, Leonor Yánez, Esteban de Xunqueiras e Fernando Romay aforan a Rui Pracer, morador na freguesía de San Pedro de Muro e a súa muller, María Fernández, un terreo no Caramiñal , debendo facer unha casa, por canon e pensión de oito maravedís de moeda vella
3 de Xaneiro de 1493
Esteban de Xunqueiras , Fernando de Romay e Leonor Yánez de Romay aforan a Fernando Vázquez, veciño da Pobra do Deán, un terreo no lugar do Caramiñal, debendo facer unha casa, por canon e pensión de oito maravedís
Esteban de Xunqueiras e o seu irmán, Fernando de Romay e Leonor Yánez aforan a Antón Conde e Constanza Fiça?, a súa muller, moradores no lugar do Caramiñal , un terreo no Caramiñal, coa obriga de facer unha casa, por canon e pensión de oito maravedís vellos
30 de Xaneiro de 1500
Esteban de Xunqueiras no seu nome e no de Fernando de Romay e Leonor Yánez aforan a Gregorio de Nantes, veciño do lugar do Caramiñal, e a súa muller, María Dominguez, unha herdade no Caramiñal para facer unha casa en tres anos por renda de seis maravedís.
24 de Abril de 1500
Gonzalo Capelo, muíñeiro, vende a de Juan de Deus, escudeiro, e a súa muller, Elvira Prego, veciños do lugar do Caramiñal, o foro dos muíños das Pontellas coa súa horta, segundo tiña por escritura de foro de Esteban de Xunqueiras e os seus irmáns, por prezo de 1000 maravedís
OUTROS
1. Martín Rodríguez de Xunqueiras e Inés Gómez, a súa muller, piden o traslado de varias escrituras.
NOTA: Datos recollidos do Arquivo do Reino de Galiza