Recentemente inicie o camiño da procura dos meus antepasados e como xa esperaba, dado que apenas coñezo a niguén co meu segundo apelido, tampouco hai moita información no foro acerca de él. O meu apelido por parte de nai é Fontangordo e somos oriundos de A Pontenova, concretamente da parroquia de San Xulián de Vilaboa.
No foro só atopei dúas referencias a Fontangordo, unha no Catastro da Ensenada de San Vicente de Vilameá: viewtopic.php?f=4&t=3400&p=8049&hilit=Fontangordo#p8049 con referencia a un Fontangordo en 1752, e outro no listado onomástico do fío Edad Media - Mondoñedo. viewtopic.php?f=4&t=4439&p=11376&hilit= ... rdo#p11308
Sei que existe na zona unha aldea chamada Fontangordo, da que quizáis podería proceder o apelido, pero non estou segura nin teño forma de averigualo a través da familia pois por desgraza todos (meu avó e os seus irmáns) faleceron xa.
Con algúns documentos que hai na miña casa familiar puiden rastrexar a miña ascendencia por esa rama ata o meu bisavó, chamado Benito Fontangordo Álvarez de Vileimil?, casado con Angustias Villar ¿Rodríguez? de Xinzo?. Teño que traballar nos outros documentos que atopei e tratar de lelos (o mais antigo data de 1707 e a caligrafía resúltame moi complicada de ler), así como buscar partidas de nacemento e falecemento desas personas para o que teño que viaxar Á Pontenova novamente pero gustaríame saber, xa que vexo que hai varios investigadores traballando en liñaxes desa zona, se se toparon en algun momento con outros Fontangordo nos documentos que manexan.
Dicir tamén que me encantou atopar este foro con tanta información acerca das liñaxes de Miranda das que algunha vez me falaba cando era pequena o meu avó por parte paterna (apellidado Ocampo Ron e oriundo de Vileimil, outra liña na que tamén estou tratando de investigar e na que cheguei ata os meus tataravós, Cayetano Ocampo e Josefa Cereijo, pero iso non vai neste fío). É superinteresante ler sobre sitios polos que tanto andiven cando era nena, como o "Pacio de Vileimil", ou dos que oín falar, como a casa de Goios á que foi casada unha prima de meu avó e que segundo a miña nai tiña un escudo que agora sei que é probablemente a casa solar dos Miranda alí.

Un saúdo cordial,
Marta Ocampo Fontangordo.