Marcote

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Marcote

Mensaje por Aine »

Marcote, orixe galega?

Despóis dunha conversa cunha persoa maior dun pobo entre Arzúa e Melide, entráronme dúbidas sobre a orixe do apelido "Marcote".

Falando da matanza do porco dixo:
-Este ano cebamos un "marcote", chéganos ben, se matamos un porco sóbranos a carne.

..¿¿¡¡!!?? Eu pregunteille que era eso do "marcote":
-Un cocho entre porco e rancho. Non é grande nin pequecho, non chega a porco peró xa deixou de ser un rancho.

A cores me quedei, nunca tal cousa me dixeran (e non son de tan lonxe). Buscando información sobre o apelido (que era o que a min me soaba), o que máis me chamou a atención é que os "Marcotes" son abondosos na provincia da Coruña (Fisterra, Cee e Camariñas), teñen moi pouca ou ningunha representación no interior de Galicia ou no resto das comunidades de España.


¿Qué sabedes sobre a orixe do apelido galego?

¿Algo ou nada que ver co "marcote=ceba" (rara coincidencia?)?
Avatar de Usuario
Cristina B
Administrador
Administrador
Mensajes: 1082
Registrado: 10 Ago 2005, 09:00

Mensaje por Cristina B »

En el diccionario de apellidos gallegos anexo al libro "Los abuelos gallegos en América" de Alberto Sarramone (Editorial Biblos Azul- 2002-Argentina) figura Marcote como una variante del apellido Marco. De éste último dice que es un apellido toponímico gallego originario de Santiago de Compostela.
Saludos
Cristina
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por Aine »

BucetaCristina

Marcote=marco pequeno
É o significado que coñecía (o máis coñecido, penso eu). Polo que dis, é posible que o apelido tivera varias ramas, hoxe en día na comarca de Santiago non é onde más Marcote hai. Mireino nesta web (na que hoxe non poido entrar, por certo):


Cartografía dos apelidos galegos
http://cesgaofi2.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp

Marcote está moi extendido na Costa da Morte e ó norte de Melide (creo que Aranga, pero non estou moi segura).


Un saúdo e gracias pola resposta :wink:
Responder