Familias Barreiro e Varela das Seixas en Ferreiros

Investigación de xenealoxías
Avatar de Usuario
Fontes de Castromil
Mozo
Mozo
Mensajes: 28
Registrado: 18 Oct 2015, 13:01

Familias Barreiro e Varela das Seixas en Ferreiros

Mensaje por Fontes de Castromil »

Ola a todos, a ver se alguén pode votarme unha man sobre estas dúas familias en Ferreiros, Concello do Pino. Precisaría saber o seguinte:
-Cales son os fillos (e con quen casaron) de Fernán González do Barreiro, vinculeiro de Ferreiros (fillo de Domingo de Quindimil e de Andrea López do Barreiro), e da súa muller María López de Andrade (Filla de Juan Varela das Seixas e de Catalina López de Andrade). O único dato que teño é que tiveron por fillo a Gregorio Varela de Andrade, que casou a finais do século XVII en Ferreiros con Doña Antonia Pardiñas Villardefrancos, herdeira do vínculo da Vilouchada. Tamén me interesaría saber todos os fillos deste matrimonio.

-Cales son os fillos de Domingo Antonio do Barreiro y Vilar (natural de Dos Casas de Santa Eulalia de Arca) con Agustina Rodríguez de Andrade, dona da Torre de Ferreiros a comezos do Século XVIII (filla de Gregorio Rodríguez de Andrade e de Jacinta Feijomil)?

Moitas grazas a todos e noraboa polo foro!!!
A familia é o primeiro. A familia é o centro.
Responder