Escaneo

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Escaneo

Mensaje por Milleiro »

ESCANEO

Significado:
Non sei o significado de este termo, pode provir o derivar do verbo
Escanar.

Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Pontevedra atopamos 50 persoas, case exclusivamente no concello de Bueu, tamén se atopan nos concello de Marín e Cangas.
Non se atoparon persoas no resto das provincias de Galicia.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Cádiz e Málaga. Un total de 53 persoas atopamos co apelido ESCANEO.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Pontevedra 25 aboados . Un total de 28 aboados atopamos con ESCANEO de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
No se atopa en Galicia.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
Non se atoparon documentos.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.

Autor: Sic-ario

Opinión persoal de Milleiro.- Probabelmente se trete dun apelido galego que semella ter a sua orixe no Morrazo, ou perto. Ainda que penso que non teña que ver, o máis semellante que atopo pola zona é unha punta chamada Escandiña en Beluso (Bueu). Non teño constancia de liñaxes e pedras armeiras para familias con este apelido.
Avatar de Usuario
Meiga
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 64
Registrado: 31 Oct 2003, 09:00
Ubicación: Bueu
Contactar:

Apelido Escáneo

Mensaje por Meiga »

Ola Sic-ario!
Coñezo persoalmente á familia Escáneo de Bueu, somos veciños.
Os que aparecen en Marín e Cangas forman parte da misma familia de Bueu.
Non sei nada do orixe do apelido, preguntareilles a eles.
Un saúdo, e noraboa polo impulso que lle estades a dar á web
Ana
Avatar de Usuario
Meiga
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 64
Registrado: 31 Oct 2003, 09:00
Ubicación: Bueu
Contactar:

Escaneo

Mensaje por Meiga »

Hola a todos!
Estoy revisando el censo municipal de Bueu del año 1870. De momento he encontrado un Escaneo, residente en Bueu pero natural de Marin.
Cuando encuentre mas datos los comunicare al foro.
(Disculpad pero en este equipo no me funcionan los acentos graficos)
Un saludo,
Ana
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Creo que a orixe de Escaneo é asturiana, pero non podo comprobar agora o topónimo.
Cumprimentos.
Avatar de Usuario
Meiga
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 64
Registrado: 31 Oct 2003, 09:00
Ubicación: Bueu
Contactar:

Escáneo en Bueu.

Mensaje por Meiga »

Censo General de Residentes a 26 de enero de 1869. Vecinos de Playa:

Ignacio Escáneo y Paz, 67 años, casado, pescador, C.de casa, natural de Marín
Teresa da Torre Pesqueira, 64 años, vendedora, consorte, nat. de Marín
Josefa da Torre, 60 años, soltera, cuñada, nat. de Lourizán
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Crin erradamente que Escáneo podía ser un topónimo asturiano, pero non é así. De todos modos é tan raro que merece algunha tentativa de explicación. Xa que parece que é de Marín orixinario (os actuais portadores do mesmo) e non hai en Marín topónimo algún que poida ter servido para crialo, así como nos concellos viciños propoño como hipótese a comprobar a posibilidade de que o primeiro portador do apelido en Marín teña sido algún inmigrante portugués que se chamase Ascanio e que o seu nome fose deturpado e deformado por ignorancia nos documentos. Pode ser unha parvada pero xa que no puido cair do ceo, quizás unha pesquisa xenealóxica nolo clarifique definitivamente.
Responder