apelido SESTAY vs. SESTAYO // apelido MENDUÍÑA

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Invitado

apelido SESTAY vs. SESTAYO // apelido MENDUÍÑA

Mensaje por Invitado »

Hola comentáronme que o escasamente difundido apelido SESTAY se trata dunha deformación do apelido SESTAYO ¿qué orixe ten ese apelido SESTAYO? ¿é galego? ¿que historia ten? ¿é moito pedir todo isto <IMG SRC="images/forum/icons/icon_smile.gif"> ?
Respecto ao apelido MENDUÍÑA teño visto xente que o leva en Madrid, por exemplo, pero sóame a galego ¿é certo? ¿que orixe e historia ten? ¿que significa?
Saúdos a quen ler isto e gracias a quen me axudar
Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 128
Registrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

apelido SESTAY vs. SESTAYO // apelido MENDUÍÑA

Mensaje por lumebóo »

Ola invitado:
O apelido Sestai existe na Galiza, mais non atopei ningún topónimo que lle puidera ter dado orixe (co cal non quero dicir que non o poida haber).
O que ti plantexas de se pode ser unha deformación de Sestaio haberiao que estudar con detemento.
De todas formas, ainda habendo un lugar no concello de Muros chamado Sestaio, na parroquia do mesmo nome, o teu apelido, como poderás ver abaixo, é práticamente endémico da comarca do Morrazo. Penso que aínda podendo ter unha etimoloxía e semántica común, deben de ter unha orixe distinta, posto que non é plausible unha relación con resultados tan rechamantes entre dúas zonas abondo extremadas.
Como observarás, algús dos usuarios de teléfono apelidados Sestai viven no camiño de Menduiña.

A respeito deste outro xentilicio, e tras consulta nas Páginas Blancas de http://www.ya.com, aparecen 130 abonados na provincia de Pontevedra e caseque todos no Morrazo (especialmente en Cangas), 2 na da Coruña e 1 en Ourense.



ALFONSO SESTAY MARTINEZ
Cela, 1
CANGAS Tel.: 986 305 307

DARIO SESTAY MARTINEZ
Cno. Menduiña, 6
CANGAS Tel.: 986 329 599

FELIX SESTAY MARTINEZ
Cno. Menduiña, 7
CANGAS Tel.: 986 328 022

CLEMENTINA SESTAY VIDAL
Cno. Mendui±a, 18
CANGAS Tel.: 986 328 793

FELIX SESTAY VIDAL
Cno. Mendui±a, 25
CANGAS Tel.: 986 328 841

CARMEN CANEDA SESTAY
Raposeira, 57
O GROVE Tel.: 986 733 406

JOSE DOCAMPO SESTAY
Gand³n, 7
CANGAS Tel.: 986 328 489

JOSE RAMON GUTIERREZ SESTAY
Av. Lugo, s/n
CANGAS Tel.: 986 303 764

RICARDO GUTIERREZ SESTAY
Pazos Fontenla, 114
BUEU Tel.: 986 323 054

Saúdos.-

<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo _FIL 2002-04-20 16:01 ]
Avatar de Usuario
A_Laxe_do_Aire
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 21 Abr 2002, 09:00
Ubicación: Aldán (Morrazo)
Contactar:

apelido SESTAY vs. SESTAYO // apelido MENDUÍÑA

Mensaje por A_Laxe_do_Aire »

