24/09/2012
O pazo das musas, nº 30 (27.09.2012)
Xoves, 27 de setembro de 2012. Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 20 horas. Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo. Duración aprox.: 1:30 h. Deseño gráfico e animación dixital: tatata. Coordina: Antonio Reigosa.
Este número está dedicado ao Barroco, termo (do francés baroque) que dá nome ao movemento cultural e estilo artístico que se desenvolveu desde o século XVII ata mediados do XVIII na arquitectura, pintura, música, literatura … e outras moitas disciplinas.
Entre outros contidos, terá lugar a presentación da orquestra "Il combattimento (Músicas e instrumentos do barroco)"
SUMARIO, nº 30
Portada musical
Sonata nona per due soprani e fagotto (D.Castello), por Il Combattimento (Músicas e instrumentos do barroco) (5’)
A pegada do barroco na cidade de Lugo
Lugo barroco, por Fernando Arribas (10’)
Música
La Bataglia (F.Biber), por Il Combattimento (Músicas e instrumentos do barroco) (5’)
Letras do barroco (I)
Fermoso Tejo meu e Vilancete (textos de Francisco Rodrigues Lobo), por Isidro Novo (5’)
Música
Las voix humaines (M.Marais), por Il Combattimento (Músicas e instrumentos do barroco) (5’)
A memoria do barroco no MPLugo
Obra do barroco no MPLugo, por María Quiroga (10’)
Música
Concerto in La minore per fagotto (A.Vivaldi), por Il Combattimento (Músicas e instrumentos do barroco) (5’)
Letras do barroco (II)
En dia de cinza, sobre as palabras -quia pulvis es e Antes da confissậo (textos de Francisco M. de Melo), por Isidro Novo (5’)
Música
Suitte en Mi menor (J.Hotteterre) (Le Romain), por Il Combattimento (Músicas e instrumentos do barroco) (5’)
Letras do barroco ( e III)
Coloquio en 1201 coplas galegas (selección) (texto Fr. Martin Sarmiento), por Isidro Novo (5’)
Música
Música acuática (G.F Haendel), por Il Combattimento (Músicas e instrumentos do barroco) (15’)
Opinión
Intervención do público (5’)
Epílogo
por Encarna Lago, xerente da Rede Museística (3’)
Contraportada musical
Taffelmusik (G.P Telemann), por Il Combattimento (Músicas e instrumentos do barroco) (5’)
COLABORAN NESTE NÚMERO
Il Combattimento (Músicas e instrumentos do barroco).- Son moitos os proxectos que vagan pola mente dun músico, dun artista; só uns poucos chegan a florecer, outros moitos nunca ven a luz. Sen embargo, este que presentamos terá a sorte de ser articulado grazas aos moitos factores que interveñen e gustaríame resaltar os máis importantes. O capital humano co que conta a nosa cidade, músicos que nos sitios máis insospeitados falamos de proxectos e, por qué non, da creación dunha orquestra de música clásica. Outra, a inquietude que nos leva a coñecer os precedentes dos nosos instrumentos modernos, o por qué da súa evolución, así como a súa capacidade para “explicar” a música da súa época. E o último punto, o espazo, o cal considero moi importante.
A fortuna, porque non se pode dicir doutro xeito, levoume a gozar da sonoridade deste refectorio do MPLugo, e como se dun lóstrego se tratase, a imaxe deste proxecto asolagou a miña cabeza. Posúe este espazo unha acústica inmellorable, ademais dunhas dimensións idóneas para este tipo de música. Non esquezamos que o auditorio deste tipo de música deberá potenciar os matices tanto dinámicos coma retóricos que de forma intrínseca posúe a linguaxe do Barroco.
O afamado director de orquestra Nicolaus Hanoncourt refírese a estes instrumentos como “instrumentos para falar”, mentres que os instrumentos construídos a partires do século XIX son “instrumentos para soar”. Isto enténdese pola maior accesibilidade por parte de todas as clases sociais coa chegada da Revolución Francesa onde os antigos instrumentos non tiñan cabida debido á debilidade do seu son e á ineficacia dos grandes ensembles que se van formar. Realmente non se trata dunha evolución musical (que sí social) senón dunha transformación estética.
