Pontanilla

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
Avatar de Usuario
Xullo
Mozo
Mozo
Mensajes: 16
Registrado: 21 Jun 2003, 09:00
Contactar:

Pontanilla

Mensaje por Xullo »

Quixera saber o orixen do apelido Pontanilla. Un tio politico meu levaba iste nome. Il era da zona de Celanova, Ourense e o seus fillos residen en Pontevedra. Saudos; XULLO
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Pontanilla

Mensaje por Milleiro »

O apelido non aparenta ser galego, onde a sua preséncia é escasa no sur da Galiza. O dato máis antigo que teño atopado da sua preséncia na nosa terra data de 1802 en Vilanova dos Infantes:

"SIMON TADEO MENDEZ Y SU APODERADO JUAN ENRIQUEZ DE LIMIA CON FRANCISCO RICLA Y SU HIJO FELIX Y RAMON PONTANILLA. MISION EN POSESION DEL VINCULO, PATRONATO Y CAPELLANIA DE STA. MARTA, CONSISTENTE EN LA Iª DE VILLANUEVA DE LOS INFANTES CON MAS QUE CONTIENE" no Arquivo do Reino de Galiza.

En Cantábria existe un topónimo con este nome, no concello de Los Corrales de Balbuena, e nesta comunidade autónima hai preséncia de persoas con este apelido, que por outra banda bastante raro no estado español.
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Pontanilla

Mensaje por Sic-ario »

PONTANILLA

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Pontevedra atopamos 17 persoas, case exclusivamente no concello de Soutomaior.
- Provincia de Ourense atopamos 4 persoas.
- Provincia de A Coruña atopamos 3 persoas.
Non se atoparon persoas na provincia de Lugo.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar en Cantabria, Barcelona, Madrid, etc. Un total de 56 persoas atopamos co apelido PONTANILLA.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Pontevedra 9 aboados, Cantabria 8, etc. Un total de 33 aboados atopamos con PONTANILLA de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
No se atopa en Galicia.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
SIMON TADEO MENDEZ Y SU APODERADO JUAN ENRIQUEZ DE LIMIA CON FRANCISCO RICLA Y SU HIJO FELIX Y RAMON PONTANILLA. MISION EN POSESION DEL VINCULO, PATRONATO Y CAPELLANIA DE STA. MARTA, CONSISTENTE EN LA Iª DE VILLANUEVA DE LOS INFANTES CON MAS QUE CONTIENE. AÑO DE 1802.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
antomas

Pontanilla

Mensaje por antomas »

A minha avo é natural de Celanova mais os seu avo paterno era de Vilanova dos Infantes( a 1 km de celanova) e debe ser dos cuatro que aparecen en Galicia. Por esa parte da familia o apelido perdese porque a minha visavo so eran irmas---
emilio pontanilla

pontanilla

Mensaje por emilio pontanilla »

Nacin en CELANOVA (Ourense) o meu pai i o meu avó tamen son nados nesta vila, o meu bisavó naceu en Vilanova dos Infantes, a pesares de que os nosos antergos veñen de Castela i no século XV a o XVI xa era un apelido coñecido anque descoñezo a suas orixes.
Responder