Tiagonce

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Tiagonce

Mensaje por Sic-ario »

TIAGONCE

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica, do lugar de TIAGONCE, na parroquia de Santa María de Lourenzá, no concello de Lourenzá (Lugo)..

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Lugo atopamos 11 persoas, nos concellos de Mondoñedo e Lourenzá.
So atopamos 3 persoas na provincia de A Coruña e 1 persoa na provincia de Pontevedra.
Non se atoparon persoas co apelido TIAGONCE na provincia de Ourense.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid. Un total de 35 persoas atopamos co apelido TIAGONCE.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Lugo 7 aboados. Un total de 27 aboados atopamos con TIAGONCE de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Soamente atopamos o lugar de TIAGONCE, na parroquia de Santa María de Lourenzá, no concello de Lourenzá (Lugo).

DOCUMENTOS do A.R.G.:
Non se atoparon documentos co apelido TIAGONCE.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Responder