Hola usuario!!;
Efectivamente dis ben ao afirmares que é Sestay deformación do apelido Sestayo. Os Sestays actuais, que na súa maioría se concentran en terra de Morrazo, son descendentes dun antigo BERNARDO SESTAIO de la Canle. Pertencía ese Bernardo a unha rama dos Sestayo (apelido toponímico, oriúndo da freguesía muradana de San Pedro de Sestaio) que se asentou en Santa Cristina de Barro (Noia), e pasa á parroquia de Aldán (Morrazo) a principios do Século XIX.
O seis de maio de 1801 casa na parroquia de San Cibrán de Aldán ese Bernardo Sestaio de la Canle, cunha veciña da freguesía chamada Manuela Pérez de Barros. A acta do seu casamento está plasmada nun documento da parroquial de Aldán, onde podemos ler: “En seis de maio, año de mil ochocientos y uno,[...] asistí al matrimonio [...] que entre sí celebraron Bernardo Sestaio, vezino que era de Santa Christina de Barro, jurisdición de Toxosouto, [...] y Manuela Perez, [...] vecina de esta feligresía de San Ciprián de Aldán [...]"
Tras se casar ese primeiro SESTAIO que se instalou en Aldán, tivo tres fillos, polo que poucos anos despois había xa tres persoas que levaban o apelido SESTAIO en Aldán: foron María Sestaio Pérez, que casou con Manuel Cámara o 6 de agosto de 1827, que ao ser muller non asegurou a continuidade do apelido; José Sestaio Pérez, casado con María Antonia Carballo, cuxos descendentes mantiveron vivo o apelido, xa evoluído a Sestay ata vai poucas décadas; e Juan Benito Sestaio, casado con Josefa Gago en 1836, que mantivo o apelido, evolucionado a Sestay, ata os nosos días.
-SESTAIO transfórmase en SESTAY.
O apelido SESTAIO durou pouco coma tal en terras de Aldán, pois os netos do SESTAIO que se instalou na parroquia xa eran chamados SESTAY. Vemos claramente como o apelido SESTAIO se adaptou á fonética local, transformándose.
Este cambio débese a unha simple apócope da vocal átona final do apelido como é común en terra de Cangas. Lémbrese que aquí dise peix en vez de peixe, vïax en vez de viaxe, hox en vez de hoxe, e por iso tamén Sestay en vez de Sestaio. Con todo, este apelido sempre foi moi vacilante unha vez instalado en Morrazo, podéndose atopar ó longo dos anos baixo diversas formas; así vemos:

-Sestaio, nas primeiras décadas de implantación do apelido; vémolo por última vez en 1846.
-Sestayo, vémolo en 1827, 1847 e 1849.
-Cestayo, vémolo en 1826 e 1830.
-Cestaio, vémolo en 1830.
-Cestay, vémolo a partir de 1908.
-Sestay, vémolo a partir de 1830
-Sestai, vémolo en 1876.

Tal cantidade de variantes do mesmo apelido débese ás veces a variantes da escrita (y por i); como dixemos á apocope da átona final (Sestay por Sestaio) ou ó ceceo por ultracorrección (Cestayo por Sestayo –lémbrese que en 1856 vemos Pouza en vez Pousa-)
-O Primeiro SESTAY.
O apelido SESTAY vémolo por vez primeira o 2 de xullo de 1830, na acta de bautismo dunha nena chamada Manuela Sestay Carballo, filla de José Sestaio Pérez e María Antonia Carballo. Podemos considerar entón que o primeiro Sestay propiamente dito foi Manuela Sestay Carballo, casada en 1860 con José Benito Ermelo Fandiño.
-Período de coexistencia de SESTAIO e SESTAY.
Sen embargo, a forma innovadora SESTAY non acabou de repente coa conservadora SESTAIO (e variantes), senón que ambas conviviron durante un período de aproximadamente vinte anos. SESTAY e SESTAIO (e variantes) conviven dende 1830 ata 1849.
Na lingua falada SESTAIO subsistiu ata hai poucos anos, e aínda hoxe certas persoas de idade falan que ata non vai moito dicíase SESTAIO tanto ou máis que SESTAY e que eran os escribáns quenes aconsellaban escribir esta última forma.
Varias persoas de Menduíña que levaban xa SESTAY como segundo apelido foron coñecidas cariñosamente como “eses eran SESTAIOS...”para explicar que levaban o apelido Sestay.
En canto á documentación era moi común que unha persoa bautizada como SESTAIO se casase como SESTAY, etc... Vexamos uns exemplos:
-JOSÉ SESTAIO PÉREZ tivo cinco fillos con apelidos baixo distintas variantes, así, un fillo chamábase Manuel Sestaio, outro Josefa Cestayo, pero os outros xa Manuela, Dolores e Francisco Sestay.
-JOSEFA CESTAYO foi bautizada con este apelido pero casada como Josefa Sestay.
-FRANCISCO SESTAIO casou como Francisco Sestay
-JUAN BENITO SESTAIO tivo tres fillos, cada un cunha variante do apelido distinta, así, un chamábase Francisco Sestaio, outro María del Carmen Sestayo e outro Ramón Sestay.
E poderiamos citar aínda máis casos.
-O último SESTAIO.
Este período de convivencia e vacilación entre a forma conservadora e innovadora non perdurou por escrito máis alá do ecuador do século XIX. Sestaio, escrito xa Sestayo, vémolo documentado por última vez na acta de bautismo de Manuel Sestayo Pousa, o 9 de decembro de 1849; foi éste o último que levou o apelido SESTAIO, anque escrito xa Sestayo.

