Pita da Veiga

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Pita da Veiga

Mensaje por lamigueiro »

Alguén sabería decirme si existe algunha publicación, coa xenealoxía dos Pita da Veiga de Serantes e Mandiá????
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

DON ALONSO PITA DA VEIGA

Mensaje por Milleiro »

Nesta páxina da Internet ven o seguinte:

http://www.galicia-hoxe.com/periodico/2 ... N30160.asp


DON ALONSO PITA DA VEIGA(V)
O señorío dunha liñaxe

A historia de don Alonso que estivemos a desenvolver nestas semanas, a crónica esquecida e apaixonante que narra a grandeza e as miserias máis agochadas e ó tempo solemnes de Pavía, aquela cita épica na que se enfrontaron Carlos V e Francisco I pola hexemonía no continente, pode que sexa o símbolo máis lustroso e fachendoso desta antiga e sobranceira liñaxe galega.

Fernando Garea

P\ero os Pita da Veiga, dos que escribe o P. Crespo que entroncan coa primeira nobreza de Galicia, cos Castro, cos Ossorio, cos Ribadeneira, e moi especialmente cos Piñeiro de Narahío, poden presumir dunha gloriosa fidalguía, dunha altiva e solemne ousadía, dunha entrega fiel e sen límites á milicia, virtudes todas elas probadas e amosadas en múltiples citas que paga a pena lembrar... pois, ás veces, o apelido infunde carácter.

As orixes deste apelido están vencelladas directamente á Milicia. Cóntanos D. µngel Suances ó falar da historia do castelo de Narahío que esta fortaleza "era propiedade de Gonzalo Piñeiro, señor de Narahío, quen posuía arsenais no porto de Neda para a construcción de naves. Nunha das andanzas do infante don Enrique de Trastámara, fuxindo do seu irmán o rei don Pedro de Castela —o mal alcumado como O Cruel- chegou a Pontedeume, acubillándose na Torre de Noguerosa, propiedade de Fernán Pérez de Andrade, VI señor de Andrade. Pero achegándose os homes de don Pedro, pregoulle o de Andrade ó señor de Narahío unha nave para que fuxira o de Trastámara, negoulla Piñeiro, e tivo que fuxir don Enrique polo porto herculino. Esta acción non a perdoou o de Andrade, e ó subir ó trono don Enrique, despois do fraticidio de Montiel, atacou e arrasou o castelo de Narahío, Gonzalo Piñeiro tivo que fuxir e perdeu o señorío, que concedeu don Enrique ó seu valido o de Andrade. Precisamente descendente deste Gonzalo Piñeiro foi Juan Piñeiro de Narahío, fillo de Xoán Pita da Veiga e de María Pardo de Lago, quen polo testamento da súa nai en 1580 reúne todos estes morgados. Este Xoán é sobriño do heroe de Pavía, e aínda que será a finais do XVI cando quedan directamente vencellados estes lustrosos nomes da nobreza galega, xa desde moito antes podemos concluír a estreita relación entre eles. De feito a orixe do apelido, con berce nas bisbarras do Ferrol, vai cinguida ó medrar do poder do señorío de Andrade e baixo esta poderosa "árbore'' medrará.

Así, e seguindo coa narracción que o P. Crespo realiza no seu sonado e valioso Nobiliario, unha escritura de cesión dos monxes do mosteiro de San Martiño de Xubia datada en 1472 acredita a ascendencia que os Pita da Veiga posuían xa naquel intre na Casa de Andrade. Engade o mesmo autor como aclaración histórica que "sabido é como os grandes servían o rei en todos os mesteres. Os nobres e fidalgos que non tiñan gran riqueza para soster unha gran casa, servían a outros señores máis poderosos, primeiro coma paxes, despois coma escudeiros, e logo coma capitáns das súas xentes de armas ou de guerra. Así, exercitábanse para ela e foron todos estes a base e levadura dos sonados Tercios Galegos, e logo, do verdadeiro exército''.

Só baixo estas consideracións podemos valorar as pioneiras actuacións relevantes dos "primeiros'' Pita da Veiga; entre os moitos exemplos que poderiamos citar cómpre salientar a do tío do heroe de Pavía, de nome tamén don Alonso, que participa na primeira expedición galega a Italia con Portocarrero e o conde de Andrade, xunto á intervención da célebre batalla de Seminara en 1472; igualmente na defensa que se arma nas vilas de Betanzos e da Coruña a propósito do nomeamento do Conde Benavente, don Alonso Pimentel, ou a concesión do señorío sobre o territorio, que implicará o cerco da cidade coruñesa durante case tres meses, entre os moitos nomes que xorden nesa defensa e contra o poder do conde de Benavente e na que están moitos nobres galegos, moi especialmente a Casa de Andrade —non en van, os mil peóns e cen lanzas que tiña dentro de murallas don Diego de Andrade foron factor decisivo na resistencia victoriosa da cidade— aparece tamén don Alonso Pita da Veiga; e igualmente na defensa heroica e no triunfo glorioso de Bicoca, xa no plano da intervención en Italia, na batalla que suporá un terrible 'borrancho'' na memoria militar francesa, tamén atopamos a figura de don Alonso; e finalmente, os feitos decisivos de Pavía, tanto na recuperación do estandarte de Borgoña como na prisión do rei Francisco I, sentan os alicerces máis lustrosos dunha activa e esplendorosa vocación á milicia.

