Cronoloxía Histórica de Galiza

Feitos do noso pasado común
Responder
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Cronoloxía Histórica de Galiza

Mensaje por lamigueiro »

CRONOLOXÍA HISTÓRICA DE GALIZA.



PREHISTORIA.

5.500 a. C.- Aparecen as primeiras arquitecturas: medoñas, antas, mámoas, pedras fitas e petroglifos.

4.000 a. C.- Aparición da metalurxia e a cerámica campaniforme.

1.800 a. C.- A Idade de Bronce ten os seu apoxeo en Galiza. Fortes relacións comerciais no atlántico.

900 a. C.- comenza o periodo Sub-atlántico o clima de Galiza é xa mais ou menos como o coñecemos hoxe.

700 a. C.- Aparece a Cultura Castrexa. Primeiras relacións comerciais co mundo mediterraneo.

600 a. C.- Finaliza a Idade de Bronce. Comenza a Idade de ferro.

200 a. C.- A Cultura Castrexa ten o seu apoxeo.

IDADE ANTÍGUA.

139 a. C.- Primeiro contacto galaico-román. A incursión de Quinto Servilio Cepión que desvasta as terras dos Gallaici.

137 a. C.- Incursións de Décimo Xunio Bruto, que chegará a ser chamado "O galaico". Época Xulio-Claudio.

100 a. C.- Época Flavia Román. A cultura Galaica segue a ser ágrafa.

25 a. C.- Comenzan as Guerras Cántabras.

22 a. C.- Astures e Cantabros tornan a sublevarse. Nesta data aconteceu o famoso episodio de Monte Medulio.

1 a. C.- Aparecen as primeiras mencións as divisións territoriais. Os Conventos Xurídicos.

15 a. C.- Censo de Agrippa. O convento Lucense ten 16 pobos e 166.000 homes libres o Bracarense 24 e 285.000.

68 d. C.- Desaparece a organización militar augústea no NW. Galba sublévase o emperador Nerón.

70 d. C.- O historiador Plinio fai as primeiras relacións de pobos que ocupan o noroeste.

74 d. C.- A I Gallica volve a Aquis Querquernis. (Bande Ourense).

79 d. C.- Erupción do Vesubio e desaparece Pompeia. Na Gallaecia e inaugurada a Via Nova e a cidade de Aqua Flaviae (Chaves)..

200 d. C.- Desaparece a Cultura Castrexa e indíxena e da paso a sociedade galaico-román.

218 d. C.- Eclosión de Viás na Gallaecia. Colocánse os cinco miliarios de Chaves. Tempos do emperador Caracalla.

300 d. C.- As élites galaicas-románs empezan a escribir en latín.

370 d. C.- Prisciliano aparece na historia de Gallaecia. Aparición das primeiras comunidades cristiáns.

385 d. C.- Prisciliano e executado en Tréveris. Os seus restos son traidos a Gallaecia e comenzan a ser venerados.

400 d. C.- I Concilio de Toledo. Dictinio, Exuperancio, Balconio, Vegetino, Ortigio, Anterio, e Isonio son os representantes galegos.

406 d. C.- Vándalos, alanos e Suevos cruzan xuntos o Rhin por Maguncia na procura do Finisterre. Os Suevos sepáranse e diríxense cara a Bélxica.

409 d. C.- Os Suevos tornan a reagruparse cos Vándalos e Alanos e cruzan os Pirineos. Os Suevos eran apenas 30.000 individuos. Hermerico rei (409-43<IMG SRC="images/forum/icons/icon_cool.gif">

410 d. C.- Os visigodos de Alarico saquean Roma.

411 d. C.- Os godos entran na Hispania. E o final da dominación román é o comenzo da Idade Media.

O REINO SUEVO DE GALLAECIA. A IDADE MEDIA.

413 d. C. A Hispania e repartida. A os Suevos correspóndelle a Gallaecia. Creáse o primeiro Reino independiente de Europa.

415 d. C.- Egeria, beata galega comenza a súa peregrinaxe a Xerusalén. Os Visigodos entran na Terraconense.

419 d. C.- O Bispo Paulo Orosio e perseguido en Braga e ten que refuxiarse en Africa. Os Suevos e Vándalos Asdingos loitan entre si polo territorio.

422 d. C.- A expedición román contra os vándalos encabezada por Castino é derrotada.

429 d. C.- Hermegario caudillo suevo lánzase contra as terras abandoadas polos Vándalos. Foi morto por istes na veira do rio Guadiana.

431 d. C.- O galaico Idacio viaxa as Galias como embaixador dos galegos, na procura de protección contra a invasión sueva.

433 d. C.- Nova paz entre os Galaicos e os invasores Suevos.

438 d. C.- O rei de Gallaecia Hermérico (438-441), asocia o trono o seu fillo Rékhila, tres anos despois morre no olvido

440 d. C.- Rékhila toma a forza a cidade de Mérida. A Gallaecia, a Lusitania, a Bética e a Cartaginense quedan baixo o poder dos Suevos.

441 d. C.- Rékhila único rei da Gallaecia. (441-44<IMG SRC="images/forum/icons/icon_cool.gif">.

447 d. C. O Papa escribelle o Bispo toribio de Astorga, falando da resurección do Priscilianismo na Gallaecia.

448 d. C.- Rékhila morre pagán en Mérida. Só a provincia Terraconense, fica ligada o Imperio Román. Seu fillo casa con unha filla de Teodomiro I.

