Mehin ou Nehin

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Respostar
Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mehin ou Nehin

Mensaxe por Seanport » 13 Abr 2007, 10:55

Apelido Mehin ou Nehin, galego ou irlandês??

Um tio-avô meu deu a conhecer em uma entrevista concedida a um diário em 1994 a existência de antepassados irlandeses que fugiram polas persecuçons dos ingleses, antepassados dos Porto de Vila-Garcia.

A realizaçom da árvore ganealógica dos Porto de Vila-Garcia levou-me até a paróquiia de S. tomé de Quireça em Cerdedo. Dalí vem este apelido Porto.

De irlandeses, nada por agora, mas no achádego do acta de nascimento do antepassado mais antigo, Miguel de Porto López acho que o padrino da criança chama-se D. Miguel Mehin ou Nehin. A transcriçom da primeira letra nom é clara. O papel está bastante deteriorado.

Nom é o ascendente directo mas podería ser um dado relevante.

Pode ser um apelido galego?? em Eire existe este apelido em distintas versons: Mehin, Meehan, etc...

Estarei na boa pista???

Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1306
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaxe por Milleiro » 13 Abr 2007, 11:46

Carlos Solla, no seu libro Cerdedo, non memciona ese apelido. De que data estarías a falar?

Sobre o apelido Porto, menciona aos seguintes:

André do Porto e Gómez, canteiro do século XVII, natural do lugar de Meilide.
Domingos do Porto, mestre de canteiría do século XVII, natural do lugar de Biduído.
Francisco do Porto Fraguas, canteiro do séc. XIX, natural de Cerdedo
Francisco do Porto e Roubin, mestre de canteiría, séc. XVIII, do lugar de Arén.
Pedro do Porto, canteiro, séc. XVII, de Cerdedo.
Leonardo Porto Roubín, canteiro, séc.XVIII, de Arén
Xoán Porto Gómez, séc. XVII, natural de Cerdedo.


Probabelmente, o apelido Porto de Cerdedo, proceda dalgún dos lugares chamados O Porto, nos concellos de Cotobade e Forcarei.

Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaxe por Seanport » 13 Abr 2007, 13:41

MIGUEL ANTONIO DE PORTO LOPEZ, nascido o 1 de abril de 1773, filho de ANDRES DE PORTO (já difunto em 1816) e de MANUELA LOPEZ BAAMONDE (vizinha de S. Tomé de Quireza, Cerdedo).

O padrinho: MIGUEL MEHIN OU NEHIN

É possível enviar foto do acta para que me podades ajudar a transcrever?

Como?

Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensaxes: 1306
Rexistrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaxe por Milleiro » 13 Abr 2007, 14:46

O meu e-mail é: cxmilleiro arroba hispavista ponto com

No catastro de Ensenada realizado na freguesía de San Xoán de Cerdedo atopamos aos seguintes PORTO:

Xosé Doporto, sogro de Alberte Gamallo
Bieito Doporto, fillos: Francisco e Luis
Pedro Doporto, xenro de Domingos de Castro
Domingos Doporto, fillos: Xoán e Cristobo
Domingos Doporto, fillos: Domingos Antón e Miguel
Domingos Doporto
Francisco Doporto, fillo de Dominga Sieiro
Caetano Doporto, xenro de Fernando Sieiro
Francisco Doporto, fillos: Francisco, Bartolomeu e Gabriel
Francisco Doporto, fillo: Manuel
Xosefa Doporto
Xoán Doporto
Xoán Doporto, fillos: Fausto e Francisca
Manuel Doporto, fillo: Xoán, neta: Clara
Manuela Doporto e a súa irmá María
Francisco Doporto, fillo de María Roubin
Marcela Doporto

Da freguesía de Quireza, descendo dos García e Piñeiro da 1ª metade do século XVIII, concretamente de Caetano García e Isabel Piñeiro. Descoñezo os nomes dos pais.

Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaxe por Seanport » 13 Abr 2007, 16:58

Obrigado polas respostas.
ROUBIN/RUBIN/ROBIN-M: segundo diz no artigo deste apelido é de origem desconhecida na Galiza. Poderia ser irlandês?

Em google se acha este apelido por aí enriba...
Intentarei enviarte as fotos digitais do acta de nascimento.
Existem investigadores que a cámbio de um dinheiro ajudem a estudar estas cousinhas dos ancestros?? Onde atopa-los?

Nom disponho de muito tempo.
Sigo pesquisando.

Algo mais: é raro que um irlandês ou irlandesa acaba-se em Terra de Montes. Eu tenho ancestros tambêm em Muros-Noia e se quadra o meu bis-avô ao falares dos Porto nom se referia de jeito preciso a rama deste apelido. Se te vas para atrás no tempo acho dúcias de ancestros, de apelidos, de paróquias galegas e de polas genealógicas...

Terei que buscar tambêm em Muros. Tenho lido que alí sim que está documentada a chegada de irlandeses.
Sabes algo disto?
Onde podo investigar?
Última edición por 1 o Seanport, editado 28 veces en total

Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaxe por Seanport » 13 Abr 2007, 17:07

http://www.irishsurnames.com/surnames-qr.htm

Em Irlanda existe Robin como podes ver. O que mais se asemelha.