A descendencia do heroe de Pavía —tralo seu enlace con dona María García de Vilousaz— quen tamén conta como destacado 'soldado' en Vicencio —7 de outubro de 1513— Gatinara, Seminara (como xa puidemos comprobar na Real Executoria concedida polo emperador Carlos V en Barcelona en 1529, e que temos transcrito nestas mesmas páxinas trala cesión do documento amablemente por parte da familia), e que lle servira xa con anterioridade ó rei Fernando o Católico nas súas empresas en Italia, sempre cos Tercios Galegos erguidos polo Conde de Andrade, non é moi prolixa. Fillos son don Alonso Pita da Veiga quen funda o morgado da 'Casa da Ponte e o capitán don Pedro Piñeiro de Narahío, de quen precisamente descenderá o capitán Xoan Pita Piñeiro, quen terá unha longa descendencia na Habana e de onde sairán moitos gardamariñas, sendo unha familia vencellada estreitamente á Armada. Precisamente neste ámbito militar continúase co ronsel de éxitos que o heroe de Pavía, e incluso cn anterioridade o tío deste último, iniciaran xa a finais do século XV. Será o rexedor do Ferrol, Don Alonso Pita, capitán de Tercios, e fillo de don Pedro de Lago e de dona María Piñeiro, quen amose o seu gran valor e probe a súa mestría e pericia militar nas guerras con Portugal en 1637, cando "no sitio de Monzón serviu con moito valor e afouteza como capitán; e ademais guiou os barcos que tiña sobre o Miño cos que atacaron ós portugueses que tentaban introducir un socorro ós sitiados, e afundiu unha nave, e detivo a capitana cargada de pertrechos e de municións de guerra e boca, poñendo o resto en fuxida e entrando despois coa súa xente na praza, e incluso tomou parte tamén no combate de Salvaterra''.

Escurecido pola gloria militar doutros nomes da liñaxe, é descendente directo deste morgado don Alonso López de la Vega, galego de Valdoviño, e loitador en Andalucía (que semella foi integrante dos Tercios e loitou intensamente na derrota da escuadra española en Cádiz infrinxida polo Marqués de Brezo), e que fundou dúas obras pías, unha en San Bartolomé de Segueiro e outra en Sevilla, en Triana, "para dotar doncelas novas e honestas que foran contraer matrimonio, legando para iso cuantiosos bens''.

Vencellado ó señorío e morgado e á Casa de Sedor —en Arzúa, de onde arranca precisamente esta quenda de artigos— cómpre citar a don Francisco Pita da Veiga, neto do heroe de Pavía, home docto e sabio da época —alcumado como o doutor 'Pita do Vilar'— que fora fiscal de guerra e mariña do Reino de Galicia, e home instruído do que se conta "medio reino solicitaba a súa intervención pola sabedoría que amosaba en diversas cuestións''.

Pita da Veiga como identidade da Armada Española\

Mais a crónica dos Pita da Veiga continuará escribíndose baixo o fragor da contenda, moldeando o señorío co valor e a ousadía: Trafalgar, Cuba, Filipinas... os escenarios máis sonados e épicos, as luces e sombras da historia militar española, moi singularmente da nosa Armada, vai ir acompañada coas armas deste apelido galego que pode presumir como poucos de contar con máis de 500 anos de servicio á Milicia... Alguén escribiu nalgunha ocasión que se o mar tivera dono tería que ser dos galegos, e do mesmo xeito, poderíamos dicir que se a Armada española tivera que identificarse cun nome, ningún outro máis lustroso que Pita da Veiga...

Incontables referencias

Tiñamos unha debeda pendente na procura da recuperación da memoria de don Alonso Pita da Veiga, un deses galegos sonados ós que os séculos foron agochando na súa grandeza, e onde o lenzo escuro do pasado foi esvaendo a grandeza da súa fazaña.

Esa debeda contraída coa familia Pita da Veiga, trala referencia que faciamos á mesma no noso devalar polas terras de Arzúa —comarca que estabamos a descubrirlles ós nosos lectores— consideramos que comeza a estar pagada. Tras varias semanas, a crónica da vida do heroe de Pavía quedou resumida, e aínda que son moitos os datos que se poderían engadir esperamos que aqueles máis interesados entendan que un xornal non é o lugar máis axeitado para facer un estudio pormenorizado e exhaustivo dunha figura e dun feito histórico.

En todo caso, non queremos rematar esta serie sen citar outras referencias desta saga de mariños e militares que tantas páxinas da nosa historia teñen protagonizado. Precisamente, e como nos aclaraba un informante da familia, o señor do Pazo de Sedor e Melide, Xosé Pita da Veiga, participará de forma moi activa nas rebelións liberais contra do absolutismo de Fernando VII, entre elas a de Porlier, tendo que sufrir desterro.

Igualmente pola relación cos episodios máis intensos da historia militar española do século XX, os Pita da Veiga posúen incontables referencias en tódolos ámbitos; desde o advento da República ata os pronunciamentos de Sanjurjo e o Alzamento Militar e posterior enfrontamento civil. Será Gabriel Pita da Veiga, ministro de Mariña durante a derradeira etapa de Franco e o inicio da transición, o militar máis destacado da familia en épocas recentes, aínda que tamén se pode citar o almirante Joaquín Pita da Veiga Jaudenes —quen fora director xeral do Ministerio de Defensa— etc...

Unha crónica de servidores da Armada que aínda continúa na actualidade.

Chamados a ser heroes



Pode que sexa a impronta, o selo, a esencia do apelido... Pode que incluso o destino, o azar, a vontade divina, ou os fíos estraños do devir inquedo acordaran manter unha tradición heroica... E pode que a lembranza daquel primeiro servicio ó rei marcara para sempre unha identidade... Así, cando un bota unha ollada á xenealoxía deste apelido ilustre non deixa de atopar incontables feitos de armas, onde o valor e as virtudes militares escintilan de xeito abraiante.

Seminara, Vicenzo, Pavía, defensa da cidade da Coruña, Monzón, loita contra do invasor inglés...

E Trafalgar, alí onde se gravou a lembranza máis dolorosa da nosa Armada... tamén alí un Pita da Veiga, don Andrés Pita da Veiga e Romero de Caamaño loita con todo o pundonor daquel que non sabe o significado da palabra rendición, resultando ferido a bordo da fragata San Agustín...

E Pontesampaio (cita emblemática da loita contra o francés, referencia básica da nosa historia particular de comezos do XIX, xunto a Elviña, a Moore, ou a aquel Cachamuíña), cando a gloria ten a faciana dun pobo unido, e alí de novo don Andrés xogando a ser heroe e deixando a pegada dunha liñaxe entregada ó exército e á defensa do país.

E no Callao, cando o mar se enche de sangue, e a historia se escribe con nome galego. Alí Gabriel Pita da Veiga e Victoriano Sánchez protagonizan estampas brillantes dirixindo a fragata Almansa.

Virtudes de cabaleiro e de home entregado plenamente a uns ideais; a defensa da súa patria e do seu Rei. Os mesmos ideais que abandeira o seu fillo Afonso Pita da Veiga e Morgado quen falecerá sendo alférez de navío no naufraxio do cruceiro Reina Regente.