453 d. C.- O Reino Suevo fica reducido as provincias de Gallaecia e Lusitania. Turismundo rei dos visigodos morre asesiñado. Teodomiro II rei.

456 d. C.- Reckiario Rei Suevo de Gallaecia e derrotado na batalla do Órbigo por Teodomiro II. O rei é executado en Oporto. Braga a capital é arrasada.

457 d. C.- Teodomiro II manda arrasar os "campos Galliciae". Astorga é tomada e saqueada. Despois Palencia. Os visigodos parten cara as Galias.

460 d C.- Gallaecia está dividida entre os caudillos Madrás na Braccarense e Remismundo na Lucense. Neste ano morre Maldras asesiñado en Oporto.

464 d. C.- O sustituto de Maldras, Frumario morre quedando Remismundo único rei do pobo suevo. A poboación galaico-román segue a ser escarnizada.

465 d. C.- Os suevos comenzan os ataques contra os Aunonenses, o pobo indíxena asentado seguramenteen Tui. Teodomiro Rei de Gallaecia.

466 d. C.- Opilio embaixador dos Aunonenses, pidelle axuda o rei visigodo Eurico. Dous anos despois fírmase a paz entre suevos e Aunonenses.

468 d. C.- Lisboa e entregada os suevos por Lusidio, que traicciona o emperador Antemio. Merida e ocupada polas tropas visigodas.

469 d. C.- Morre Idacio principal historiador sobor dos tempos do reino Suevo.

538 d. C.- Os suevos contreñidos en Gallaecia, empezan a convivir pacimicamente coa poboación indixena, en busca de alianzas internas.

559 d. C.- Teodomiro Rei de Gallaecia, convírtese o cristianismo. Galiza convírtese no primeiro reino cristián da historia.

570 d. C.- Morre o rei Teodomiro. e sustituido polo rei Mirón (570-583)

583 d. C.- Hermenexildo príncipe cristáin do rei visigodo Leovixildo, subleva á Andalucía. O rei Mirón irá na súa defensa. O retirarse morre camiño do reino.

584 d. C.- O Rei Mirón é sustituido polo seu fillo Eborico, que actua como vasalo do rei Leovixildo. Andeca usurpa o trono de Gallaecia e depón o rei.

585 d. C.- Fin do reino Suevo. Andeca cae prisioneiro. Leovixildo ocupa de Braga (a capital) e Oporto. Apodérase das insineas reais da coroa de Gallaecia.

GALLAECIA NO REINO VISIGODO DE HISPANIA.

586 d. C.- Morre Leovixildo (571-586), en Toledo. Gallaecia e integrada no reino visigodo. Seu fillo Recaredo sube o trono (586-601).

589 d. C.- Concilio III de Toledo. O rei Recaredo convírtese o catolicismo.

601 d. C.- Morre Recaredo en Toledo, despois de recibir penitencia pública. Seu fillo Liuva rei (601-603).

603 d. C.- Witérico depón o rei Liuva e asume o trono (603-610).

610 d C.- O rei e asesiñado nun bánquete. Gundemaro Duque de Septimanía e elevado otrono visigodo (610-612).

612 d. C.- Morre o rei Gundemaro antes fixera a guerra a Bizancio e os Vascóns. Sisebuto rei (612-621).

620 d. C.- San Isidoro de Sevilla escreve a súas etimoloxías. Cartaxena cae en poder dos visigodos.

621 d. C.- Sisebuto morreen Toledo despois de construir as murallas da cidade. Seu fillo Recaredo II só reina uns días. Foi sustituido por Suínthila (621-631).

625 d. C.- Os Vascóns son derrotados e Suínthila e rei da totalidade da Hispania.

631 d. C.- Rebelión nobiliaria o rei é deposto. Sisenando e proclamado rei en Zaragoza. (631-636) A Gallaecia segue fora da órbita do poder.

636 d. C.- Morre sisenando e San Isidoro de Sevilla. Khíntila rei (636-639).

638 d. C.- Concilio VI de Toledo. Acuden 7 bispos da Gallaecia.

639 d. C.- Morre Khíntila e sucedelle o seú fillo Tulga. (639-642).

642 d. C.- Khindasvinto depón o xovén Tulga. O novo rei era un vello octogenaro na súa subida o trono (642-653).

649 d C.- Recesvinto é asociado o trono.

653 d. C.- Morre Khindasvinto e Recesvisto e rei único da Hispania visigoda. (649-672).

655 d. C.- Concilio IX de Toledo. Potamio de Braga e deposto . Fructuoso abade de Dumio e nombrado metropolitán de Dumio.

666 d. C.- Oroncio consegue do rei a restitución das diocesis da Lusitania que quedaran dentro da ordeación do Reino Suevo de Gallaecia.

672 d. C.- Morre o rei Recesvinto en Gérticos en territorio de Salamanca. Wamba rei de Hispania (672-680).

673 d. C.- A Galia Nerbonense sublévase. El duque Paulo traicciona o rei e Barcelona cae en poder dos insurreptos. gallaecia continua fora dos centros de poder.

675 d C.- Concilio XI de Toledo e III de Braga.

680 d.C.- Wamba e deposto. Sube o tono Ervigio (680-687).

684 d. C.- Concilio XIV de Toledo.

687 d C.- Morre Ervigio e sube ó trono de Hispania Egica, que é unxido rei en Toledo. (687-689/700).

688 d. C.- Concilio XV de Toledo, acuden 8 bispos de Gallaecia.

693 d. C.- Reunese o Concilio XVI de Toledo. Acuden 6 bispos galegos.

