Hola quixera actualizar os datos de esta familia, pero non sei quen se encarga deste tema agora en Xenealoxía. org, así que aquí os deixo ata que poidan ser sustituidos polos que agora aparecen na indice de liñaxes baixo este apelido. Gracias.
Familia Lamigueiro de Cerdido. Ramo de San Xoán dos Casás, e San Vicenzo de Vilaboa.
Orixe do apelido: O nome da familia Lamigueiro, ten por orixe unha herdade chamada “a fraga dos Lamigueiros”: (bosque dos chopos en castelán); que aínda no século XVII, aparece documentada en varias cartas de venda de veciños do couto de Malados, en San Martiño de Cerdido. A antiga herdade coincide practicamente cos actuais lugares de: Lamigueiro Vello, Lamigueiro Novo, Moutillón e Soosloureiros; xa todos estes lugares se foron desgaxando da herdade antiga, a partir dos descendentes de Manuel de Lamigueiro no século XVIII, permanecendo ata aquel momento pro-indiviso. No ano 1626, os descendentes de Gómez de Lamigueiro (+1585/1599), preitearán contra o seu veciño Pedro de Ramil, a causa dos foros dos lugares de Santalla, Piñeiro e Abelleira, os cales pertencían a Orde de San Xoán de Xerusalén, Bailía de Portomarín; pero que levaban os membros da familia Lamigueiro dende tempo inmemorial; xa que segundo consta no preito, os lugares citados pertencían e estaban incluídos dentro da chamada: “herdade e montes do Lamigueiro”. No século XVI, debeu de ser edificado o lugar de Lamigueiro, ainda en pé e dentro da mesma familia, que atópase dentro do lugar chamado “Lamigueiro Vello”.
Distribución espazo/temporal: Do tronco principal da familia saída do lugar do Lamigueiro, en San Martiño de Cerdido, dende ó século XVII, constátanse as primeiras ramificacións, sendo as máis significativas, as establecidas nas fregresías veciñas de San Xoán dos Casás, Santa María de Labacengos, O Ermo de Ortigueira, e Santa María de Régoa en Cedeira. A partir de estas ramificacións, o apelido chegará a outros concellos das comarcas veciñas no século XVIII, como A Capela, As Somozas, e Ferrol. No século XIX, e XX, dentro das correntes migratorias sufridas polo pobo galego, individuos co apelido Lamigueiro, chegarán a lugares tan alonxados da terra como: Venezuela, Cuba, Paraguai, Arxentina, Brasil, e América do Norde.
Armas: Segundo don Vicente de Cadenas y Vicent, as armas do apelido Lamigueiro son: En campo azur, cinco menguantes de prata, colocados en soutier, surmontados todos eles de unha estrela de ouro. Bordura de gules con oito aspas de ouro. (Repertorio de Blasones de la Comunidad Hispanica, 1966, páx. 961). No lugar do Escalo na fregresía de San Xiao do Ermo, concello de Santa Marta de Ortigueira, estan as armas colocadas por mandado de don Santiago Francisco de Lamigueiro Piñón y Valdés, Comisario da Santa Inquisición do Reino de Galicia; compostas polos símbolos tradicionais desta institución: Unha cruz latina, gardada dunha palma e unha espada.
Xenealoxía:
I Xeración. Ramo troncal de Cerdido:
1.- Alonso dos Lamigueiros. Veciño de Malados no século XVI. No ano 1541 era levador da mitade do lugar de Luaces en Cerdido, xunto o seu consogro Gonzalo do Piñón, que levaba a outra mitade; por foro da Orde de San Xoán de Xerusalén.
II Xeración:
2.- Gómez dos Lamigueiros: Veciño do Lugar do Lamigueiro, no antigo couto de Malados, en San Martiño de Cerdido; lugar que seguramente este edificou no século XVI. Estivo casado con María Núñez, filla de Gonzalo do Piñón, veciño do Lugar do Piñón, contiguo ó Lugar de Lamigueiro en San Martiño de Cerdido; e de Caterina Pérez, natural de San Romao de Montoxo en Cedeira, e presenteiros os beneficios curados de San Romao e San Xiao de Montoxo pola voz dos Cao de Cordido. Gómez dos Lamigueiros, foi ademáis levador dos foros dos lugares de Luaces, Piñeiro, Pereiro, Abelleira, e Santalla, propiedade como queda dita da Orde de San Xoán.