E en Cavite, cando Alonso Morgado Pita Da Veiga, antes que renderse, acorda morrer enriba da súa vella e anticuada nave enfrontándose ó poderío naval americano. E Os Pita da Veiga en Cuba, e en Alhucemas, e no Mediterráneo... e o honor e a Milicia como "catecismo''...

Pode que estean chamados a ser heroes... Unha liñaxe histórica e toda unha historia detrás desta liñaxe.



As armas identificativas




Cando Carlos V asina en Barcelona, o 24 de xullo de 1529, o Real Privilexio polos feitos militares de don Alonso e concede as armas do escudo cuarteado establece o brasón máis significativo do apelido ("o campo cuarto de enriba vermello da cor do sangue nel unha manopla en sinal da que lle tomastes ó rei de Francia e unha coroa real de ouro un pouco máis arriba; e no cuarto de embaixo, o campo azul con tres flores de lis de ouro, que son as verdadeiras armas dos reis de Francia; e no cuarto dereito, teña o campo vermello como o cuarto de arriba, nel a banda devandita coas súas cruces; e no campo do cuarto sinistro, tamén vermello, nel o devandito Estandarte do devandito Serenísimo Rei de Hungría coas armas do noso Ducado de Borgoña; e timbrado o devandito escudo segundo e como do xeito que aquí vai pintado'').

Pero aquelas armas que a partir dese intre serán as identificativas dos Pita da Veiga adoitan en moitas ocasións mesturarse con outras que lembran os enlaces e relacións con sonados apelidos galegos como os Piñeiro, os Castro, os Lanzós, os Osorio, os Ribadeneira, os Bahamonde, etc...

Así, adoitan aparecer as cinco follas dos Figueroa, ou os dados con espada, ou os roeis dos Castro, ou os lobos pasantes, a árbore dos Piñeiro, ou a banda engolada en referencia clara ó vencellamento á casa de Andrade... O máis sonado da heráldica galega fundida nun apelido con eco de grandeza.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

DON ALONSO PITA DA VEIGA (I)

Mensaje por Milleiro »

http://www.galicia-hoxe.com/periodico/2 ... N27780.asp

DON ALONSO PITA DA VEIGA (I)
Un galego en Pavía
O capitán da Escuadra de Cabalería e lugartenente do Conde Don Fernando de Andrade alá polo século XVI, traballou en defensa de Fernando o Católico en Italia para despois servir á causa imperial de Carlos I. Nesa época participou na batalla de Pavía, o vi



Fernando Garea

N\a procura dos segredos que agacha celosamente cada vilariño, cada lugar e parroquia da nosa terra, citabamos hai algunhas semanas ó falar das casas patronais da bisbarra de Arzúa, o vínculo dalgúns destes predios con nomes resoantes do noso devir e en concreto referiamos a relación existente entre o Pazo de Sedor e a liñaxe dos Pita da Veiga, apelido lustroso e fachendoso, de sobranceira orixe galega, e que podería relatar un feixe de sobresaíntes feitos de armas pero que resoaba moi especialmente a través da figura de Don Alonso Pita da Veiga, o cabaleiro ferrolán, de Serantes, protagonista de épicas batallas e que probará de xeito definitivo a súa heroica actitude en Pavía, alí onde as tropas do Emperador Carlos V lles inflixen ós franceses a máis dura e humillante derrota... A historia da batalla de Pavía, da detención e cadea do soberano Francisco I, do erguemento da grandeza e poder de Carlos I, escribiuse paralelamente á vida dun galego e dunha liñaxe... a de Alonso Pita da Veiga.

"Este ejército que ves / vago la hielo y al calor / la república mejor / y más política es / del mundo, en que nadie espere / que ser preferido pueda / por la nobleza que hereda / sino por la que adquiere: / porque aquí a la sangre excede / el lugar que uno se hace / y sin mirar como nace / se mira como procede. / Aquí la necesidad / no es infamia; y si es honrado, / pobre y desnudo un soldado / tiene mejor cualidad / que el más galán y lucido; / porque aquí a lo que sospecho / no adorna el vestido al pecho / que el pecho adorna al vestido''. Estes sonados versos que Calderón escribía loando as virtudes do exército daquela España que no XVI tentaba dominar case que todo o mundo coñecido, ben poderían acompañar a presentación dun personaxe da talla de Don Alonso, ó servicio dos Tercios Galegos, tercios que dirixía outro non menos sonado apelido tamén galego, ¡nada menos que a casa de Andrade!, en concreto D. Fernando de Andrade de quen tantas grandezas se ten escrito, o II conde de Vilalba, verdadeiro martelo contra dos franceses ós cales venceu admirablemente en Seminara (e de onde proceden precisamente os dezaoito pendóns galos que se reproducen no escudo de armas que os Andrade amosan na torre da fermosa vila de Pontedeume), e poder real e efectivo da Galicia do primeiro tercio do XVI.

Probada fachenda e señorío daquel Andrade de quen nos informa Murguía cando narra a experiencia militar do conde en terras italianas que "os seus Tercios estaban formados por cinco mil homes, dos cales soamente dúas compañías eran asturianas e o resto galegas todas, a meirande parte de Cabalería, e o conde levaba como capitáns a Alonso Pita da Veiga e a Luis Méndez de Figueirido, de quen Zurita afirma que "se guiaba moito o conde'', e os celos que espertou o de Andrade nos seus émulos, como homes afeitos á guerra, ó seren mandados por un mozo como era o conde, acadou o seu grao máximo despois de obtida a victoria no glorioso combate de Seminara, que foi a primeira batalla na que entrou e o primeiro triunfo conseguido.

Na devandita batalla deu mostras o conde da súa grande habilidade e de mandar tropas moi afoutas, pois dispoñéndose de tal xeito acordou a sorte da batalla formando un 2º Corpo, coa súa División, e Andrade levou o mellor da xornada, pois, colocado á fronte da cabalería, derrotou enteiramente a San Severino, decidindo pola súa propia man o éxito da batalla dada baixo a súa dirección.

Foi sonada a xornada, especialmente por ser antes vencido, naquel mesmo sitio, o Gran Capitán, e tamén por derrotar ó afamado D. Aubigay, vencedor de Gonzalo de Córdoba.

