Casa de Fontán (Baión-Vilanova de Arousa)

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Casa de Fontán (Baión-Vilanova de Arousa)

Mensaje por Milleiro »

Historia institucional
O pazo de Fontán está situado na parroquia de San Xoán de Baión, no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa.
En canto á familia que orixinou a Casa de Fontán, seguindo a documentación coa que contamos parece que o personaxe máis antigo é Juan de Alfayate que morreu sen sucesión, deixando por herdeira á súa muller Isabel do Grobe. Ésta nomeou como o seu herdeiro ó seu irmán Juan da Búa, casado con Ana Soga de Lobera, que tiveron por única filla a María da Búa, que casou con Gregorio de Nantes, escribán. Morreron éstes sen sucesión e antes que Ana Soga, que quedou como única herdeira de tódolos bens. Os que a sucederon nestas posesións foron: Alonso Sarmiento de Figueroa, señor que foi da Casa de Fontán, Juan de Batallán e a súa muller Inés Álvarez, veciños da Vila de Portonovo, e Antonio de Valladares, veciño da Vila de Fefiñáns.
A primeira unión que podemos apreciar na documentación co Conde de Priegue aparece no século XVII na persoa de Francisca Bermúdez de Castro, irmá de Andrés Bermúdez de Castro, casada con Benito Sarmiento Valladares Figueroa que figura como dono da Casa de Baión. Francisca ostentaba o título de dona da Casa de Fontán e, ademáis, recibiu o vínculo das Casas de Penela e Anceis despois de que o seu sobriño finara sen descendencia. Tódalas súas posesións, incluída a Casa de Fontán, foron herdadas pola súa filla María Antonia Sarmiento y Figueroa .

NOTA: Artigo recollido do Arquivo do Reino de Galiza. Os fondos desta Casa están depositados no devandito arquivo.

Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

E.F.P. no seu libro "Galicia en el comercio marítimo medieval" recolle ao mercader de Vilanova de Arousa, Pero Alfayate, nunha viaxe realizada a Barcelona en 1482. Páx. 334.
Na páxina 843, mencionanse nun documento de Pontevedra de 1433 ás testemuñas: Estevo Alfayate, criado de Xoán Esteves Alfayate.

Responder