LUMEBOO cita varias familias que levan o apelido Sestay actualmente, todas elas en Galicia. Mais unha rama dos Sestays instalados na veciña vila de Bueu (Morrazo) instalouse en Portugal (Porto e Castelo Branco), anque se pode dicir que exta rama, ao non contar con descendencia está en trances de se extinguir. Tamén se atopan varios Sestays en California e outros lugares dos EE.UU., entre eles CATHERINE J. SESTAY, quen publicou a coñecida bibliografía "NEEDLE WORK: A SELECTED BIBLIOGRAPHY WITH SPECIAL REFERENCE TO EMBROIDERY AND NEEDLEWORK"

Agardo terte axudado a clarexar un pouco máis as túas dúbidas respecto deste estraño apelido.
Saúde


<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: A_Laxe_do_Aire _FIL 2002-04-21 13:09 ]
A Laxe do Aire
Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 128
Registrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

apelido SESTAY vs. SESTAYO // apelido MENDUÍÑA

Mensaje por lumebóo »

Ola Invitado e A Laxe do Aire:
Non me queda maís remedio que recoñecer o aventurado da miña hipótese acerca da non relación entre Sestayo e Sestay,...menos mal que foi só unha hipótese. A miña suposición baseába-se no afastadas que se encontran as zonas dos dous apelidos e a pouco probable migración da primera cara á segunda en época que eu imaxinaba moito máis lonxana, dada a numerosa presencia de Sestay no Morrazo.
Pero xa non recordaba que eu mesmo atopei un individuo procedente de Rebón, en Moraña (Pontevedra) que asentou en Cecebre, Cambre (A Coruña) no século XVIII.
Isto ven ratificar a necesidade de sempre investigar nas fontes documentais á hora de establecer calquera tése, como ben demostra o inapelable estudo de A Laxe do Aire.
Fan falla máis membros así.
Saúdos.
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

apelido SESTAY vs. SESTAYO // apelido MENDUÍÑA

Mensaje por kruzul »

Ola lumebóo e A Laxe do Aire, e a miña benvida a este último.
So aportar o lugar Menduiña (lumebóo fala del) de San Ciprián de Aldán, Cangas, Pontevedra. Con 328 habitantes e 60 casas según "Diccionario Geográfico de España", 1958, pax.326.
Resultame curioso que tanto un apelido coma outro só teñan un lugar físico correspondente, e non atopei ningunha etimoloxia dos termos. No caso de Sestay, non sei si con moita fantasía, atopei sestar, latín sessiatre, estar sentado, con significados relaccionados co descanso, sesta.
Saudos:
Ricardo Lago
Avatar de Usuario
chefa_13
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 03 Nov 2002, 09:00
Contactar:

apelido SESTAY vs. SESTAYO // apelido MENDUÍÑA

Mensaje por chefa_13 »

Ooops... <IMG SRC="images/forum/icons/icon_cool.gif"> Eu son Sestayo, toda a miña familia -por pai e nai- son de Muros, Serres, e meu avó se chamaba Bernardo... ¡Á fin ando a topar cousas do meu pasado! Un inquérito, ¿de ónde sacastes a información? Gracias, mil gracias!!
<A HREF="mailto:chefa_13@hotmail.com">chefa_13@hotmail.com</A>
 
Avatar de Usuario
Meiga
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 64
Registrado: 31 Oct 2003, 09:00
Ubicación: Bueu
Contactar:

apelido SESTAY vs. SESTAYO // apelido MENDUÍÑA

Mensaje por Meiga »

hola a todos, soy una novata en esta web pero estoy encontrando cosas muy interesantes.
os diré que soy de Bueu, pero tengo ascendientes de sitiios muy variados. En Bueu hay varias personas con el apellido Cestay, que pueden tener relacion con el tema del foro. Por otra parte, mi marido tiene el apellido Menduiña,y como decíais alguno, proviene de un lugar del concello de Cangas
Responder