E tanto mortificou a este o éxito do Conde Don Fernando de Andrade, que o xa devandito Zurita di que chegou a pregarlle ó rei que lle permitira volver á casa. Prudente o soberano, calmou as cousas, dando ó de Andrade o mando da Cabalería, e o da Infantería ó Gran Capitán''.

E naturalmente tan oportuno tanta mestría e virtude no exercicio do poder, tiña que ser complementado con semellantes capitáns. Entre eles, como citabamos e como se sinalan nas crónicas da época, un tal Don Alonso Pita da Veiga, pioneiro dunha liñaxe medrada nos tempos mornos do XV, cando o país se desangra nunha intensa confrontación civil entre Don Pedro, o mal alcumado como 'O Cruel', e Don Enrique de Trastamara, e onde os xinetes do Apocalipse —entre eles o terrible andazo da Peste Negra e a herdanza en forma de fame e pobreza— debuxaban un horizonte escuro e tenebroso.

Neses tempos inquedos, segundo nos informa o excelente Nobiliario do P. Crespo, Don Pedro Morado Morado, rexedor do Ferrol, despósase con María Francisca Fernández da Veiga, da antiga familia de Lago, do lugar do seu solar, freguesía de Labacengos, termo municipal de Moeche. De resultas deste enlace e como fillo segundón nace Alonso Pita —a quen como sinalan Llorca Freire e o Marqués de Rafal no estudio do privilexio concedido polo emperador Carlos V— o cal axiña entra a servir á milicia, comezando deste xeito unha carreira de armas que lle vai deparar numerosos éxitos.

Sempre baixo a protección da Casa de Andrade, Don Alonso chegará a ser capitán da Escuadra de Cabalería e lugartenente do Conde Don Fernando. Xunto cos Tercios, no batallón formado case en exclusividade por galegos, emblemático corpo armado que encherá de luces a historia militar de España (e tamén dalgunha vergoñenta sombra, entre elas a do noxento episodio do saqueo de Amberes), participa primeiramente na defensa dos intereses e dereitos que posuía Don Fernando o Católico en Italia, e con posterioridade tamén defenderá a causa imperial de Carlos I, posuíndo participación activa e sobresaínte nas grandes citas militares de nomes ben sonoros como Gatinara, Seminara, e sobre todo, Pavía, cando o vintecinco de febreiro de 1525, o Exército español —¡ou mellor habería que dicir, imperial, pois o continxente alemán e doutras nacionalidades é tan numeroso como o da península!— logra fronte ós franceses —invasores de Lombardía— e dirixidos persoalmente por Francisco I, unha das máis sonadas victorias da época, de grande transcendencia e exemplo da mestría da estratexía militar.

Alí en Pavía, entre o rumor furioso dos sabres, entre o balbordo dos arcabuceiros e piqueiros, entre o resoar das pezas de artillería, Don Alonso, retando o imposible, desprezando o medo e a morte, en compaña doutros dous xinetes, o vasco Urbieta e o andaluz de Granada, Dávila, recuperan o estandarte de Borgoña en poder do inimigo nun derradeiro esforzo, cando xa a sorte da batalla semella inclinarse definitivamente a prol dos intereses do Imperio, participan no apresamento de grande parte da nobreza francesa e entre ela, do propio soberano Francisco I.

Pero a gallardía e valerosa actitude deste capitán non pode rematar no campo de batalla. Como bo cabaleiro, lonxe de amosar soamente no combate as virtudes, tamén exerceu o señorío máis aló. En concreto, e segundo narran as crónicas da época, a Don Alonso Pita da Veiga haberá que atribuírlle a salvación da vida do soberano francés. De tal feito ben pode ser testemuño fidedigno a Real Cédula que uns días máis tarde asina e redacta o propio Francisco I —documento que na actualidade aínda se atopa en poder da familia Pita da Veiga— e na que se pode ler: "Francisco, pola gracia de Deus, rei de Francia: Facemos saber a todos calesquera, que Alonso Pita foi dos primeiros que foron á nosa cadea, cando fomos feitos prisioneiros diante de Pavía. E da súa axuda e poder asistiunos a salva-la vida, da que lle somos atenidos. E porque esta é a verdade temos asinado da nosa man en Pizzegthone o 4 de marzo de 1525''.

A xusta homenaxe ó capitán galego

Hai xa algúns días recibiamos un correo electrónico onde Don Ramón Pita da Veiga certificaba algúns dos datos que nós tiñamos exposto nestas mesmas páxinas sobre a relación de Don Alonso Pita da Veiga e o solar de Sedor, pazo en terras de Arzúa, comarca que estamos a descubrir nestes últimos meses.

A maxia da informática, a posibilidade da lectura dixital do noso xornal, axudaba a anular as distancias, e desde a cálida e fermosa Palma, Don Ramón establecía con nós unha serie de contactos que nos axudaron a resucitar unha apaixonante historia; a historia anónima e descoñecida dun galego, heroe en Pavía. Precisamente, como adoita ser demasiado habitual na nosa terra, un feito da resonancia salientable deste, anécdota histórica pero fermosa e sobresaínte anécdota, pasaba desapercibido, esvaído, esquecido...

Pola contra, a Rexión de Lombardía, o concello de Pavía e o de San Xenesio, no Milanesado, acaban de celebrar unha homenaxe na memoria do capitán galego, cunha serie de actos diversos e patrocinados por diversas institucións, na que se tentaba recuperar a memoria daquela xornada decisiva para a historia local e para a historia europea do momento, e ó tempo resucitar os protagonistas daqueles feitos.

Naturalmente á homenaxe celebrada convidouse a varios membros da familia Pita da Veiga, ilustre apelido historicamente vencellado á carreira militar, moi especialmente á Armada, e do que moitos lembrarán a quen fora ministro nos derradeiros tempos do pasado réxime e transición.

Os nosos medios de comunicación a penas reproduciron unhas breves liñas de axencia sobre este feito, esquecendo que a historia anónima de moitos, é tamén parte fundamental da historia e da cultura dun pobo.

Na procura de recuperar os nomes, os exemplos, os episodios, a lenda e a fantasía —tarefa na que levamos anos e pola que seguimos apostando— comezamos hoxe a crónica daquela aventura de Don Alonso Pita da Veiga.

