19.00 horas: En Vigo, el conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, presenta el número XXIII de los Cadernos Ramón Piñeiro.
Fundación Sales Xardín Arboretum, avenida de Europa, 52.
http://www.elcorreogallego.es/galicia/e ... ia-791682/
19.00 horas: En Vigo, el conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, presenta el número XXIII de los Cadernos Ramón Piñeiro.
Fundación Sales Xardín Arboretum, avenida de Europa, 52.
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) dedica o volume XXV dos seus Cadernos a Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. O acto de presentación celebrouse onte na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela nun acto presentado por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; e no que interviñeron o profesor e crítico teatral, ademais de familiar de Roberto Vidal Bolaño, Manuel Quintáns Suárez; o director científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Manuel González González; e os dous investigadores e codirectores dos Cadernos Ramón Piñeiro, Luís Alonso Girgado e Xosé Luís Cochón Touriño.
Cultura e Educación presenta en Santiago o volume XXVII dos "Cadernos Ramón Piñeiro"
O volume, coordinado por Luís Alonso e por Xosé Luís Cochón, recolle cartas inéditas de Ramón Piñeiro, Ben-Cho-Shey, Ramón Cabanillas e Otero Pedrayo a Fermín Penzol
O secretario xeral de Política Lingüística representou a Consellería no acto celebrado na nova sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... on-pineiro
Santiago, 1 de abril de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de editar, por medio do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), o décimo quinto dos Cadernos de Fraseoloxía Galega, que sae do prelo no marco do proxecto de investigación homónimo que desenvolve este centro adscrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... xia-galega
Cultura e Educación presenta na Coruña ‘Nimbos: cáliz fervendo!’, o caderno Ramón Piñeiro dedicado a Díaz CastroO volume XXIX dos Cadernos Ramón Piñeiro titulado Nimbos: cáliz fervendo! é un monográfico dedicado ao estudo da obra de Xosé María Díaz Castro.
http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
Museo de Pontevedra
O luns 15, ás 20 h, preséntase no Sexto Edificio o libro "Cartas habidas (1953-1990)" que recolle a correspondencia entre Antonio Blanco Freijeiro e Isidoro Millán González-Pardo
Isidoro Millán González-Pardo (Pontevedra, 1922-Santiago,2002) e Antonio Blanco Freijeiro (Marín,1923-Madrid,1991) foron dous dos máis grandes especialistas do seu tempo nas áreas que cultivaron. Interesados ambos os dous polo mundo antigo en xeral e polo clásico en particular, mantiveron unha estreita relación dende a infancia.
O epistolario que nos seus coñecidos Cadernos publica o Centro Ramón Piñeiro é unha mostra fidedigna desa fraternal relación e, sobre todo, da súa enorme erudición.
http://www.museo.depo.es/noticias/notas ... 10739.html
O último número desta colección subtitulado Antonio Blanco Teijeiro, Isidoro Millán González-Pardo. Cartas habidas (1953-1990) recolle o intercambio epistolar entre os dous eruditos pontevedreses.
"Hoxe presentamos un epistolario asimétrico", empezou declarando o seu editor, Luís Cochón, "No que transcribimos moitas das cartas enviadas de Antonio Blanco a Isidoro Millán, pero non tanto á inversa, e isto débese a que o Conde de Quirós, en cuxo arquivo estaban atesouradas, non facía copia de todas as súas misivas, só dalgunhas delas". Luís Cochón agradeceulle, así mesmo, a Rosina Otero, viúva de Isidoro Millán, a cesión do material publicado, e laiouse pola perda do arquivo de Antonio Blanco Freijeiro. [...]
http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D3
Coincidindo co 87º aniversario do nacemento de Manuel María Fernández Teixeiro, autor homenaxeado polas Letras Galegas 2016, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a viúva do autor e presidenta da fundación que leva o seu nome e que custodia o seu legado, Saleta Goy, presentaron no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago o volume XXXV dos Cadernos Ramón Piñeiro. Trátase de “Manuel María: cecais hai unha luz. Memorabilia”, unha obra coa que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades lle rende unha homenaxe moi especial ao poeta chairego.
http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/ ... -nacemento