698 d. C.- Witiza é convertido en rei asociado o trono do seu pái. O xovén rei establece a súa corte en Tui.

700 d. C.- Witiza é uncido rei. (700-702/710).

710 d. C.- Witiza morre xovén os 30 anos de idade. Os seus fillos non serían coroados. Rodrigo Duque de la Bética será uncido rei. (710.711)

711 d. C.- O conde don Xulían facilita o desembarco de Tarik ben Ziyad en el monte Calpe. Trátase da invasión musulmana da peninsula.

714 d. C.- Galiza recibe as primeiras incursións dos arabes. A fronteira sur do Douro e abandoada xunto vilas e terras.

739 d. C.- Afonso I de Asturias (739-757), inagura a politica expansionista do reino asturianés. Inicia a politica de repoboación da costa Cantábrica de Gallaecia.

757 d. C.- Morre Afonso I e sucédelle o seu fillo Fruela I, (757-76<IMG SRC="images/forum/icons/icon_cool.gif">. Na batalla das Pontes de Garcia Rodriguez., libera a Gallaecia da presencia dos mouros.

791 d. C.- Sube o trono de Asturias Afonso II. (791-842). Os vikingos e musulmanes atormentan os galegos con continuadas incursións.

820-830 d. C.- Nalgún ano de ista decada aparece o corto do apóstolo Santiago. É a Inventio.

842 d. C.- El-rei morre sen fillos. E designado Ramiro I, pero o poder é tomado por nobles asturianeses sublevados. El-Rei ramiro fuxe a Lugo.

843 d. C.- Ramiro I recobra o poder, gracias o apoio da nobreza galega. E a incursión das nosas élites na politica do reino astur.

850 d. C.- El conde Gatón cuñado de Ordoño I, ocupa Astorga e O Bierzo.

860 d. C.- Hermenexildo Gutiérrez e Afoso Betote, condes galegos ocupan Tui.

866 d. C.- Morre Ordoño I. O conde Fruela usurpa o poder. Rei de Asturias Afonso III (866-910). Vinculará a nobleza galega por medio de lazos de sangue.

868 d. C.- Vimara Pérez ocupa Oporto e funda Guimaraes. Hermenexiildo Gutiérrez e Pelaez Pérez ocupan Braga deles descenderan as grandes casas galegas.

873 d. C.- O condado de Navarra erixese en reino. O seu primeiro rei será García Sánchez.

880 d. C.- Afonso III, asocia os seu fillos o trono. Ordoño e coroado rei de Galicia. García León nova capital do reino e Fruela Asturias.

910 d. C.- Morre Afonso III.

914 d. C.- Ordoño II rei de Galiza, Asturias e León. (910-924). E o apoxeo da nobreza galega na corte.

924 d. C.- El-rei de Galiza Ordoño, morre. Seu irmao Fruela II sube o trono (924-931). Intentará desface-lo poder dos galegos acadada nos tempos do seu irmao.

931 d. C.- Ramiro II asume o poder (931-951). Os cinco anos retirarase a un convento. A nobreza galega tentará de situar os fillos de Ordoño no trono.

951 d. C.- Morre El-rei Ramiro e remata a época dourada do reino de León. Ordoño III accede o trono coa axuda da nobleza galaica (951-956). Para aplacar a belicosidade dos condes galegos Ordoño mandará unha campaña que arrasrá a Lisboa musulmán.

956 d. C.- Morre o rei Ordoño III é sustituido por Sancho I. (956-966). O novo rei non ten vinculacións con Galiza. Escomenza unha politica para abaixar o poder nobiliar.

966 d. C.- O conde Fernán González e a meirande parte dos condes galegos expulsan o rei Sancho do reino. Poñen no sue lugar o rei Ordoño IV (958-960).

968 d. C.- El rei Sancho I recobra o seu trono gracias o cambio de chaqueta do conde Fernán González e o apoio do Califato de Cordoba.

966 d. C.- Sancho castiga severamente a sublevación dos condes galegos. O bispo Sisnando Menéndez e encerrado nunha carcere e somete os condes da fronteira portuguesa. O rei e envenenado nun banquete de reconciliación. Sucederalle Ramiro III (966-985) é daquela todo un neno. A nobleza galega actua como si non existira de feito o rei.

981 d. C.- Vermudo II (998-999) principe e noble galego, é coroado rei pola nobreza galega. O rei Ramiro só conservará a cidade de León.

985 d. C.- Morre Ramiro e Vermudo II asume a totalidade do reino de Galiza, León e Castela. O rei actua con firmeza para asenta-lo seu poder. Nova insurrección da nobleza galega. Almanzor Arrasa Santiago e volve a conquerir as terras do Douro. A cidade de León expulsará varias veces o rei Vermudo a quen consideran un usurpador galego. Coa axuda de novo da nobreza galega o rei conseguirá asentando a súa autoridade.

999 d. C.- Afonso V (999-1027), sube o trono tutelado polo conde galego Melendo Gonzalez. Encauzará as inquIetudes nobiliares ata as guerras para reconquistar Portugal.

1027 d. C.- O rei morre en combate sucédelle o seu fillo Vermudo III (1027-1037). Os noble comenzarán unha época de pillaxe e ocupación de terras. ë o caos.

1037 d. C.- Vermudo III morre na batalla de Tamarón é o derradeiro rei de casa de León. A nobleza galega tendrá que someterse. Dona Sancha herdará o reino de León e Fernando I será o primeiro rei de Castela. (1037-1065).