Se un galego foi decisivo en Pavía ben paga a pena unha xusta homenaxe. ¿Non si?


Entre Ferrol e Arzúa

As orixes de Don Alonso están, como a de moitos personaxes de lustrosas e antigas liñaxes que camiñan entre a lenda e a realidade mesturando fantástica fermosura con imposible realidade, mergulladas na esvaída estampa do silencio e do misterio.

Aínda que vencellado a moi diversos lugares, todo semella indicar que Don Alonso era natural do Ferrol, ou polo menos os documentos posteriores axudan a corroborar esta hipótese pois así o expediente de nobreza instruído ó seu neto co fin do ingreso como colexial de Fonseca en Compostela sinala que "Alonso Pita da Veiga mandou enterrase no mosteiro de San Francisco da vila de O Ferrol, de onde era natural''.

Semellante afirmación cítase e aválase noutros documentos na obra de Llorca Freire, e o P. Crespo, citando a Riobó Seixas, infórmanos de que "foi natural este Pita da Veiga de Serantes, lugar inmediato á vila de O Ferrol, bispado de Mondoñedo''.

En troques, outros autores como Cruceiro Freijomil dan por feito a pertenza do berce á vila de Pontedeume, "de onde viría servir á casa de Andrade e onde quedará constancia como solar da súa relación coa vila''; dato este que tamén se reproduce na Xeografía do Reino de Galicia de Carreras Cundí.

Precisamente nos documentos que se tiñan no arquivo do soar arzúan de Sedor, na parroquia de santa María de Castañeda, aparece parte das informacións que antes citabamos e que expoñía Don Francisco Pita da Veiga e do Vilar, avogado da Real Audiencia, e na que se insistía na vella fidalguía do apelido incluso no recoñecemento concedido por Carlos V pola súa participación dos feitos decisivos de Pavía. Nese mesmo documento citábase a decisión de Don Alonso de ser soterrado no templo de San Francisco, no lugar que foi o seu berce.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Pita da Veiga

Mensaje por Milleiro »

Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- A xenealoxía máis accesible na actualidade sobre os PITA DA VEIGA é a que publicou o P. Crespo del Pozo, arriba citado. Si ben, no referido estudio hai algúns persoeiros e enlaces confusos que poden inducir a erros de apreciación, por canto non foron persoeiros ou circunstancias documentadas con demasiado rigor, sobre todo no referido ós ascendentes de Alonso Pita da Veiga "o de Pavía" e ós Piñeiro de Narahío. Asimesmo, hai algúns pequenos erros e desaxustes de filiación nas diversas descendencias dalgúns persoeiros posteriores. Tamén, non son exactos todos os datos que se ofrecen sobre morgados e vínculos en posesión desta liñaxe, confundindo en moitos casos o descender dunha Casa coa posesión do morgado. En fín, diversos aspectos que, como sempre, cumpre fiar amodiño.
- Certamente, o foro do Concello de Ferrol, arriba citado por Milleiro, contén un extenso e curioso debate así como moita información sobre varios aspectos tocantes a este tema. O foro semella que xa está pechado, pero pódese ler. Titúlase: Alonso Pita da Veiga.
- Por último, e para respostar a Lamigueiro e á súa pregunta coa que iniciou este tema. Tanto as liñas "chamadas" de Serantes como a de Mandiá, dos Pita, están bastante ben expostas na referida obra de Crespo del Pozo. Pero, ..., fago fincapé no que digo arriba con respecto a algúns desaxustes de filiación e omisión de persoeiros, así como de "incorporar" títulos e morgados de dubidosa exactitude.
- Un Saúdo e, por certo, ...., ALONSO PITA DA VEIGA "o de Pavía", foi nado en FERROL e aveciñouse nunha longa etapa da súa vida en MANDIÁ, seus pais foron o rexedor PEDRO DE MORADO e TAREIXA PITA DA VEIGA, non María Fernández de A Veiga como se dí por aí arriba. Casou con MARÍA GARCÍA DE VILOUZÁS, quen trala morte do seu marido retirouse á "súa" casa de Pontedeume ... Esta señora, era quen descendía por vía paterna dos PIÑEIRO DE NARAHÍO, da Casa-Torre de Santiago de Franza (Mugardos).
Avatar de Usuario
veremudus
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 241
Registrado: 23 Oct 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por veremudus »

- ¡¡¡Uuufff!!!.
- Unha vez de ler pausadamente o extenso artigo do xornal Galicia Hoxe que Milleiro tivo a ben nos obsequiar, da autoría dun Fernando Garea, cumpre poñer algunhas "pegas" ó alí afirmado.
- Nese artigo hai varias confusións de nomes e persoeiros, así como de datas e feitos. Por exemplo, A "aventura" da posesión do Castelo de Narahío por Gonzalo Piñeiro e a "desventura" deste en mans do "malvado" Fernán Pérez de Andrade, NON CONSTA DOCUMENTALMENTE EN NINGURES (ou polo de agora, non apareceu documento algún que o asi o xustifique).
- Por exemplo e por outra parte, non se comenta alí algo tan esencial como que o Pazo de Sedor (Arzúa) entrou na rama dos Pita da Veiga (Pita do Vilar, nomeábanse a si mesmos na época) por matrimonio, e foi no s. XVII. Ademáis, esta liña dos PITA DO VILAR que arrincaba de XOÁN PITA DA VEIGA E PIÑEIRO, fillo de Alonso o de Pavía QUE NON SE MENCIONA no artigo de arriba, non era a da "Rama de Pontedeume", da que se fala máis propiamente a nivel de sucesión no devandito artigo.
- En fin, sin quitarlle mérito ó escrito, que o ten, hai que sinalar que incurre en varias imprecisións históricas e xenealóxicas.
- Saúdos.
Avatar de Usuario
baba
Novo
Novo
Mensajes: 10
Registrado: 13 Mar 2006, 09:00

Mensaje por baba »

Por lo que he visto hasta ahora solo existe información sobre los Pita da Veiga de Serantes y Mandia. Y todo el mundo hace referencia a ellos.

Por lo poco que se hasta ahora, no entiendo porque la rama parece encajada en esa zona.
Si uno de los primeros Pita da Veiga era Sr. de Vilacornelle y ese lugar existen en el termino municipal de Narón, en la zona del Meson A Ponte en el Val, lo logico es que se extendiensen en diferentes direcciones a partir de ahí y no unica y exclusivamente a Serantes. Claro que mis conocimentos en el tema son escasos y puedo confundirme.