Durante moito tempo as gravacións deste tipo de música adoptaron una visión que non correspondía ao carácter orgánico da mesma. A expresión máis escoitada é a de “música alegre” para denominar a esta corrente estética, cando nada ten que ver co nacemento e orixe do Barroco, que, precisamente, se supedita á palabra para cos seus xiros melódicos e recursos sonoros achegarse aos efectos máis directos da palabra, convertendo a idea de luces e sombras nunha máxima no seu discurso sonoro. Non esquezamos que foi nesta época cando aparece un novo xénero que revolucionará todo o panorama musical da época: a ópera.
En canto ao repertorio que escoitaremos, terán cabida obras do primeiro Barroco, onde as bases do corpus máis coñecido desta época (Haendel, Vivaldi, Bach) terán a súa aparición. Sabemos que o gusto por todo o italiano era o dominante. Alemaña, Inglaterra e España eran seguidoras da vertixinosa música italiana. En contraposición, Francia, que busca un tipo de retórica máis delicada, é sensible en contraposición á forza da música italiana, aínda cando resulta curiosa que o “fundador” fose o italiano Lully. Como representación deste refinado estilo francés, neste concerto poderemos escoitar música do compositor francés Hotteterre. E como non, non podía faltar neste concerto música de orixe alemá. O compositor elixido será Telemann, o máis prolífico da historia da música e o que mellor combina a música culta coa música popular da súa época. Por outra banda, cremos que é unha oportunidade única ver en directo instrumentos históricos, que, a priori nos poden parecer raros, pero que ata hai ben pouco tempo, eran utilizados nas catedrais e colexiatas na provincia lucense. Cornettos, baixóns, traversos, violas de gamba, tiorbas, clavicémbalos, violíns, etc conformarán este primeiro concerto de Il Combattimento (Músicas e instrumentos do barroco) que, agardamos, sexa do voso gusto. [Texto: Abraham Cupeiro]
Fernando Arribas Arias.- Profesor de EXB e licenciado en Humanidades, traballa como Técnico de Difusión no Museo Provincial de Lugo. Etnógrafo e historiador de cine, leva publicados diversos libros e artigos sobre a sétima arte en Lugo e sobre os cruceiros da Terra Chá. Conferenciante e investigador, actualmente prepara a súa tese de doutoramento sobre os cruceiros galegos. Membro da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Lugo en representación do Consello da Cultura Galega.
Isidro Novo.- De ascendencia mariñá, é un lugués que agás pequenos parénteses sempre residiu na súa cidade de nacemento. O seu balbucir na escrita é no idioma castelán, pero cando toma conciencia da propia identidade, o galego convértese na súa única lingua voluntaria. Teaza de brétema, publicado na colección O Barco de Vapor no 94, sería o seu primeiro libro individual. Seguiríalle o wéstern Por unha presa de machacantes, a continuación Carne de Can, un feixe de oito relatos, e o libro de poemas Dende unha nada núa. No 99 sae á rúa Antollos de Eimarmena, de narrativa curta, e logo de catro anos, aparecerían as novelas: Súa de si, Rosa lenta -de temática erótica- e Un escuro rumor tralo silencio. No ano 2007 ve a luz un libro de poemas titulado Esteiro de noites falecidas e en 2009 sairía publicada a súa tradución ao galego da novela de Benito Vicetto Los Hidalgos de Monforte. As súas últimas obras publicadas son o libro de relatos Cabalos do demo e outros invertebrados (2010), o de viaxes literarias O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar (2010) e a novela Sinistra deixa (2012), onde se asoma á temática do paranormal. En tempos fixo radio (Gomorritas e novas criaturas) na pirata Radio Clavi, ademais de publicar dúas guías orientativas para libar viño artesanal na súa cidade (Guía do bebercio lugués 92 e 95). Ultimamente e co total apoio da AELG impulsou a sección de recuperación do idioma Palabras con memoria, visíbel na web da devandita asociación. Dende hai anos publica artigos no xornal Galicia-Hoxe.
