Buscando un resumen anual del "Día das Letras Galegas" acabo de ver esta interesante página, en la que añaden la biografía y descripción de la obra del autor/a elegido.
"No ano 1963, centenario da publicación do libro Cantares gallegos de Rosalía de Castro, a Real Academia Galega instituía a proposta dos académicos D. Manuel Gómez Román, D. Xesús Ferro Couselo e D. Francisco Fernández del Riego, o Día das Letras Galegas, 17 de maio, para anualmente lembrar e honrar a quenes tivesen empregado a lingua galega na súa actividade creativa".
En cirp.es se puede descargar el pdf de 'A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire'.
Re: Día das Letras Galegas, 17 de maio
Publicado: 09 Jun 2006, 15:39
por manuel leiras pulpeiro
serba escribió:Buscando un resumen anual del "Día das Letras Galegas" acabo de ver esta interesante página, en la que añaden la biografía y descripción de la obra del autor/a elegido.
"No ano 1963, centenario da publicación do libro Cantares gallegos de Rosalía de Castro, a Real Academia Galega instituía a proposta dos académicos D. Manuel Gómez Román, D. Xesús Ferro Couselo e D. Francisco Fernández del Riego, o Día das Letras Galegas, 17 de maio, para anualmente lembrar e honrar a quenes tivesen empregado a lingua galega na súa actividade creativa".
Ya conocemos al elegido para el próximo año, 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
"A RAG adicará o Día das Letras 2013 ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño"
O pleno da Academia decidiu por maoiría o nome do autor teatral santiagués, que viña avalado polos académicos Euloxio Ruibal e Margarita Ledo e o propio sector teatral
Nin Xosé Filgueira Valverde, nin Carlos Casares, nin Ben-Cho-Shey. Ningunha destas candidaturas prosperaron. Nin a do poeta berciano Antonio Fernández y Morales, tan querido para o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luis Méndez Ferrín, que o propuxo unha vez máis. Ao final dun logo debate entre os académicos, impúxose no pleno o nome do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño para ser homenaxeado o Día das Letras Galegas 2013.
A candidatura de Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) chegou ao plenario da RAG avalada por nomes como o doutro dramaturgo, Euloxio Ruibal, e da catedrática de Coimunicación Audiovisual Margarita Ledo, que fixeron onte un encendido eloxio da súa figura. Tamén recibiu o pasado xoves o apopio público de medio centenar de asociacións e institucións dos ámbitos escénico e cultural, además de oitocentas firmas.
"É unha figura imprescindible para comprender a dimensión do teatro galego e, xa que logo, do noso sistema literario", segundo a RAG, que destacou a prolixa produción literaria de Vidal Bolaño, "sempre orientada a armar un edificio teatral galego perdurable".
A produción de Vidal Bolaño "caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, que contribuíu á definitiva instalación do teatro galego na nosa lingua. Ademais, hai na súa obra un inequívoco compromiso estético. Todos os estudosos coinciden en salientar a súa constante preocupación pola experimentación, por dialogar coa tradición culta e popular, literaria e histórica, social e política", sinalou a RAG. "É considerado un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX", engadiu.
"Por enriba de todo, Roberto Vidal Bolaño foi un extraordinario escritor", afirma a Academia. A produción de Vidal Bolaño caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, "pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, que contribuíu á definitiva instalación do teatro galego na nosa lingua", di a RAG. Ademais, hai na súa obra un inequívoco compromiso estético. Todos os estudosos coinciden en salientar a súa constante preocupación pola experimentación, por dialogar coa tradición culta e popular, literaria e histórica, social e política. Vidal Bolaño non é só un autor imprescindible para o noso sistema literario, senón que é considerado un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX. "É indiscutible a importancia da figura de Roberto Vidal Bolaño para o teatro nacional galego", opina a Academia.
Un excelente actor
Pero Vidal Bolaño non so foi un home de teatro (traballou na produción, dirección á iluminación). Tamén foi "un excelente actor e un dos pioneiros da produción audiovisual en Galicia". O seu traballo como director e como guionista, aínda que non chega á dimensión do seu labor dramático, tamén merece unha consideración especial polas liñas que deixou trazadas para o desenvolvemento dun campo audiovisual galego, sostén a Academia.
Vidal Bolaño é autor de obras como "Laudamuco, señor de ningures" (1976), "Bailadela da morte ditosa" (1980), "Agasallo de sombras" (1992), "Días sen gloria" (1992), "Saxo tenor" (1993) ou "As actas escuras" (1994), a meirande parte delas levadas aos escenarios.
Por outra banda, o plenario da RAG acordou así mesmo nomear académico de honra electo a Arcadio López Casanova (Lugo, 1942), profesor titular de Filoloxía Española na Universidade de Valencia; e académicos correspondentes a Xosé Manuel González Herrán, Luz Méndez, Fernando Ramallo Fernández, Olivia Rodríguez González, Goretti Sanmartín Rei e Xavier Vence Deza.