1065 d. C.- Morre El-rei Fernando I despois de someter o seu irmán Garcia de Navarra. Internouse nos reinos de Murcia e Sevilla, e fixo vasalo do seu reino o rei de Toledo. A súa morte reparte o seu reino entre os seus fillos. O primoxénito Sancho herdará Castela. Afonso o favorito herdará León. García o menor recibirá Galiza e Potugal. As fillas, Urraca o infanzado de Zamora e dona Elvira o de Toro.

1071 d. C.- O rei de Castela Sancho, usurpa o trono do seu irmán Garcí rei de Galiza, e iste fuxe ó Al-andalus.

1072 d. C.- Sobe o trono de Castela Alfonso VI, despois da morte da morte do seu irmán Sancho nas maos de Vellido Dolfos.

1090 d. C.- Morre o rei Garcí no castelo de Luna onde fora apresado, despois de tentar recuperar-lo se trono e reino. A crónica de istes feitos ficarán descritos no Chronicóns Iriense, apéndice da Compostelana, 610, 3. Deixa un herdeiro Ramiro infante de Galiza, que aparece suscribíndo unha doazón no mosteiro de Sahagún. Ramirus infans Garciae Regis Filius.

1095 d. C.- Enrique de Borgoña e dona Tereixa desgaxan o condado de Portugal da antigua Gallaecia, comenza a independencia do páis irmán. Neste mismo ano traladarase a sede da cabeceira da diocesis de Iria a Santiago.

1104 d. C.- Afonso VI concede as terras de Lemos, Sarria a Froila Díez. Xunto a súa muller Estefanía Sánchez fundará a vila de Monforte na aba do monte.

1105 d. C.- Conságranse a meirande parte dos altares da Catedral de Santiago.

1107 d. C.- Morre o Conde de Galiza Raimundo de Borgoña.

1109 d. C.- Morre o rei Afonso VI. O seu fillo morrerá na batalla de Ucles. Asume o trono de Castela, León e Galiza, a súa filla Urraca I, (1109-1120).

1111 d. C.- Afonso Raimúndez, fillo da reiña de Castela e León, e do seu primer marido Raimundo de Borgoña, é coroado na Catedral de Compostela, polo obispo Xelmírez e o seu aio o Conde de Traba don Pedro Froilaz. É a resposta da caste nobiliar galega o matrimonio da reiña con Afonso I de Aragón.

Rodrigo Vélaz fillo do conde magno Vela Ovéquiz, tenente das terras de Lemos e Sarria.

1114 d. C.- Morre Enrique de Borgoña conde de Portugal.

1115 d. C.- A reiña Urraca divórciase do rei de Aragón.

1118 d. C.- A reiña Urraca e Afonso Raimúndez fan doazón os fillos de Pedro Froliaz do edificio abandoado e propiedades do mosteiro de Sobrado.

1120 d. C.- Morre a reiña Urraca de León e Castela.

O conde de Lemos e Sarria Rodrigo Vélaz peregrina a Xerusalem.

1122 d. C.- Segundo o Códice Calixtino, é colocada a derradeira pedra na Catedral de Santiago.

1123 d. C.- É encarcelado don Pedro Froilaz, por don Pedro González de Lara, ante a posibilidade de que se instaure a casa de Borgoña en Castela, a través do rei de Galiza Afonso Raimúndez.

1126 d. C.- Afonso Raimúndez, rei de Galiza é coroado rei de Castela e León, tomando o nome de Afonso VII o emperador.

1128 d. C.- Afonso Enríquez, conde de Portugal, vence os partidarios da súa nai e de Fernán Pérez de Traba, na batalla de San Mamede. Niste ano xa está morto Sancho III de Castela. Gutier Fernández de Castro asume a tutela sobor Afonso VIII.

1131 d. C.- Afonso VII, concede a Carta Pova a Ourense.

1137 d. C.- Afonso Enríquez asina o tratado de Tui, polo que xura vasalaxe a Afonso VII.

1139 d. C.- Afonso Enríquez vence os musulmáns na batalla de Ourique, escomenza a tratarse como Rei de Portugal.

Nunha data posterior a iste ano Xelmirez encarga o Liber Beati Jacobi. Codex Calixtinus.

1142 d C.-.- Afonso VII de Galiza, León e Castela, recoñece a Afonso Enriquez como rei no tratado de Zamora. A Orde do Cister chega a Galiza.

1144 d. C.- Morre Rodrigo Vélaz conde de Lemos e Sarria e sustitueo na tenencia Álvaro Rodríguez de Sarria, seu fillo que tivera de dona Urraca Álvarez, filla a súa vez de Álvar Fáñez e dona Maior Pérez Ansúrez.

1147 d. C.-.- O rei de Portugal, conquire Santarem, Lisboa e outras prazas fortes asegurando a liña do Teixo.

1150 d. C.- O rei Afonso VII concédelle ó conde de Lemos Álvaro Rodríguez de Sarria a villa de Meira, pola a súa axuda na súa campaña contra Xaén.

1153 d. C.- Morre o conde Fernán Pérez de Traba.

1157.- Sube o trono Fernando II (1147-118<IMG SRC="images/forum/icons/icon_cool.gif">, fillo menor de Afonso VII e dona Berenguela filla do Conde de Barcelona, Raimond Berenguer III. Herdará do seu pái Afonso VII, Galiza, León, Toro Zamora e Salamanca. O seu irmán Sancho III herdará Castela.