A mi en concreto me interesa la rama que existe en Doso en el siglo XVIII.

Saludos a todos.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

D. JOSÉ PITA DA VEIGA

Mensaje por serba »

En el Tomo III, páginas 176 a 180, -2.ª edición- "Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo", hay un capítulo del autor D. Narciso Peinado sobre documentación existente sobre D. Alonso Pita da Veiga, guardada en el archivo de los descendientes, y expone la certificación hecha tras la Batalla de Pavía, fechada dicha certificación el 24/2/1525, firmada por el conde de Salmo, de nombre Macolas [que según el autor corresponde a Nicolás]. Detalla el texto completo. También añade la Cédula Real, en la p. 178 se ve el blasón.

<<En barcelona.=ARMAS.=Merced de Armas a Alonso Pita da Veiga. 1529 años.>>
... por la presente de nuestro propio moto y carta y poderio Real absoluto de que en esta parte queremos usar y usamos como reis y señores naturales, es nuestra merced y voluntad de os hazer merced y conceder y dar por Armas un escudo cuarteado al campo del cuarto de encima colorado de color de sangre y en el una manopla, en señal de la que tomastes al dicho rey de Francia y una corona real de oro un poco más arriba de la dicha manopla, y del quarto de abajo el campo azul con tres Flores de lises de oro, que son las Armas de los reis de Francia, y el quarto drecho tenga el campo colorado como el quarto de arriba y en el la banda susodicha con sus cruzes y en el campo del quarto siniestro ansimismo colorado y en él el dicho estandarte del serenísimo rey de Ungria con las armas de nuestro ducado de Borgoña y timbrado el dicho escudo segundo y como de la manera que va puesto y sentado aquí, las quales dichas Armas vos damos y concedemos para vos y para vuestros hijos y descendientes perpetuamente para siempre jamás ... -texto extenso- ...
... Dada en Barcelona a veinte y cuatro dias de Julio año nascimiento de Nuestro Señor y Salvador Jesucristo de mil e quinientos veynte e nueve años. _Yo EL REY._ Yo Pedro de Çuarçola Secretario de las Cesareas y Católicas Magestades lo fiz escrebir por su mandado. _Ydiaquez.
Archivo de Simancas. _Negociado de Mercedes, Privilegios, Ventas y Confirmaciones, Legajo 388.
En el Tomo IV, páginas 274 y 275, el mismo autor escribe:

"Los descendientes del héroe de Pavía, D. Alonso Pita da Veiga".

En este caso con la filiación directa desde DON JOSÉ PITA DA VEIGA [y Taboada] hasta su séptimo abuelo: D. ALONSO PITA DA VEIGA.

Según la documentación consultada por D. Narciso Peinado:

<<Hojeando amarillentos pergaminos, hallé entre ellos un viejo libro encuadernado, de tapas verdes y dibujos barrocos en hojas de vitela ... era el REAL DESPACHO GENEALÓGICO extendido por el REY DE ARMAS de S. M. D.ª Isabel II, D. Luis Vilar Pascual y Pradas, a favor del Caballero D. JOSÉ PITA DA VEIGA, que quiso acreditar su nobleza y limpieza de sangre para tomar el hábito de una de nuestras Órdenes Militares, cosa por entonces (1857) tan del gusto de nuestros nobles hidalgos.

Copiado a la letra nuestro libro, dice:

YO DON LUIS VILAR PASCUAL Y PRADAS, Caballero de la Ínclita Orden Militar de San Juan de Jerusalén, individuo de varios Cuerpos científicos y literarios, Cronista Rey de Armas, de número de S. M. C. la Señora Doña Isabel II, Q. D. G. Reina de las Españas. "Por cuanto por parte del Señor DON JOSÉ PITA DA VEIGA, se nos han exhibido diferentes documentos justificativos, donde consta su filiación, legitimidad, cristiandad, limpieza de sangre y nobleza notoria, así mismo que ser hijo legítimo y de legítimo matrimonio de:

D. MARCOS PITA DA VEIGA y D.ª ANA MARÍA TABOADA MOSCOSO

Nieto paterno de:

D. GONZALO PITA DE VEIGA y D.ª JOAQUINA NÚÑEZ TABOADA

Segundo nieto de:

D. MATEO PITA DA VEIGA y D.ª CATALINA PORRAS GAYOSO

Tercer nieto de:

D. FRANCISCO PITA DA VEIGA y D.ª CATALINA DE TABOADA Y BARRIO

4.º nieto de:

D. MATEO PITA DA VEIGA y D.ª ANTONIA SOMOZA

5.º nieto de:

D. FRANCISCO PITA DA VEIGA y D.ª MARÍA DE MANDIÁ Y PARGA

6.º nieto de:

D. JUAN PITA DA VEIGA y D.ª MARÍA ORTIZ

Y, 7.º nieto de:

D. ALONSO PITA DA VEIGA y D. MARÍA GARCÍA>> ...

...
... Y PARA QUE CONSTE y a los fines y usos que le sean conducentes al Señor D. JOSÉ PITA DA VEIGA, damos el presente Certificado Real Despacho Genealógico, que sellamos con nuestras Armas y firmamos de nuestra mano en esta Villa y Corte de Madrid a diecinueve de Noviembre de mil ochocientos cincuenta y siete. _Luis Vilar y Pascual (rubricado). _Hay un sello adherido, con un escudo de Armas en color blanco que dice: <<Rey de Armas de S. M. >>
...


PD: Estoy pasando a un .doc el resto del artículo...

Saludos
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

PITA DA VEIGA

Mensaje por serba »

Seguimos con el mismo personaje del mensaje anterior, el que obtuvo el Certificado Genealógico expedido por el Rey de Armas de S.M.