Ambos tiveron por fillos a:
3.- Alonso dos Lamigueiros. Quen segue a liña.
4.- Juan do Lamigueiro. Testemuño de Juan do Piñón no ano 1574 contra a xustiza do couto de Malados. No ano 1579 aparece documentado no protocolo do escribán Pedro Ponce de León, nunha compra de viño ó fidalgo don Juan Díaz de Piñeiro, pola que paga 14 ducados. Estivo casado con Catalina de Lamigueiro e foron veciños do couto de Malados.
5.- María de Piñón, muller de Gabriel de Guntille. Presenteiro de Santa María de Labacengos, de onde era veciño . C.S.
6.- Caterina de Lamigueiro, muller de Juan do Pazo do Porcal. Presenteiro de Santa María de Labacengos, de onde era veciño .C.S.
III Xeración:
3.- Alonso dos Lamigueiros. Veciño do Lugar do Lamigueiro a cabalo dos séculos XVI e XVII. É testemuña nun preito dos seu veciño Alonso Teixeiro de Malados, no ano 1600, confesa ser de 35 anos de idade: (*1565). Como curiosidade, no seu testemuño recorda de cativo viren o señor do coto de Malados: don Gómez Pérez das Mariñas, antes de partir cara ás Filipinas onde atoparía a morte. No ano 1585 aparece xunto o seu pai, e irmán no apeo de Régoa, como levadores dos lugares antes citados. Estivo casado con Mariña do Piñón, a súa deuda, filla do seu tío materno, Alonso do Piñón (*1525, +1573).
Ambos tiveron por fillos a:
7.- Juan do Lamigueiro. Quen segue a liña.
8.- Alonso do Lamigueiro. Citado no ano 1626 como irmán de Juan de Lamigueiro, e fillo de Alonso dos Lamigueiros.
9.- Pedro do Lamigueiro. Desposado o 3 de maio de 1634, no Ermo, Ortigueira con María Fernández da Pía, filla de San Juan Pita do Deveso, e María Fernández da Pía, veciños do Lugar do Escalo, en San Xiao do Ermo, que a súa muller aportara en dote. Como queda dito o lugar foi herdado polo seu bisneto, o Comisario da Santa Inquisición, don Santiago Francisco de Lamigueiro Piñón e Valdés. Tamén son descendentes diste ramo os cregos de Montoxo, os seus netos, don Juan Antonio, e don Andrés Lamigueiro y Valdés, fillos de Pedro de Lamigueiro (II), e de Ignacia de la Peña y Valdés. Estos pretucios deixaron abundante descendencia en San Xiao do Ermo, Os Casás de Cerdido, e Montoxo.
10.- María de Lamigueiro, muller de Fernán Paz (*1586), veciño do Lugar do Serrón en Cerdido. C.S.
11.- María do Piñón, muller de Juan da Pía.
IV Xeración:
7.- Juan do Lamigueiro. Veciño do Lugar do Lamigueiro no século XVII. aparece citado na documentación como: Joan do Lamigueiro el Viejo. No apeo de Régoa do ano 1634, confesa ser de 34 anos de idade: (*1600). Segundo dito apeo era “forero absentista” e levador dos foros dos lugares de: Hospital (Montoxo), Condomiñas (Cedeira), Agro do Barro, Tarreo dos Frades, Leiro do Curro, ou do Souto en Cervo, Golmar, Cortiña da Orde, Luaces e Pereiro. Ademais tiña dereito a recibir os froitos da fraga da Mouta, en Santiago de Mera, por dereito inmemorial, segundo se fai constar nun preito presentado polos seus descendentes ante a Real Audiencia de Galicia. Estivo casado con Isabel Díaz de Galdo, filla de Juan de Castrillón, e Sabela Díaz de Galdo, veciños de San Xiao de Montoxo. Sabela Díaz era descendente directa do cabaleiro don Gonzalo Díaz de Santamarta, polo seu pai Juan Díaz de Galdo; descendente asemade (seu neto), de Fernando de Galdo de Sazido, e dona María Teresa Pardo. Juan de Castrillón era fillo de Alonso de Castrillón e Mariña dos Casás, veciños de Cerdido e Montoxo, e irmán de don Pedro García de Castrillón, crego de San Martiño de Cerdido no século XVII.
Ambos tiveron por fillos a:
12.- Manuel de Lamigueiro.Quen segue a liña.