A pronúncia de Robin em inglês seria algo assi como "roubin", nom é??

Pode ser uma adaptaçom de Robin???

Alguns autores sinalam a adaptaçom fonética e mesmo a traduçom nalguns casos dos apelidos irlandeses como aponta por exemplo Ofélia Castelao nos seus trabalhos ao respeito.

Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaxe por Seanport » 16 Abr 2007, 09:29

Em rootsweb.com ou ancestry.com acho este apelido em muitos irlandeses emigrantes aos EEUU, Escócia, Inglaterra, Austrália e Nova Zelándia e a outros lugares de Europa.

Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaxe por Seanport » 16 Abr 2007, 13:18

Outra cousinha: existe alguma relaçom de nomes do catastro da ensenada ou de outro censo a respeito da paróquia de Sto. Thomé de Quireza ou Quireça???

---

Em Junho marcho a Eire e gostaria de levar algum dado mais se é que se pode achar algo...

Uma aperta

Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaxe por Seanport » 28 Out 2010, 09:38

Retomo investigaçom e gostaria de saber se alguêm sabe algo do exposto acima.

Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaxe por Seanport » 28 Out 2010, 09:45

Envio a foto do acta de nascimento onde aparece, na segunda fila os nomes dos padrinhos. Agradeceria de novo a vossa leitura e transcriçom embora o estado do pergámeo nom é muito bom.

Imaxe

Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Mensaxe por Seanport » 28 Out 2010, 10:06

Quiçais este apelido"Mehin" é galego de origem toponìmico pois existe umha entidade de povoaçom em Ourense chamada "Mein". O "h" poderia ser umha forma de trascriçom ao uso no séc. XVIII. Por agora seria o mais verosimil.

Quero apontar que se "fantaseo" com o de apelido de origem irlandés é por que existe um rumor na família desde há tempo de que "os Porto" descém de uns "bisavôs" irlandeses que chegaram à Arousa fugindo das perseguiçons religiosas inglesas. Mas isto para começar, ainda que fosse remotamente verdade, é totalmente inexacto: bisavôs nom há nenhum irlandés e os bisavôs Porto, nom procedem de Arousa senom de Terra de Montes (Cerdedo): os "de Porto" ou "do Porto". Rematam afinal em Vila-Garcia mas nom é a sua origem.

Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensaxes: 1208
Rexistrado: 15 Set 2006, 09:00

Mensaxe por Pousada » 28 Out 2010, 11:43

Transcripción literal:
Pusele nombre Miguel Antonio; Fueron sus Padrinos Dn Miguel Mehin, y theressa Ruzo su mugr, todos vezos de esta dha Frª Advertiles el Parentezco espiritual qe han contrahido y las mas obligaznes qe manda el Ritual Romano y pª qe conste lo firmo con dho cura, al día, Mes, y año Ut supra = Pedro Ruzo fernandez = Pedro Piñeyro y escudero
Adaptación al castellano contemporáneo:
Le puse el nombre Miguel Antonio. Fueron sus padrinos Don Miguel Mehín y Teresa Ruzo, su muger, todos vecinos de esta dicha feligresía. Les advertí el parentesco espiritual que han contraído y las demás obligaciones que manda el Ritual Romano. Y para que conste lo firmo con dicho cura, al día, mes y año ut supra. Pedro Ruzo Fernández. Pedro Piñeiro y Escudero.

Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensaxes: 1208
Rexistrado: 15 Set 2006, 09:00

Mensaxe por Pousada » 28 Out 2010, 11:57

Engadir sobre a ambivalencia entre os apelidos Mein e Mehin que no Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela se conserva o expedente persoal do alumno Ramón Mein, estudante de Leis entre 1819 e 1825 (Exp. Personales, Leg. 843). Neste expedente, o apelido do tal Ramón aparece alternativamente grafiado dos seguintes xeitos: Mein e Mehin.
Un dos galegos máis destacados en portar este apelido foi Don Augusto González Besada y Mein, Ministro de Facenda, Gobernación e Fomento durante o reinado de Afonso XIII. A súa xenealoxía está exposta nesta web: viewtopic.php?t=2650&highlight=besada

Avatar de Usuario
Seanport
Mozo
Mozo
Mensaxes: 22
Rexistrado: 20 Ago 2003, 09:00
Ubicación: Galiza

Re: Mehin ou Nehin

Mensaxe por Seanport » 30 Xan 2019, 14:20

Nove anos depois retomo o fio!
A única novidade sobre uma possível pista de um apelido ou ancestro irlandés na familia deu-ma um pariente que achou um manuscrito na casa do seu pai, onde figuravam os nomes de um matrimónio. Ainda que não cheguei olhar este manuscrito, o meu pariente, diz-me que pom: "Benedicto Porto y Josephine Buckley". Ademais ele argumenta que pom que eran vizinhos do Porto (Portugal), que, ainda que poderia ser, eu duvido desse extremo. Quiçais o apelido Porto vai precedido por uma preposição "De Porto" ou "Do Porto" e ele interpretou assim.

Estive a pesquisar em intenet e Geneanet e não acho nenhuma "Josephine Buckley" por Galiza.
Se alguêm tem alguma referência agradeço.

Apertas.

Respostar