María Quiroga Figueroa.- Lugo, 1969. Licenciada en Xeografía e Historia, Sección de Arte, Especialidade de Museoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1992 traballo no Museo Provincial de Lugo como Técnico de Actividades Socioculturais, desenvolvendo labores de inventariado e catalogación na Sección de Belas Artes do museo e comisaria da mostra "Museo do Prado. Os depósitos no Museo Provincial de Lugo" .
http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=11&id=1804
Revista oral: O pazo das musas
Revista oral: O pazo das musas
Poblada soledad es hoy el mundo.
Re: Revista oral: O pazo das musas
http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=11&id=1830O pazo das musas, nº 31 (27.12.2012)
Centenarios: Manuel Lerias Pulpeiro (Mondoñedo, 1854-1912) e Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912- Vigo, 1979).
Xoves, 27 de decembro de 2012. Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 20 horas. Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo. Duración aprox.: 1:30 h. Deseño gráfico e animación dixital: tatata. Coordina: Antonio Reigosa.
Poblada soledad es hoy el mundo.
Revista oral: O pazo das musas
http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=11&id=2112REVISTA ORAL: O pazo das musas, nº 34 (19.12.2013)
Xoves, 19 DE DECEMBRO de 2013. Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 20 horas. Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo. Duración aprox.: 1:30 h. Coordina: Antonio Reigosa. TEMA: 150º aniversario do nacemento de Carolina Otero, a BELA OTERO. ENTRADA LIBRE
Poblada soledad es hoy el mundo.
Revista oral: A Voz dos lemavos
Revista oral: A voz dos lemavos, nº 2 (24 de maio de 2014)O próximo número da revista oral "A VOZ DOS LEMAVOS" dedicámolo a “As artes do viño”. Desenvolverase o sábado, 24 de maio de 2014, ás 18:00 horas no Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos (Lugo) [...]
http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=74&id=2216
Poblada soledad es hoy el mundo.
Revista oral: A Voz dos lemavos
Francisco Albo | Monforte
«As revistas orais buscan novos públicos para a cultura»
Reigosa coordina a segunda edición de «A Voz dos Lemavos», que se ofrecerá o sábado no pazo monfortino de Tor
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/le ... 1C2991.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Revista oral: O pazo das musas, nº 37 (18.12.2014)
http://www.museolugo.org/archivos/docs/ ... _33x51.jpgREVISTA ORAL: O pazo das musas, nº 37 (18.12.2014) (10 anos de inspiración cultural)
Número especial 10º aniversario. Xoves, 18 de decembro de 2014. Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 20 horas. Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo. Duración aprox.: 1:30 h. Coordina: Antonio Reigosa.
SUMARIO: 10 ANOS DE INSPIRACIÓN CULTURAL
Presentación: Encarna Lago, xerente da Rede Museística
Narración: Tareixa Campo
Proxección vídeo-documental retrospectivo
Epílogo: Mario Outeiro, deputado delegado de Cultura da Deputación de Lugo
http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=11&id=2461
Poblada soledad es hoy el mundo.
Revista oral: O pazo das musas, nº 37 (18.12.2014)
A revista oral O PAZO DAS MUSAS, que se veu desenvolvendo puntualmente cada trimestre desde decembro de 2004 no refectorio do MPLugo, está de aniversario e quere celebralo contigo que, seguramente, asistiches ou participaches nalgún dos seus 37 números.
Son 10 anos de música e literatura, de historia e cine, teatro e maxia, de memoria e inspiración cultural, grazas á colaboración de arredor de 350 persoas, grupos e colectivos que ao vivo foron contribuíndo a encher de vida 37 números e sesenta e moitas horas de oralidade.
Para agradecer tanta xenerosidade, este xoves, 18 de decembro, ás 20:00 horas, proxectaremos un documental retrospectivo no que recuperamos rostros, nomes e anacos breves das moitas funcións que tivemos a sorte de presenciar e gozar en todo este tempo.
Intervirá como narradora ao vivo, Tareixa Campo, e participarán en representación das institucións responsables a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e o deputado delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro.
http://www.cronica3.com/2014/12/o-pazo- ... n-cultural
Poblada soledad es hoy el mundo.

O próximo número da revista oral "A VOZ DOS LEMAVOS" dedicámolo a 