1158.- Fernando II asina xunto o seu irmán as bases para a conquista da España musulmán, no Tratado de Sahagún. Poco despois neste mismo ano morre Sancho III.

1161 d. C.- Os veciños de Lugo sublévanse contra o arzebispo de Lugo, tan grave é a situación que ten que intervir en persoa o rei Fernando II.

1164 d. C.- Fernando II da Foro a Padrón e Rivadavia.

1165 d. C.- Fernando II casa coa infanta portuguesa dona Urraca filla de Afonso Enríquez.

1166 d. C.- Fernado II conquire Alcántara.

1168 d. C.- O rei consegue a vasalaxe de Badaxoz. Concédelle o Mestre Mateo unha pensión vitalicia polas obras realizadas na Catedral de Santiago.

1169 d. C.- Fernando II, apresa o rei de Portugal en Badaxoz, permutará-la súa liberdade polos territorios e aquél conquistará en Galiza.

1170 d. C.- Fernando II remata por decidir o cambio de emplazamento da cidade de Tui. Os motivos son defensivos, ante o veciño portugués.

1177 d. C.- Fernando II concedelle foro a cidade de Lugo.

1178 d. C.- Fernano II, casa con Tereixa de Traba filla do seu aio Fernán Pérez de Traba.

1179 d. C.- O papa Alexandre III, recoñece por bula a Afonso Enríquez como rei de Portugal.

1180 d. C.- Raimbult de Vaqueiras nado en Vaucluse fai un descordo en lingua provenzal, italizano, francés, gascón e galego.

1182 d. C.- Dáselle a Carta Povoa a Ribadeo. Gutier Rodríguez de Castro, é o primeiro da sía linaxe que asenta nas terras de Lemos.

1183 d. C.- Fernando II e Afonso VIII, asinan o Tratado de Fresno-Lavandera, polo que acordan os limites dos seus respectivos reinos e a politica a seguir na conquista de Andalucia.

1188 d. C.- Morre Fernando II. Sucédelle o seu fillo Afonso IX que tivera con Urraca de Portugal. Neste mismo ano convoca en León a Curia Rexia, é o nacimento das primeiras corte de Europa. O Mestre Mateo asina o tímpano do Pórtico da Groria.

1197 d. C.- Inocencio III excomulga o rei Afonso IX, por casar con dona Berenguela filla maior de Afonso VIII de Castela.

1201 d. C.- Afonso IX concede o Foro a Baiona.

1204 d. C.- O impedimento Canónico desfai o matrimonio de Afonso e Bereguela e os dous monarcas de León e Castela torna a guerra.

1208 d. C.- Afonso IX, decide millorar o emplazamento do Burgo de Faro, cambiando a vila para o actual A Coruña.

1219 d. C.- Afonso IX autoriza o cambio de emplazamento de San Martiño de Tiobre (Betanzos) o Castro de Untia.

1212 d. C.- Asínase o Tratado de Coimbra Afonso VIII de Castela e Afonso IX de Galiza e León asinan a paz. O rei poderá entón acometer a conquista de Alcántara, Cáceres, Mérida e Badaxoz.

1218 d. C.- Fúndase a Universidade de Salamanca.

1225 d. C.- Concédeselle o Foro a Rivas de Sil.

1230 d. C.- Afonso IX ven en peregrinazón a Compostela. O rei morre en Vilanova de Sarrie e é sepultado na Catedral compostelana. Deixa os seus reinos de Galiza e León a súas dúas fillas Sancha e Dulce que renuncian a favor so seu hermanastro Fernando III.

1311 d. C.- O rei Fernando IV, entabla conversas con Rodrigo de Padrón arzebispo de Santiago, empregando o galego como língua oficial na corte.

1318 d. C.- Berenguel de Landoira novo arzebispo de Santiago, chega as portas de Santiago, tra un ano de preparativos para a súa viaxe dende Aviñón. Era fillo do nobre francés Arnaldo de Landore, señor de Solmiez e membro da familia condalde Rodez.

1330 d. C.- Morre Berenguel de Landoira, cando acompañaba as súas tropas o rei Afonso XI a guerra de Granada.

1320 d. C.- Alonso Súarez de Deza sublévase o novo arzebispo compostelán, a súa cabeza rodará no castelo da Rocha.

1333 d. C.- A meirande parte da Península está sometida a grandes fames.

1345 d. C.- Afonso XI, peregriña a Santiago de Compostela. Os veciños da cidade dirixidos por Giance de Tudela, consiguen a anulación da senteza de 1311, cos reintegraba o señorío do arzebispo. Créase o Reximento compostelán.

1348 d. C.- A peste negra chega a Galiza dende as costas do

Norde de África.







(seguirá nos próximos días......)













<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lamigueiro _FIL 2002-02-10 07:48 ]



<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lamigueiro _FIL 2002-02-10 07:51 ]



<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lamigueiro _FIL 2002-02-12 10:27 ]

<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lamigueiro _FIL 2002-06-11 17:19 ]
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
pazos
Mozo
Mozo
Mensajes: 28
Registrado: 03 Abr 2002, 10:00
Ubicación: Buenos Aires, argentina
Contactar:

CRONOLOXÍA HISTORICA DE GALIZA.