13.- Antonio de Lamigueiro, marido de Luisa Pérez, presenteira os beneficios curados de Santa María de Labacengos pola voz dos Senra. C.S.
V Xeración:
12.- Manuel de Lamigueiro. Veciño do lugar do Lamigueiro morreu no ano 1718. Edificou o lugar de Soosloureiros onde moraba, e tamén consta selo dono do Lugar de Montillón, todo elo como xa dixemos dentro da herdade do Lamigueiro. No ano 1714 preitea contra Andrés Rodríguez de Labrada, e co seu deudo o crego Andrés de Lamigueiro y Valdés, polo dereitos dentra da Fraga da Mouta en Santiago de Mera, preito que tra-la súa morte seguirán os seus descendentes. Desposuo con Isabel de Arrojo y Valcárcel, natural de Santa María de Labacengos de filiación descoñecida. Un dato sobor do seu orixe, témolo no seu deudo don Antonio de Arrojo y Valcárcel, crego beneficiado de Santa María de Labacengos no século XVII, e familiar cercano de dona Mariana de Arrojo y Valcárcel, señora consorte de San Sadurniño, e Cerdido. Isabel de Arrojo y Valcárcel, unha vez viuva no ano 1718 do seu marido Manuel de Lamigueiro, será veciña do lugar de Montillón.
Ambos tiveron por fillos a:
14.- Antonio de Lamigueiro Arrojo y Valcárcel, (*8, abril, 1669, Cerdido). Morreu sendo cativo sen sucesión.
15.- Ana María de Valcárcel. Muller de Luis da Riva da Ulfe, veciño de Cerdido. C.S.
16.- Josepha de Valcárcel. Muller de Juan de Piñón veciño de Cerdido. C.S.
17.- Antonio de Lamigueiro Arrojo y Valcárcel, (*6, abril, 1678, Cerdido). Quen segue a liña.
18.- Juan de Lamigueiro Arrojo y Valcárcel, (*1680, Cerdido). Alcalde de Malados. Marido de María Gallego Teixeiro. S.S.
19.- Mariana Pérez de Válcarcel, (*10, maio, 1681, Cerdido). Muller Jacobe do Muiño.
20.- Juana de Valcárcel, (*28, xullo, 1683, Cerdido).
21.- Isabel Pérez de Valcárcel, (*25, agosto, 1684, Cerdido). Muller Luis García Teixeiro, veciño de Cerdido.
22.- Marcos de Lamigueiro Arrojo y Valcárcel, (*27, abril, 1687, Cerdido). Marido de Ana María Rodríguez, filla de Andrés de Aneiros de Malados, e a súa segunda muller Francisca Rodríguez.
23.- Joseph de Lamigueiro Arrojo y Valcárcel, (*14, novembro, 1689, Cerdido). Marido de Josepha de Lago y Basadre. C.S.
VI Xeración:
17.- Antonio de Lamigueiro Arrojo y Valcárcel, (*6, abril, 1678, Cerdido). Foron os seus padriños don Vicente Martínez, Cura de San Román de Montoxo, e Catalina Teixeira. Morador no lugar de Lamigueiro, en Cerdido. Casou o 23 de xullo do ano 1696, en Cerdido, con Ventura Teixeiro de Piñón, (*14, decembro, 1677, Cerdido), filla de Luis de Piñón, veciño do Lugar das Castiñeiras en Cerdido, (fillo do xuiz do couto de Malados, Juan de Piñón da Castiñeira); e de Catalina Teixeira (madriña do seu xenro); filla a súa vez do fidalgo Luis Teixeiro de Malados, Alcalde de Malados, e Ana Galega (irmá de Luis de Ameneiros, veciño da Casa-Torre do Vilar en Moeche). Antonio de Lamigueiro falecería o 31 de decembro de 1743, no seu lugar en Cerdido deixando por fillos a:
24.- Dominga Teixeiro de Lamigueiro, (*18, maio, 1699, Cerdido). Muller do fidalgo don Juan Andrés de Lousada y Díaz-Tenreiro (*1690, San Xoán de Insua).
25.- Ana María Teixeiro de Lamigueiro, (*12, febreiro, 1701, Cerdido).
26.- Juan Antonio de Lamigueiro y Teixeiro, (*15, maio, 1704, Cerdido). Casou con dispensa de cuarto grao de consangueneidade coa súa deuda, María Ignacia Josepha de la Torre y García.
27.- Mariana Teixeiro de Lamigueiro, (*14, decembro, 1706, Cerdido).