- DON JOSÉ PITA DA VEIGA [y Taboada]
Falleció soltero, sin sucesión, heredando y vinculándose la Casa en su hermano:

- D. AGUSTÍN PITA DA VEIGA Y TABOADA, c. c. D.ª JOSEFA BECERRA Y GÓMEZ DE RANCAÑO, que al no tener hijo varón los hereda su hija:

- D.ª AMALIA PITA DA VEIGA Y BECERRA, c. c. D. JUAN DIEGO OSORIO DE ALBAREDO Y PARDO DE AGUIAR -Doctor en Jurisprudencia por Bolonia. Miembro por Galicia de las Cortes Constituyentes, en 1854-. Hijo suyo y heredero fue:

- D. RAMÓN OSORIO Y PITA DA VEIGA, c. c. D.ª DOLORES PEDROSA Y PÉREZ DE PORRAS y t. a:

-D. GONZALO
-D. AGUSTÍN
-D. RAMÓN
-D. JOSÉ
-D.ª PAZ
-D.ª MERCEDES
-D.ª AMALIA
-D.ª RAMONA
-D. ANTONIO OSORIO PEDROSA

Y del segundo matrimonio con D.ª MARÍA DEL PILAR LÓPEZ CANTABRANA, t. a:

-D.ª MARÍA, D. LUIS (fallecidos) y D.ª PURIFICACIÓN OSORIO LÓPEZ Y PITA DA VEIGA, habiendo tenido sucesión hasta hoy, D. Agustín y D. Antonio; D.ª María y D.ª Paz, representando la línea directa, D. RAMÓN OSORIO BANDE, con el que el apellido PITA DA VEIGA, aparece ya en sexto lugar, pudiendo considerarse en sus posibles descendientes, esta rama extinguida.



{{"Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo". Tomo IV. Página 275- 2.ª edición 2007}} Del capítulo:
"Los descendientes del héroe de Pavía, D. ALONSO PITA DA VEIGA".

[Escribe el autor del artículo -D. Narciso Peinado-: <<Prosiguiendo, por nuestra cuenta y riesgo, el linaje de los PITA DA VEIGA...>>]
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: PITA DA VEIGA

Mensaje por serba »

serba escribió:... D. AGUSTÍN PITA DA VEIGA Y TABOADA, c. c. D.ª JOSEFA BECERRA Y GÓMEZ DE RANCAÑO, que al no tener hijo varón los hereda su hija:

- D.ª AMALIA PITA DA VEIGA Y BECERRA, c. c. D. JUAN DIEGO OSORIO DE ALBAREDO Y PARDO DE AGUIAR -Doctor en Jurisprudencia por Bolonia. Miembro por Galicia de las Cortes Constituyentes, en 1854-...
Olvidaba comentar que la esposa de este D. Agustín Pita da Veiga y Taboada, D.ª Josefa Becerra y Gómez de Rancaño, ya estaba en otro mensaje del foro, en un trabajo sobre los PAZOS DE NAVIA DE SUARNA, concretamente en el "PAZO DE ABAIXO", -Santiago de Galegos, Navia de Suarna-
viewtopic.php?t=5474
serba escribió: 9º: D. JOSÉ RAMÓN BECERRA LAMAS, b.º el 13/10/1775 en Santiago de Galegos. Fue Diputado en las Cortes de Cádiz de 1812 -1834 a 1836 y siguientes, por Lugo, y de 1841 a 1842 por Ourense.
C. c. D.ª Ana María Gómez Rancaño y Saavedra, de la afamada CASA DE S. MARTIÑO DE CARBALLIDO. T. p. h. a:

10º: - D. GONZALO BECERRA LLAMAS Y GÓMEZ DE RANCAÑO , q. s. l. l. -B.º en S. Martiño de Carballido el 10/2/1816-.
- D. Manuel
- D.ª Teresa, c. c el Señor Baeza
- D.ª Hermitas, c. c. el Señor Sabater.
- D.ª Estrella, c. c. el Señor Movellán, y,
- D.ª Josefa, c. c. el Señor Pita da Veiga...

PD: Voy a editar el otro trabajo para completar los datos...


Saludos
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Álvaro Pita da Veiga y Morgado. General de caballería

Mensaje por serba »

"Álvaro Pita da Veiga y Morgado. General de caballería"
Álvaro Pita da Veiga y Morgado, nació en Ferrol el 9 de enero de 1888. Hijo del Contraalmirante de la Armada, Gabriel Pita da Veiga y Solloso y Carmen Morgado y Pita da Veiga.
Siguió como todos sus hermanos varones la tradición familiar que ha ligado el apellido al servicio de las Armas desde el siglo XV, singularmente a la Armada Española.
Es descendiente directo de Alonso Pita da Veiga que hizo prisionero a Francisco I en la Batalla de Pavía (1525).
Con sólo 7 años asistió a la trágica pérdida de su hermano mayor, el Alférez de Navío Alfonso Pita da Veiga y Morgado, que desapareció con toda la tripulación en el naufragio del Crucero ”Reina Regente” la noche del 9 de marzo de 1895 en un viaje de instrucción de Tánger a Cádiz.
El General falleció en Valladolid el 1 de enero de 1976. Estaba casado con María Luisa Cogolludo.
http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/72358
- Enlace: "Teresa Piñeiro y Pita da Veiga"
viewtopic.php?f=16&t=3274
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Pita da Veiga

Mensaje por serba »

Ha fallecido en Madrid donde residía, María del Carmen Díaz del Río Romero, viuda del recordado Contralmirante de la Armada Juan de la Riera Álvarez.
María del Carmen Díaz del Río pertenecía a una larga estirpe de marinos, su padre fue el almirante Guillermo Díaz del Río y Pita da Veiga. Era una persona muy ligada a la ciudad naval en la cual residen varios familiares a los que solía visitar todos los años.
http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/75384
Q.E.P.D.
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

José Morgado y Pita da Veiga, n. en Ferrol. 1845

Mensaje por serba »

Tal día como hoy:

(1845)- Nació en Ferrol José Morgado y Pita da Veiga. Vicealmirante de la Armada Española.
http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/120323
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Almirante Gabriel Pita da Veiga, Ministro de Marina

Mensaje por serba »

El almirante Gabriel Pita da Veiga, Ministro de Marina entre los años 1973 y 1977, aparece en esta fotografía durante una visita a la ciudad de Lugo en el mes de octubre de 1974. El ministro, de origen ferrolano, pasó revista a las tropas en un acto que tuvo lugar en la Praza Maior lucense.

