“Gabilondo, Urdangarin, Zubizarreta, Arguiñano, y por parte de ama, Igartiguru, Erentxu, Otegui… y Clemente”. Este é o recital de apelidos co que Antxon (Dani Rovira) quixo convencer o seu futuro sogro (Karra Elejalde) de que era un abertzale de pura cepa en “Oito apelidos vascos”, aínda que en realidade Clemente non fora vasco “ni pa Dios”, como lle fixo saber Elejalde.
Máis nunha futura e improbable “Oito apelidos galegos”, Dani Rovira tería un amplo abano de apelidos para elixir sen necesidade de ter que recorrer a ningún que non fose galego “ni pa Dios”. E seguro que estaría máis familiarizado coa maioría, pois hoxe son centos os apelidos galegos que están ciscallados por España e polo mundo.
A cartografía dos apelidos galegos axuda a que coñezamos máis de nós A profesora Ana Boullón, titular do departamento de Filoloxía Galego-Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, explica no vídeo da TVG que o nivel de espallamento dos apelidos galegos polo mundo non é outra que a emigración masiva durante décadas, e especialmente o interior e cara a América.