Mensaje por pazos »

Xose Luis:
En tu comentario sobre el apellido Gallego, hablas de la "nobleza indígena" resistiendo a los reyes de Asturias. También lo haces a Fruela repoblador de Lugo. Entiendo que como parte de la estrategia militar de los primeros reyes de Oviedo se mandaron despoblar las tierras regadas por el Duero. ¿Es esto válido para Galicia? Si es así, en todo caso ¿podríamos hablar de un componente racial diferente antes y después de la invasión musulmana y el posterior repoblamiento? Esa "nobleza indígena" a la que te refieres, ¿resistió el despoblamiento, es decir, permanecio vigente y asentada en sus tierras durante el dominio musulmán?¿De que origen se la debe suponer, hispano romana (en este caso supóngola celta) sueva o visigoda? ¿Sería este el caso de, por ejemplo, la familia de San Rosendo? Te agradezco lo que me puedas aclarar al respecto.
marcelo pazos

http://www.pazos.8m
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

CRONOLOXÍA HISTORICA DE GALIZA.

Mensaje por lamigueiro »

Saudos Pazos,

Dicen que a historia esta contada polos vencedores e nunca polos vencidos. E ainda que ista é unha visión demasiado derrotista, dalgún xeito é certa. Por iso a historia de España é distinta cando a conta un galego, un asturián ou un castelán-leonés. Todos tratamos de levar o gato ó auga.

O que si é certo é que antes da irrupción dos arabes na Hispania Visigoda, Gallaecia como entidade administrativa e politica tiña un perfil perfectamente definido. Quero decir que os galegos somos galegos dende que os románs nos bautizaron así. Gallaecia, Galiza ou Galicia, nuca deixou de ser o que é; unha entidade cultural con personalidade propia. Isto é así, porque a base dista personalidade foron referentes étnicos-culturais da época román enriquecidos e potenciados despois durante o devagar da Gallaecia Sueva. O reino suevo de Gallaecia. Nista época Galiza fórmase como entidade politica de seu. Os suevos ordenaron o territorio pero sempre en base a unha poboación galaico-román, herdeiros directos da Cultura Castrexa o noso primeiro referente cultural netamente galego.
Todas istas pautas chegan case sen mutacións ate a chegada dos mouros a España no século VIII. O final do reino suevo foi no VI. Pero administrativamenta Gallaecia conservou o esquema suevo. Quero decir que Gallaecia, seguiu sendo unha entidade politica, primeiro provincia asociada o imperio román e despois do reino de Hispania ata que os arabes poñen patas para arriba con todo. Asturias, León e Castela chegaron despois.
Gallaecia, Galiza ou Galicia como prefiran chamarlle e unha das entidades politicas máis antiguas de Europa e o primeiro reino independiente no antiguo continente en abrazar a relixión cristián; , e os seus habitantes fomos galegos por enrriba que no noso país mandaran románs, asturiáns, leoneses, casteláns ou españois, pobo no que estamos por suposto incluidos.
Cando se fala da época Asturián hay que coñecer moi ben a historia de Asturias como pobo. en primeiro lugar saber cós antigous asturiáns habitaban, non precisamente na Asturias actual senón máis ben tirando para os territorio leonés. A capital dos astures foi sempre Astorga (Asturica Augusta), e que na actualidade administrativamente pertence a León. Foi precisamente na época da conquista árabe cando os Astures pasan a poboar as terras máis occidentais. En canto o reino Astur, non é máis que un aparato administrativo herdeiro do visigodo. Que galiza administrativamente estivera gobernada dende Asturias non quere decir que os galegos deixaramos de ser o que somos; galegos.
Seguindo cos astures, nunca foron unha entidade cultural compacta, ainda hoxe existe a Asturias-galega, a Asturiás-leonesa e os vaqueiros. Os galegos sempre conservamos a unidade da nosa cultura, quero decir que o noso pobo conservou a súa unidade como tal. Cando Cataluña festexaba o seu I milenario, os galegos festexábamos 2000 anos de historia galega.
Cando os árabes irrumpen no sur de Gallaecia, desbaratan a capital Braga, e o pobo galego queda sen cabeza, as xentes fuxen outra vez as montañas e vólvense habitar os antigos castros románs moito maís seguros e inaccesibles. Lugo queda abandoada e durante varios anos parte da Gallaecia queda a sorte dos ataques dos mouros. Máis estos ataques non eran diarios, senón como moito anuais, porque a climatoloxía do páis so deixaba facer a guerra fora do inverno. Asi que o pobo seguía facendo a súa vida entre ataques de mouros e normandos.
O norde da provincia de Lugo, estaba habitada por xentes vidas da Grande Bretaña, os bretóns de Maeloc, que fundaron o seu propio obispado e iglesia Britonia, e así chegan os concilios de Toledo. Coa chegada dos árabes ista poboación fuxe de Galiza e refúxase en Oviedo, baixo a tutela dos primeiros reises de Asturias. Eran aproximadamente 30.000 almas.
En canto a repoboacións, non creo que sexa un tema interesante si as terras abandoadas foron repoboadas con galegos, asturíáns ou leoneses, a mín en verdade dame igual, todos somos irmáns. Pero o que si é certo e que o noso pobo seguíu tendo a súa personalidade propia, a proba é que Asturias desaparecería para non volver endexamais dentro do reino leonés. Galiza configuraríase como reino independiente en diferentes épocas, e por enrriba de todo a súa nobleza tivo tal forza que poñia ou quitaba reis, segundo o seu antoxo ou interés. Na época Astur-leonesa a nobleza galega impoñe a Ordoño II como rei galego e de Galiza, asociado o trono de Asturias. Fruela sería o rei de Asturias, maís non de Galiza.
Falando de San Rosendo, o primeiro que me gustaría decir é que o santo foi él. A súa nai nunca foi canonizada, Santa Ilduara non existe. Ilduara era unha persoaxe rexa, familia directa dos reises astures, o seu pai o conde Ero non era galego, o rei concediulle un conmisso nas terras de lugo e participou activamente na toma de Coimbra. Munio foi o primoxénito (non está claro), de Ilduara e Gutier, casou cunha prima súa Elvira, filla de Arias irmán do seu pai e Goto a filla de ambos casou con Sancho Ordoño, rei de Galiza.
¿Como se pode considerar a San Rosendo?. ¿Galego, Astur, Leonés?, o máis interesante sería saber como se sintía él, mais non chegou a nós. O que si é certo e que calquera galego nado nisas épocas a súa nacionalidade é galega. O certo é que as xentes da antiguedade tiñan unha percepción do espacio e do tempo distinta a nosa. Un home da alta idade media desenrolaba a súa corta vida entre as montañas que o viron nacer. Esa era a percepción que tiñan do mundo. Só xentes de estracto superior como a alta nobreza, tiña acceso a fontes culturais que o conectaban con realidades culturales exteriores. Entre os libros que deixa Ilduara no seu textamento figuran a Lex Gótica o Psaltrio I et Gotica I, as etimoloxías de San Isidoro de Sevilla e parece que chegou a ter un exemplar do Itineraium Egeriae, polo que Ilduara tiña referentes culturais dallende do Portomarín, e Vilanova dos Infantes, onde habitou..
Como conclusión, e como bon galego contestoche cunha pregunta. ¿Pazos, vostede que é descendentes de galegos que se sinte?, galego ou Arxentino. O segundo creo que a resposta correcta ¿non é verdade?. Eu creo que San Rosendo ainda que sendo neto de Astures, pasaríalle o mesmo, morrería sentíndose galego. Por suposto a isto axudaría que o seu sobriño politico fora o rei de Galiza.