28.- Andrés Diego de Lamigueiro y Teixeiro, (*13, abril, 1710, Cerdido).
29.- Luis Antonio de Lamigueiro y Teixeiro, (*17, xullo, 1712, Cerdido). Marido de María Lorenza Díaz. Sendo pais de Basilio de Lamigueiro y Díaz, marido de Madalena de Quiza, e proxenitores do ramo dos Lamigueiro de Régoa, e Cedeira.
30.- Manuel de Lamigueiro y Teixeiro, (*17, decembro, 1715, Cerdido). Que segue a liña.
VII Xeración:
30.- Manuel de Lamigueiro y Teixeiro, (*17, decembro, 1715, Cerdido). Foron os seus padriños Luis Teixeiro e Andrea de Castrillón, de San Pedro de Feás. Foi segundo a súa partida de defunción, veciño do Lugar de Lamigueiro. Casou con Dominga Antonia Rodríguez, (*13, xuño, 1719, Cerdido), filla de Domingo de Aneiros, veciño de Cerdido, e da súa muller María Rodríguez. Domingo de Aneiros era fillo a súa vez de Andrés de Aneiros de Malados, e da súa primeira dona María da Torre.
Ambos tiveron por fillos a:
31.- María Andrea Rodríguez de Lamigueiro, (*9, maio, 1753, Cerdido), xemelga.
32.- Ángela María Rodríguez de Lamigueiro, (*9, maio, 1753, Cerdido), xemelga.
33.- Juan Domingo de Lamigueiro y Rodríguez, (*9, marzal, 1755, Cerdido). Marido de Theresa Catalina Díaz, filla de Marcos de Mouriz e María Díaz. Non se sabe si tiveron sucesión.
34.- Pedro Antonio de Lamigueiro y Rodríguez, (*10, outubro, 1758, Cerdido). Quen segue a liña.
35.- Luis Manuel de Lamigueiro y Rodríguez, (*18, xaneiro, 1760, Cerdido). Marido de Francisca Ramos, filla de Luis de Gradaille, e Rosa Ramos.
36.- María Josepha Rodríguez de Lamigueiro, (*29, xullo, 1764, Cerdido).
VIII Xeración. Ramo de San Xoán dos Casás:
34.- Pedro Antonio de Lamigueiro y Rodríguez, (*10, outubro, 1758, Cerdido). Foron os seus padriños Pedro de Vilarelle e a súa dona Ana Rodríguez. Foi veciño de San Xoán dos Casás, posiblemente xa no Lugar do Campo que herdarán os seus descendentes. Faleceu 26 de xaneiro de 1811, en San Xoán dos Casás, Cerdido. Foi primeiro marido de Thomasa López, da que non tivo sucesión. Tra-lo seu falecemento casou en segundas nupcias, 6 de abril do ano 1785, en San Xoán dos Casás, con Isabel da Pena, filla de Carlos Fernández e Patricia da Pena.
Ambos tiveron por fillos a:
37.- Pedro Hipólito de Lamigueiro y da Pena, (*13, agosto, 1788, San Xoán dos Casás). Quen segue a liña.
38.- Pedro Vicente de Lamigueiro y da Pena. (+14, xullo, 1820, San Xoán dos Casás).
39.- Antonia Josepha da Pena y Lamigueiro. Muller de Domingo Crego. C.S.
40.- Antonio de Lamigueiro y da Pena. Marido de Antonia del Villar. C.S.
41.- Joseph Andrés de Lamigueiro y da Pena. Marido da María Ventura Fernández. C.S.
42.- Juan Andrés de Lamigueiro y da Pena.
IX Xeración:
37.- Pedro Hipólito de Lamigueiro y da Pena, (*13, agosto, 1788, San Xoán dos Casás). Veciño do Lugar do Campo en San Xoán dos Casás, Cerdido. Casou con Rosa Rodríguez veciña da mesma fregresía.
Ambos tiveron por fillos a:
43.- José Lamigueiro, (*1829, San Xoán dos Casás), quen segue a liña.
X Xeración:
43.- José Lamigueiro, (*1829, San Xoán dos Casás). Veciño do lugar do Campo en San Xoán dos Casás, en Cerdido. Casou con Manuela Martínez, filla de Francisco Martínez e Ignacia López, veciños da mesma fregresía.
Ambos tiveron por fillos a:
44.- Nicolás Lamigueiro Martínez, (*10, xuño, 1854, San Xoán dos Casás).
