Familia Losada (Boborás)

Procuras de familiares
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Familia Losada (Boborás)

Mensaje por Milleiro »

Xenealoxia de Antón Losada Dieguez, escritor e nacionalista galego

I XERACIÓN
Miguel Losada Losada, notario, falecido na Estrada o 28 de setembro de 1928. Natural de San Xoán de Laxas (Boborás), casa con Carme Diéguez Árias de Moldes, nada en abril de 1850 e falecida o 19 de setembro de 1888. Casou en segundas nupcias con Amparo Silva Gómez e tiveron cinco fillos.

II XERACIÓN
- Xosé Losada Dieguez, nado en 1886 e falecido en 1891.
- Antón Losada Diéguez naceu no pazo de Moldes freguesia de San Mamede de Moldes (Boborás) o 22 de decembro de 1884 e faleceu na cidade de Pontevedra o 15 de outubro de 1929. Foi soterrado en Pontevedra e posteriormente os seus restos foron levados a capela da familia na igrexa parroquial de Moldes. Casou en primeiras nupcias o 25 de xuño de 1915 con Albina Espinosa Cervela que morreu de tifo o 17 de decembro de 1916 aos 22 anos e tiveron por fillo a Antonio. Casou en segundas nupcias o 31 de decembro de 1920 con Mercedes Espinosa Cervela irmá da primeira e tiveron seis fillos. As duas mulleres eran fillas de Laurentino Espinosa Valladares, primo de Marcial Valladares.
- Xaquin Losada Filgueira, primo de Antón Losada. Fusilado polos falanxistas

III XERACIÓN
- Antón Losada Espinosa, nado en 1916 falecido en 1975.
- Miguel Losada Espinosa
- Mercedes Losada Espinosa, nada en Pontevedra en 1923.
- Albina Losada Espinosa
- Xaquín Losada Espinosa
- Luís Losada Espinosa
- Xosé Antonio (fillo póstumo falecido os 4 meses).

Documentación:
1. Escolma do dia das letras galegas, de X.L.F. e X.C.R.P. 2000
2. A Nosa Terra nº1146. Páxinas 28, 29 e 30.
Responder