Apellido LOBEIRA

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Cerrado
Invitado

Apellido LOBEIRA

Mensaje por Invitado »

Hola Amigos, estoy buscando información sobre el apellido lobeira, lo que tengo se pierde en mi tatarabuelo, baltasar lobeira en A Coruña.
Si tenéis algo, por favor, escribidme a <a href="mailto:mlobeira@acordecom.com" target="_new">mlobeira@acordecom.com</a>. Muchisimas gracias. <IMG SRC="images/forum/icons/icon_smile.gif">
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Apellido LOBEIRA

Mensaje por kruzul »

Ola:
Tan só uns apuntes.

Etimiloxía.- Do latín lupus, lobo. No diccionario Sotelo Blanco: guarida de lobo. Tamén Grace Jesús atina: "monte que por su espesura hacen guarida los lobos"

Temos Lobeira concello de Ourense. Nalguns Lobera
E tamé lugares nas parroquias de:
<!-- BBCode ulist Start --><UL><LI>San Pedro de Anca, Neda, A Co.<LI>Santa Mariña do Monte, San Saturniño, A Co.<LI>Santa Olalla de Budián, O Valadouro, Lu.<LI>Lobeira Chica e Lobeira Grande, illas na entrada da ría de Corcubión</UL><!-- BBCode ulist End -->

Na G.E.E. e no D.H.N.R.E. (Doria)
"Lobera también Llobera. Aragonés derivado de Lobato. Se Extendió por Vizacaya, la Rioja, Aragón, Cataluña, Galicia, Comunidad Valenciana, Baleares.
Armas.- Los de Aragón y Cataluña tienen en campo de oro, una loba andante de sable, y bordura cosida de oro con ocho torres de sable. La rama de Galicia porta en campo de sinople, una cabeza de lobo al natural, linguada de gules y de una estrella de oro. Los de Valencia llevan en campo de oro, dos lobos de sable empinados a un pino de sinople."

Saúdos:
Ricardo Lago Couce
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Apellido LOBEIRA

Mensaje por lamigueiro »

Lobera (Theodomiro), derradeiro Bispo de Iria Flavia ou Pdrón e primeiro de Compostela; tivo a dicha de obter de Deus a revelación do descrubrimento do sagrado corpo do apostol Santiago. Tivo iste prelado un irmám chamado Rodrigo Sanchez de Lobera, soldado do Rei Don Alonso o Casto, tíduo co que honraban os reises os cabaleiros que pola súa sangue e heroicidades o merecían, e por isto acredita un epitafio que trae o cronista Gil Conzález no teatro da apostólica Igresia de Santiago; é o seguinte:
In hoc tumulo jacet Rodericus Sancii Lovera, frater Theodomiro Episcopi, Miles Adefonsi regis. Non pode dubidarse que istes dous irmáns tan ilustres foran galegos, pois os seus apelidos e outras varias novas o comproban e de iste sentir de el.

P. Gándara no seu Nobiliario, tº 137.

Bibliografía: José Pardiñas. Breve compendio de los Varones Ilustres de Galicia. A coruña 1887

<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lamigueiro _FIL 2002-06-17 03:22 ]
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Apellido LOBEIRA

Mensaje por Milleiro »

LOBEIRA

Etimoloxía.- Do latín lupario:
1. Pertencente ou relativo ao lobo.
2. Cazador de lobos.
3. Refúxio, cova dos lobos.
Lugares.- Atopamos topos nas fraguesias de Anca (Neda), Monte (San Sadurniño), Budián (Valadouro). Dous regueiros nas parróquias de Grixalba (Sobrado dos Monxes) e András (Vilagarcia). É o nome de duas illas da ria de Corcubión. Concello da província de Ourense.
Distribución.-
Província da Coruña: 0 abonados
Província de Lugo: 0 abonados
Província de Ourense: 0 abonados.
Província de Pontevedra: 17 abonados, a meirande parte na comarca do Morrazo
En Portugal: 2 abonados

Coa grafia “Lobera”:
Província da Coruña: 3 abonados
Província de Lugo: 2 abonados
Província de Ourense: 0 abonados.
Província de Pontevedra: 7 abonados, na comarca do Morrazo
En Portugal: Non atopamos.
Familias.- ¿?

HERÁLDICA
Liñaxe.- Segundo a Enciclopédia Galega: “Probabelmente derivado da liñaxe galega dos Lobato”. Grafiado tamén como “Lobera”.
Pedras Armeiras.-
1. En campo de ouro, 12 veros de sable colocados en catro paos.
2. En campo de ouro, dous lobos de sable empinados ao tronco dunha árbore de sinople, que sae da punta do escudo.
3. En campo de sinople, dous lobos andantes de ouro, un sobre outro, colocados en forma de barra, mirando a unha estrela do mesmo metal, situada no cantón sinestro do xefe.
4. En campo de sinople, dous lobos de ouro, andantes, un sobre outro, e unha estrela de ouro no cantón diestro do xefe.
5. En campo de sinople, unha cabeza de lobo de ouro, linguada de gules, surmontada dunha estrela do mesmo metal.
6. Escudo partido: 1º, en campo de azur, unha estrela de ouro. 2º, en campo de ouro, dous lobos de sable postos en pao.
7. En campo de ouro, unha loba andante de sable; bordura de ouro, con oito torres de sable.

Vicente de Cadenas y Vicent “Repertorio de Blasones de la Comunidad Hispánica”:

8. En campo de ouro, dous lobos de sable, empinados a un piñeiro de sinople.
9. En campo de sinople, unha cabeza de ouro ao natural, linguadas de gules e superada dunha estrela de ouro.
10. En campo de ouro, unha árbore da sua cor adiestrado dunha galiña de prata, crestada de gules.

Bibliografía.- Enciclopédia Galega, Diccionário Xerais, Telefónica da Galiza e Telecom de Portugal
Comentário persoal.- Teño serias dúbidas que o apelido Lobeira teña que ver cos Lobato.
Autores.- Xavier Milleiro
Cerrado