45.- Antonio Lamigueiro Martínez, , (*29, xaneiro, 1861, San Xoán dos Casás). Quen segue a liña.
XI Xeración:
45.- Antonio Lamigueiro Martínez, , (*29, xaneiro, 1861, San Xoán dos Casás). Veciño do lugar do Campo en San Xoán dos Casás. Casou con Nicolasa Luaces Santalla, filla de Benito Luaces e de Josefa Santalla, veciños de Santa Cruz de Moeche. Amboslos dous morreron prematuramente deixando orfos os seus fillos ó cargo do seu tío paterno, Nicolás Lamigueiro, veciño do Lugar do Boucido, en San Xoán dos Casás.
Ambos tiveron por fillos a:
46.- José Lamigueiro Luaces, (*20, octubro, 1888, San Xoán dos Casás). Sen datos.
47.- María Manuela Lamigueiro Luaces, (15 Nov 1889, +1970, San Xoán dos Casas). Tivo por fillas do seu marido a Delfina, (*1391, A Barqueira, +1975), veciña do Lugar do Outeiro, nos Casás. Tivo abundante descendencia do seu marido Manuel López. Tamén foi filla de María Manuela, María Josefa, muller de Antonio Luaces Casás, residentes en Venezuela, xunto a súa descendencia.
48.- Manuel Lamigueiro Luaces, (*2, setembro, 1891, San Xoán dos Casás), tivo descendencia en Cerdido, e posteriormente partiu, cara Cuba establecéndose na Habana, onde faleceu, alí tivo tamén descendencia.
49.- Vicente Lamigueiro Luaces (*1892, San Xoán dos Casás). Casou con Josefa Gil Méndez, filla de Manuel Gil, e Dolores Méndez, veciños de Santa Cruz de Moeche. Deixou abundante descendencia en San Xoán dos Casás: Manuel, Benigno, Otilia, Dolores, Elisa, María, e Isolina Lamigueiro Gil.
50.- Andrés Lamigueiro Luaces, (*24, novembro, 1893, San Xoán dos Casás). Quen segue a liña.
51.- Constantino Lamigueiro Luaces, (*18, xuño, 1897, San Xoán dos Casás). Sen Datos.
XII Xeración. Ramo de San Vicenzo de Vilaboa:
50.- Andrés Lamigueiro Luaces, (*24, novembro, 1893, San Xoán dos Casás). Foi xunto o seu irmán Manuel rumbo á Habana, da que voltou pouco despois. Casou con Cándida Gil Méndez, filla de Manuel Gil, e Dolores Méndez, e irmá da súa cuñada, polo que os fillos de ambos matrimonios compartían os mesmos apelidos. Tra-lo seu matrimonio rendou o Lugar de Tras-a-Igrexa, en San Vicenzo de Vilaboa, Valdoviño.
Ambos tiveron por fillos a:
52.- Jesús Lamigueiro Gil (*1919, Santa Cruz de Moeche). Marido de Hortensía, veciña de San Vicenzo de Vilaboa. S.S.
53.- Manuel Argentino Lamigueiro Gil, (*1921, Santa Cruz de Moeche, + 2000 Ferrol). Marido de Julia Villadóniga y Villadóniga (*1912, San Vicenzo de Vilaboa), filla de Manuel Villadóniga Filgueira, e de María Villadóniga Pita, ambos veciños de San Vicenzo de Vilaboa, e moradores no Lugar do Pereiro. C.S.
54.- Hermitas Lamigueiro Gil (*1922, Santa Cruz de Moeche). Muller de Ricardo Serantes Amor, veciños primeiro de San Vicenzo de Vilaboa, e posteriormente de Barallobre en Fene. C.S.
55.- Otilia Lamigueiro Gil (*1923, Santa Cruz de Moeche). Muller de Francisco Beceiro. C.S.
56.- José Lamigueiro Gil. Marido de Josefa Muiño, veciña de Vilaboa. C.S.
57.- Victor Lamigueiro Gil. (*1940 San Vicenzo de Vilaboa, +2007 Narón). Marido de Josefa Pita Coba. C.S.
Nota: Foron suprimidos os datos dos descendentes da familia aínda con vida.
Lamigueiro
- lamigueiro
- Foreiro Maior

- Mensajes: 344
- Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
- Ubicación: Ferrol
- Contactar:
Lamigueiro
Lamigueiro ©



