Informatica

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
sisovich
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 75
Registrado: 12 Oct 2004, 09:00
Ubicación: ferrol
Contactar:

Informatica

Mensaje por sisovich »

Saudos
levo dando voltas a estructurar os meus datos xenealoxicos facendo unha base de datos , e comenzei a miralo tema
Sei que existe un modelo de datos mais ou menos standard feito e empregado nalguns programas comercais, pero tamen me consta que existen algunhas criticas o respecto, a non portabilidade de este formato entre distintos programas, etc. Coido que hai aqui en xenealoxia algun articulo o respecto

O caso, sexa como sexa eu quero facelo meu e ando dandolle voltas a un modelo Entidad-Relacion (os que sexan informaticos xa saberan do que falo) e gustariame saber opinions ou comentarios. Non fai falla ser profesional da informatica para facer tales comentarios. O que me interesa saber sobre todo e que tipo de consultas gustariavos facer.

E en xeral calquera comentario que se vos ocorra (menos o tipico comentario de que xa esta feito, a min gustame reinventala roda, que pasa ? ;-) )

Un dos puntos que quero levar a pratica e poder manexar datas imprecisas, ou rangos. E dicir, sei de certos eventos de algunhas persoas , pero non sei a data exacta, sei que ocorreu por exemplo entre os anos 1798 e 1800, non mais. Pois ven, se quero logo buscar cousas acaecidas no ano 1799, ese evento deberia sair como que "posible"
Avatar de Usuario
sisovich
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 75
Registrado: 12 Oct 2004, 09:00
Ubicación: ferrol
Contactar:

Mensaje por sisovich »

o formato que xa existia GEDCOM
o artigo neste mesmo portal e
http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... le&artid=2
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Gedcom

Mensaje por kruzul »

Ola Sisovich:

Bueno en xeral todos programas de xenealoxía cumplen co standard gedcom. É en funcionalidades específicas de cada programa onde soen apartarse. Digamos que para os datos típicos de datas e eventos, soe haber uniformidade. Máis ó millor na xestión de notas, multimedia e outros engadidos, ó migrar a nosa base de datos dun programa a outro pode que o novo non o interprete ou o ingnore deixándonos un "log" de erros.

Para as especificacions do gedcom 5.5 visita a páxina do Familysearch

http://www.familysearch.org/Eng/Home/FA ... gedcom.asp

que as tes dispoñibles en dous formatos:
* GEDCOM55.EXE contains GEDCOM 5.5 Standard - [Envoy format]
* GEDCOM XML 6.0 - [Adobe Acrobat format]

O que eu penso sobre o que te propos é que sabendo o que queres e do xeito que queres, primeiro busques e probes se xa existe algo semellante. Soe acontecer moitas veces que xa alguén iniciou un proxecto similar, se así fose pode ser máis positivo axudar a levalo a cabo. Por exemplo podes visitar http://sourceforge.net en no "Search" á esquerda dentro de "Software/Group" teclea "genealogy", sairanche moitos proxectos que se están levando a cabo en diversas lingoaxes de programación, podes chequear, descargar, probar etc. E deste xeito que eu de cando en vez axudo ó proxecto de PhpGedView para poñer os nosos gedcoms en liña.

Se non o fixeches proba o PAF (Personal Ancestral File)
http://www.ldscatalog.com/webapp/wcs/st ... list100069
o Personal Ancestral File 4.0.4.18 - Multi-Language (5.75 MB) está en español e tamén podes leer Personal Ancestral File 4.0 Guía del Usario (Español) (1.01 MB) que che da un acercamento moi bó, e por suposto probalo, é de distribución gratuita.

Proba tamén o GDS Versión 5.0 (Revisión 5.0.14) 12,1 MBytes en http://www.gdsystem.net/v5/es/es_gds_dl.asp . É gratuito hasta 50 persoas, e para facer probas e suficinte. Este programa está adaptado para o sistema de apelidos español e portugués (tamén o inglés) ademáis de recoñecer os prefixos dos apelidos, mesmo en galego.

Nota: Trasladei este debate a programas por ser máis axeitada a súa ubicación.
Responder