PEINÓ https://i.avoz.es/sc/GPmAusfI0CLqgkLBB5VBTJRxyeo=/900x/2017/06/20/00121497973981913890231/Foto/LJ21C11F3_175120.jpg http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lu ... 658634.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Alonso Pita da Veiga

Mensaje por serba »

Una plaza, calle o placa para Alonso Pita Daveiga (I)
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 98709.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Alonso Pita da Veiga

Mensaje por serba »

Gabriel Pita da Veiga Goyanes y Joaquín Pita da Veiga Subirach

Una plaza, calle o placa para Alonso Pita da Veiga (y II)

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 98797.html

Privilegio de Armas concedido por el Emperador Carlos V junto con la cédula firmada por Francisco I, ambos documentos originales todavía en poder de la familia

http://www.diariodeferrol.com/media/diariodeferrol/images/2017/08/09/2017080921353720530.jpg
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Alonso Pita da Veiga

Mensaje por serba »

Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

'Familia Aperribay Pita da Veiga: Inventario do fondo documental'

Mensaje por serba »

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/styles/medium/public/images/publicacion/familia_aperribay_pita_da_veiga.jpg?itok=_zizyexR
Sinopse

Estudo arquivístico do fondo documental da familia Aperribay Pita da Veiga. Comprende o contexto histórico-social, a forma de entrada no arquivo e o contido da documentación. Complétase co inventario da documentación, que vai acompañado de índices cronolóxicos, alfabéticos e ilustracións.

https://libraria.xunta.gal/gl/familia-a ... o-fondo-do
cumental
Poblada soledad es hoy el mundo.
Fernando Dopico B.
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 308
Registrado: 16 Dic 2007, 20:33

Re: Pita da Veiga

Mensaje por Fernando Dopico B. »

• Novedoso e ben documentado traballo recén publicado, coa figura do héroe ferrolán Alonso Pita da Veiga († 1554) como eixo central e fío conductor. → Gabriel Pita da Veiga Goyanes & Joaquín Pita da Veiga Subirats, «La prisión del rey de Francia: Consideraciones sobre la captura de Francisco I y sus verdaderos protagonistas», Revista de Historia Militar, 127 (2020), pp. 143-192.
https://publicaciones.defensa.gob.es/re ... lqiTfhi_TY
[img]
La prisión del rey de Francia.jpg
[img]
Avatar de Usuario
alexreg
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 04 Sep 2020, 01:48
Ubicación: United Kingdom
Contactar:

Re: Pita da Veiga

Mensaje por alexreg »

Hola a todos,

Primero, perdonad mi castellano; soy británico y no es mi madrelingua. Soy descendiente del capitán Alonso Pita da Veiga por su tataranieto Pedro Pita da Veiga, también capitán, y "señor de la casa de la Puente" (de Eume), que murió en Pontedeume in 1695. El linaje remontandose a Don Alonso y su mujer María García de Vilouzás resulta muy claro, y la ascendencia de María García de Vilouzás puede ser extendido más allá con mucha confianza. El problema, de lo que he leído, es identificar los padres y los abuelos del mismo Don Alonso. He visto esencialmente dos fuentes que entran en conflicto.

1. El árbol en el sitio web Xenealogia de Ortegal, que parece basarseen las investigaciones de Gabriel Pita da Veiga y Goyanes y el libro de Crespo del Pozo (al que no tengo acceso). Esto indica que el padre de Don Alonso era un Don Pedro de Morado, regidor de Ferrol, y que murió después de 1531, y que su padre era Don Juan Yáñez (de) Morado. También indica que la madre de Don Alonso era María Fernández (de Lago), señora de Vilacornelle, hermana de Teresa Vázquez, y hija de Don Juan Pita da Veiga y Doña Milia López de Lago.

2. El artículo de Dr. Luis Valero de Bernabé y Martín de Eugenio, director del Colegio Heráldico de España y de las Indias (que según parece, cita fuentes diferentes). Él sugiere, por otro lado, que Don Alonso tuvo como padre un Don Pedro Pita de Morado, asimismo regidor de Ferrol, y como madre una Doña María Fernández d'Aveyga (da Veiga). También indica que los padres de Don Pedro Pita de Morado eran Don Juan Pita y Doña María Vázquez, que parecen corresponder a los padres de la mujer de Don Pedro Morado según Gabriel Pita da Veiga. Otra referencia interesante es el testamento de Doña María, madre de Don Alonso, que indica que su marido Don Pedro ya había fallecido antes de 1499, contradiciendo lo que se ve en Xenealoxia do Ortegal. Este artículo da más información interesante, como un tío de Don Alonso que se llamaba también Alonso, hermanos de Don Alonso, y otros hijos de Don Alonso que no se encuentran ni en Xenealogia de Ortegal ni en el trabajo de Gabriel Pita da Veiga. Sin embargo, lo que me hace un poco suspicaz son las formas de los apellidos en el artículo de Dr. Luis: parecen ajustarse al estilo castellano y moderno cuando sea posible. Me resulta, tal vez, un poco demasiado "arreglado" que el padre de Don Alonso Pita da Veiga lleve el apellido Pita (de Morado) y la madre (Fernández) da Veiga. Como sabemos, las reglas acerca de los apellidos gallegos en esta época (y aún posteriormente) eran muy caóticas... casi no existaban!

Por lástima, no he podido leer la mayor parte de los fuentes originales que utilizan estos tres autores (incluyendo Crespo del Pozo), por tanto en este momento tengo mucha confusión respecto a los antepasados inmediatos de Don Alonso. Me interesaría mucho saber tus pensamientos sobre este tema. Muchas gracias de antemano.

Un saludo.
Fernando Dopico B.
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 308
Registrado: 16 Dic 2007, 20:33

Re: Pita da Veiga

Mensaje por Fernando Dopico B. »

* alexreg.
Fíate de lo que escribió y te pueda decir Gabriel Pita da Veiga y Goyanes. El artículo de Valero de Bernabé incurre en numerosos errores genealógicos, imprecisiones y, por lo general, falta de sostén documental.
Avatar de Usuario
alexreg
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 04 Sep 2020, 01:48
Ubicación: United Kingdom
Contactar:

Re: Pita da Veiga

Mensaje por alexreg »

De acuerdo, Fernando. Charlé un poco con Gabriel después de escribir este mensaje, y gentilmente me aclaró unas cosas.
Responder