Saudos e foi un placer


<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lamigueiro _FIL 2002-06-11 15:08 ]

<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lamigueiro _FIL 2002-06-11 15:12 ]
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

CRONOLOXÍA HISTORICA DE GALIZA.

Mensaje por lamigueiro »

Quixera crarexar que cando falo de poboación indíxena galega, intento definir a un grande grupo de xentes agrupados baixo unha impronta cultural homoxenea. Máis non baixo unha étnia, que é outra cousa ben distinta. Non gosto de falar de razas nin de etnias. Non me gusta falar dos celtas galegos, por que é meterse en camisa de once varas. Eu persoalmente, creo que sobran filiacións postizas a nosa nacionalidades. Celtas, románs, mediterraneos..... non sei, do único que non dubido nin dubidarei e que por enriba de todo e ante todo somos galegos.
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
pazos
Mozo
Mozo
Mensajes: 28
Registrado: 03 Abr 2002, 10:00
Ubicación: Buenos Aires, argentina
Contactar:

CRONOLOXÍA HISTORICA DE GALIZA.

Mensaje por pazos »

Hola Xose Luis.
A ver si me podés aportar algun dato: En 1170 Fernando II modifica el emplazamiento de la ciudad de Túi. ¿Sabrás cual era el emplazamiento originario?
Otra pregunta diferente pero relacionada. Esta modificación se debió a problemas de estrategia militar frente a Portugal. Esa frontera fue siempre la misma, o sea el Minho en Pontevedra y las sierras en Orense? Cuando digo si fue siempre la misma me refiero también a si ese fue el límite entre la Gallaecia Lucense y la Bracarense.
Saudos y gracias por cualquier dato.
marcelo pazos

http://www.pazos.8m
Anonymous

CRONOLOXÍA HISTORICA DE GALIZA.

Mensaje por Anonymous »

Lamigueiro, amigo, dis que nom gostas falar de etnia por que identificas etnia com raça mas nom têm nada a ver umha coa outra. Etnia tem umhas connotaçoes culturais e sociais, etc Aquí vai umha definiçom (em espanhol):

"Etnia=Agrupación natural de hombres y mujeres con características comunes o similares presentes en la lengua, la cultura o la formación social y que, habitualmente, conviven en una territorio geográfico determinado. La etnia, por definición, es un concepto distinto al de raza, tribu, pueblo o nación. La diferencia fundamental con todos ellos es que la etnia es una forma de organizar la sociedad en función de esos rasgos comunes. Mientras la historia puede conformar una nacionalidad o un pueblo, la etnia es un concepto activo que por esa circunstancia ha llevado muchas veces a la definición de minoría étnica o minoría nacional.
En la sociedad moderna, la etnia se distingue como la comunidad con lengua y cultura. Y si la lengua es transmisora de cultura, es obvio que el lenguaje específico de esa comunidad es lo que le convierte en una etnia diferenciada del resto. En consecuencia, una etnia despojada de su lengua deja de serlo, aunque siga manteniendo su unidad como pueblo, nación o estado."

Umha aperta.

seanport@mixmail.com

Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por Aine »

Vou falar "de memoria" (so dispoño dun momentiño).


Dous pequenos detalles da cronoloxía

----------"415 d. C.- Egeria, beata galega comenza a súa peregrinaxe a Xerusalén..." Teño entendido que Exeria fixo a súa "Peregrinatio" a fináis do século IV (contemporánea a Prisciliano, hay quen di que puideron ter relación)


-----------"791 d. C.- Sube o trono de Asturias Afonso II..." Sería máis correcto decir "en Asturias". Nos textos antiguos (Crónica Albeldense,...) fálase de que:
----os astures (concepto moi amplio) fundaron o seu reino "en" Asturias
----"tal rei"...reinando "en" Asturias

Non se fala de Reino de Asturias senon de Reino Astur (concepto máis amplo). En séculos posteriores os reis nos seus escritos van engadindo os nomes dos seus dominios, non engloban o territorio nunha soa denominación... "Regnante rege domino Fernando in Legione, et Gallecia, Asturiis et Strematura..."


