Escudos en Sanxenxo

Todo sobor das armas dos persoeiros e as súas liñaxes
Responder
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 448
Registrado: 03 Dic 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

Escudos en Sanxenxo

Mensaje por Per »

Estamos a rematar a restauración dos escudos aparecidos recentemente na eirexa de Sanxenxo. O achadego destes elementos heráldicos confirman a línea de investigación levada ata o día de hoxe po-la comisión patrimonial da parroquia. A vinculación da capela da "Presentación" chamada tamén da Candelaria, co-a casa de Saavedra xa quedou amplamente demostrada tanto po-los achadegos documentais como po-los achadegos materiais. agora tamen temos o troque desta capela en orixe funeraria do abade Gonzalo de Saavedra. a ser capela da anunciación na primeira metade do século XVI. En estas datas foi mutilado o arcosolio do sepulcro do abade é construida a capela que foi decorada no seu testeiro con un fresco no que se representaba a Anunciación do que somentes se conserva a parte inferior, no que se pintou o típico embaldosado, tamén se pintaron dous escudos, un masculino co-as armas da casa de Vaamonde-Saavedra-Parga semellante as da casa-torre de Vaamonde de Pontevedra. é outro femeniño que conten o escudo dos Pereira de Castro-Ozores. Istes escudos dos que agora estamos a recuperar a súa policromía orixinal, coinciden con duas pedras de armas situadas en duas lousas no chan da capela. Unha de elas foi descuberta o darlle a volta cando se fixo a obra de recuperación do pavimento orixinal. As armas de un dos escudos coinciden con os mobles heráldicos dos señores do coto de Baamonde emparentados co-a casa de Sotomayor. Tamén co coto de "la Costella" (Lagostelle) morgado fundado por D. Pedro de Vaamonde Ribadeneira e Saavedra dean de Ourense. Tras os traballos preparo unha serie de paneis informativos que se colocaran na capela, así como unha futura publicación de un traballo donde se recollan as vicisitudes históricas de este espacio relixoso. Outro dato que atopamos foi constatar que a capela ardeu en duas ocasións, na senlleira xa non se conservaban as pinturas na parte superior. No seu lugar colocouse unha pedra labrada co-a imaxe da Nosa Señora de Quitapesares, muy semellante a existente en Santa María de Pontevedra. Por este tempo xa a capela era de patronazgo da casa de Miraflores dos Saavedra-Súarez Tanxil.
Samuel c o castro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 182
Registrado: 15 Jun 2009, 13:24

Re: Escudos en Sanxenxo

Mensaje por Samuel c o castro »

Prezado Per,

Quanto ao segundo escudo que referiste "femeniño que conten o escudo dos Pereira de Castro-Ozores", por acaso teria como você fazer a gentileza de indicar um link de acesso? Se não tiver um link e puder enviar a figura do mesmo para meu e-mail castro.genealogia arroba bol.com.br, ficar-lhe-ei muito grato. Se souber os nomes das pessoas Castro vinculados ao referido escudo e puder fazer o favor de informar, agradeço.

Abraço fraterno.

Samuel C O Castro
Intereí§o-me por dados genealógicos de todos os ramos da famí­lia Castro.
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 448
Registrado: 03 Dic 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

Re: Escudos en Sanxenxo

Mensaje por Per »

Hola Samuel:
Os escudos estan a circular po-la rede, o Xornal A voz de Galicia publicounos e coido que en estes foro tamén aparecen, se me das un enderezo de correo electrónico fareichos chegar.
Samuel c o castro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 182
Registrado: 15 Jun 2009, 13:24

Re: Escudos en Sanxenxo

Mensaje por Samuel c o castro »

Prezado Per,

Se puderes enviar para o e-mail que acima citei, agradeço. Se souber os nomes das pessoas Castro vinculados ao referido escudo e puder fazer o favor de informar, fico-lhe muito grato.

Abraço.

Samuel de Castro
Intereí§o-me por dados genealógicos de todos os ramos da famí­lia Castro.
Responder