Ameal

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Ameal

Mensaje por Sic-ario »

AMEAL

Significado:
Non sei o significado de este termo, pode derivar de Amear=Gorecer de ameas. Xunguir dous animais de cadanseu dono.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Pontevedra atopamos 127 persoas, a maioría nos concellos de Moraña e A Guarda.
- Provincia de A Coruña atopamos 16 persoas.
Non se atoparon persoas co apelido AMEAL nas provincias de Ourense e Lugo.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Asturias, Sevilla, etc. Un total de 207 persoas atopamos co apelido AMEAL.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Pontevedra 63 aboados. Un total de 111 aboados atopamos con AMEAL de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Atopamos os seguintes lugares coa grafía AMEAL
no concello de VIGO (Pontevedra) na parroquia de Cabral (Santa Mariña)
no concello de MARÍN (Pontevedra) na parroquia de Campo, O (Santa María)

Coa grafía O AMEAL
no concello de CALDAS DE REIS (Pontevedra) na parroquia de Arcos da Condesa (Santa Mariña)

DOCUMENTOS do A.R.G.:

No se atoparon documentos.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Ameal

Mensaje por maviac »

O significado de Ameal é sitio no que abundan os ameneiros, arbore que cun nome que ten variacións ao longo do país galego e Portugal: Amieiro, Abeneiro, Abineiro.
Cumprimentos
Responder