Comentando a frase de Lamigueiro : "¿Como se pode considerar a San Rosendo?. ¿Galego, Astur, Leonés?,..."

"Esa" é a clave para entender a historia dos primeiros reinos. Eles non tiñan o concepto que hoxe podemos ter do territorio. Ata fai uns anos, un zamorano vivía na rexión de León, hoxe vive na comunidade de Castela e León, ¿antes era leonés e agora é castelán-leonés? (non sei se me explico)


Un saúdo
Avatar de Usuario
Aine
Editora
Editora
Mensajes: 141
Registrado: 12 May 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por Aine »

Para quen interese, enlace con información sobre Egeria: http://poesiadelmomento.com/hispanica/1 ... tml#Egeria

"... Por lo que se refiere a la patria de la peregrina ha habido también diversidad de pareceres. La opinión más común es la que hace proceder a E. de un monasterio del noroeste de la península Ibérica. Algunas expresiones del Itinerarium y de la carta de Valerio que apuntan a la región de donde E. es oriunda, y algunos indicios que ofrece el latín usado por la peregrina llevan a creerlo.

Perteneció a un rango social elevado, por más que provinciano. Disponía indudablemente de bienes económicos considerables, los que le permitirían realizar el viaje en las condiciones en que lo hizo. Obispos, monjes y militares la acogen con honor y 1e dispensan fácilmente protección. Su cultura era superior a la vulgar. El latín con el que se expresa no es el de la sociedad culta, pero no por ello carece de una cierta simplicidad y de cierto encanto.


Acerca de la época precisa en que E. realizó el viaje a Oriente, los eruditos aportan una serie de argumentos para fijarla en los alrededores del 400. Para unos habría tenido lugar entre el 393 y 396, mientras que para otros lo fue más probablemente hacia el 415 ..."


Vaia! Parece que teño que rexeitar o que antes dixen. Non está moi clara a data da súa peregrinación :roll:
Invitado

toponimo trasancos

Mensaje por Invitado »

Aine escribió:Vou falar "de memoria" (so dispoño dun momentiño).


Dous pequenos detalles da cronoloxía

----------"415 d. C.- Egeria, beata galega comenza a súa peregrinaxe a Xerusalén..." Teño entendido que Exeria fixo a súa "Peregrinatio" a fináis do século IV (contemporánea a Prisciliano, hay quen di que puideron ter relación)


-----------"791 d. C.- Sube o trono de Asturias Afonso II..." Sería máis correcto decir "en Asturias". Nos textos antiguos (Crónica Albeldense,...) fálase de que:
----os astures (concepto moi amplio) fundaron o seu reino "en" Asturias
----"tal rei"...reinando "en" Asturias

Non se fala de Reino de Asturias senon de Reino Astur (concepto máis amplo). En séculos posteriores os reis nos seus escritos van engadindo os nomes dos seus dominios, non engloban o territorio nunha soa denominación... "Regnante rege domino Fernando in Legione, et Gallecia, Asturiis et Strematura..."


Comentando a frase de Lamigueiro : "¿Como se pode considerar a San Rosendo?. ¿Galego, Astur, Leonés?,..."

"Esa" é a clave para entender a historia dos primeiros reinos. Eles non tiñan o concepto que hoxe podemos ter do territorio. Ata fai uns anos, un zamorano vivía na rexión de León, hoxe vive na comunidade de Castela e León, ¿antes era leonés e agora é castelán-leonés? (non sei se me explico)


Un saúdo
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: CRONOLOXÍA HISTORICA DE GALIZA.

Mensaje por serba »

pazos escribió:... En 1170 Fernando II modifica el emplazamiento de la ciudad de Túi. ¿Sabrás cual era el emplazamiento originario?...

Ya figuraba Tui en el "Itinerario de Antonino" y en documentos anteriores.
Si puede aclarar algo tu duda, he leído ayer que después de la invasión musulmana, Tui se redujo al burgo de pescadores y la iglesia de San Bartolomé.
Teniendo en cuenta que el año al que te refieres, 1170, la localidad ya había sufrido diversas invasiones: musulmanes, normandos, etc., es de suponer que se alejaran algo más de la peligrosa orilla del río, construyendo nuevamente el pueblo en la zona más alta y menos franqueable, ocurriendo aquí la misma situación que en otros muchos lugares de zona costera; ampliándose siglos más tarde, en épocas de paz, hasta la ubicación actual, e incluso cambiando a un lugar mejor -a cierta distancia-.

La ubicación de la catedral de Tui -comenzada a construir a partir del año 1120, según varios estudios- y la construcción de la muralla, implican un lugar que en aquella época creían más idóneo, por lo cual es lógico pensar que el emplazamiento anterior fuera inmediato a la orilla del Miño y siglos más tarde en esta zona más alta y amurallada.
Poblada soledad es hoy el mundo.
egle

palabras galaicas en el lenguje español

Mensaje por egle »

palabras galaicas que utilicemos en el lenguaje español
egle

lenguaje catalan

Mensaje por egle »

palabras catalan que utilicemos en el lenguaje español
Responder