Película sobre las Touza, de RibadaviaRibadavia (Ourense), 18 de setembro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiu á presentación da última novela de Vicente Piñeiro “Lola Touza, la Schindler gallega” que tivo lugar esta noite no Museo Etnolóxico de Ribadavia.
A obra, editada por ToxoSoutos, narra a historia de Lola Touza, que rexentaba un quiosco na estación de Ribadavia e entre 1941 e 1945 decidiu axudar a fuxir a máis de 500 xudeus dunha morte segura a mans dos nazis. Lola e as súas irmás, Amparo e Julia, colaboraron cunha das redes clandestinas de fuxida de xudeus máis importante de Europa, que empezaba nos Pirineos por Girona, facía escala en Medina del Campo e chegaba ata Ribadavia, onde as irmás Touza arriscaban as súas vidas para atendelos e facilitarlles o paso a Portugal coa axuda doutros veciños da comarca: o taxista José Rocha, o barqueiro Ramón Estévez e o intérprete Ricardo Pérez, coñecido como “El Evangelista”.
Vicente Piñeiro ten publicados libros de teatro, poesía e novela tanto en galego como en castelán e gañou, entre outros premios, o Pedrón de Ouro en 2005.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... ima-novela
viewtopic.php?f=35&t=9397