Congreso Valentín Paz Andrade: Día das Letras Galegas 2012
Publicado: 05 Dic 2012, 08:06
por serba
La Real Academia Galega (RAG), con la colaboración de la Consellería de Cultura, organiza el Congreso Valentín Paz Andrade para los próximos días 13, 14 y 15 de diciembre en el Pazo de Congresos de Pontevedra. Ponentes como Ramón Villares, Manuel Rivas, Luis Cochón, Xesús Alonso Montero y Ana Acuña analizarán la figura del insigne homenajeado de este año del Día das Letras Galegas.
Cincuenta anos de Letras Galegas no Museo de Pontevedra
Publicado: 20 Mar 2013, 09:40
por serba
Museo de Pontevedra
O 17 de maio cúmprense cincuenta anos de celebracións do Día das Letras Galegas creado, en 1963 pola Real Academia Galega.
Ese día amosaremos unha biografía de cada un dos personaxes homenaxeados e a súa relación co Museo no referente a obras bibliográficas, documentos, fotografías, debuxos ou calquera manifestación artística que sobre el conservemos.
Programación da Xunta para o Día das Letras Galegas
Publicado: 20 Abr 2013, 18:46
por serba
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia presentou a súa programación para as Letras Galegas 2013, dedicado a Roberto Vidal Bolaño.
Ademais da tradicional sesión plenaria pública da Academia, o vindeiro Día das Letras Galegas levaranse a cabo unha morea de actividades arredor de Vidal Bolaño por todo o país e alén das nosas fronteiras.
- "A Consellería de Cultura e Educación celebra no Gaiás o Día das Letras Galegas cun programa gratuíto de música, exposicións e teatro para toda a familia"
Publicado el 22/01/2013
Carteis cos que se homaxeou aos escritores que se lle deicou o DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende o ano 1963 ate o ano 2013. O cartel de Roberto Vidal Bolaño realizámolo porque aínda non había ningún para elixir.
Día das Letras Galegas (2014)
Publicado: 27 May 2013, 09:22
por serba
La Corporación municipal de Ribadavia se reúne en pleno ordinario el próximo jueves, a las 20,00 horas, y entre otros asuntos abordará una moción del grupo de gobierno socialista para solicitar a la Real Academia Galega la dedicación del Día das Letras Galegas de 2014 a Rubén García, que puso en marcha la Mostra de Teatro Galego Abrente en Ribadavia, de la que surgió el grupo Abrente de dramaturgos. Posteriormente, fue el director de la Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, desde 1984 hasta que falleció en 2008. Rubén García fue premio María Casares de honra por su trayectoria de apoyo al teatro.
PGL- O passado 18 de maio, com o galho da celebraçom do Dia das Letras Galegas, foi resolvido o I Certame de Poesia em Língua Galega "Manuel María" organizado pola Casa da Galiza em Guipúscoa.
O júri do certame composto por Xosé Estévez (doutor em história pola Universidade de Deusto), Paulo Lema (professor leitor de língua e literatura galega da Universidade de Deusto) e Rocío Dourado (professora leitora de língua e literatura galega da Universidade do País Basco) acordou conceder o primeiro prémio a Yolanda López polo seu poema Antílope, o segundo a Javier Rodríguez por Antífona e o terceiro a Carmen Pereiras por Estacións.
Día das Letras Galegas (2014)
Publicado: 17 Jun 2013, 08:38
por serba
- "Llamamiento al apoyo a la solicitud de dedicar Letras Galegas 2014 al ferrolano Ricardo Carvalho Calero"
O poeta e tradutor de Guitiriz, Xosé María Castro é autor dunha obra poética singular e de aparición serodia que destaca polo seu virtuosismo técnico.
Xosé María Díaz Castro (1914-1990) é autor de Nimbos (1961) considerada un dos cumes da poesía galega moderna, e que contén o célebre poema "Penélope" xustamente célebre pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico.
Membro, xunto con Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro e Iglesia Alvariño entre outros, da chamada "escola mindoniense", Díaz Castro mantivo ao longo de toda a súa vida, e malia súa condición de funcionario residente en Madrid, un fondo compromiso coa cultura galega do seu tempo.
"Una exposición en O Hórreo repasa a todos los autores del Día das Letras"
El Parlamento de Galicia inaugura esta tarde una exposición que tiene como objetivo poner en valor las figuras de los escritores gallegos homenajeados desde el año 1963 en el Día das Letras Galegas. La muestra, que lleva por título 51 páxinas das nosas letras, está integrada por un perfil biográfico de cada uno de los homenajeados, un vídeo divulgativo y medallas realizadas por el dibujante Siro López y el escultor Manuel Ferreiro Badía y que son parte de la colección artística del Parlamento.
El centro sociocultural Ágora inaugurará mañana la exposición organizada por el Parlamento de Galicia sobre el medio centenar de autores y autoras gallegos que han sido homenajeados en el Día das Letras Galegas. La muestra, que lleva por título 51 páxinas das nosas letras, estará abierta hasta el 19 de febrero.
La exposición inicia en la ciudad el recorrido por la geografía gallega e incluye un perfil biográfico de cada autor homenajeado desde 1963, un vídeo divulgativo y una medalla en resina correspondiente a cada literato. Xunta y Real Academia Galega colaboran en la muestra. http://ocio.laopinioncoruna.es/agenda/n ... legas.html
Exposición "51 páxinas das nosas letras"
Publicado: 18 Feb 2014, 08:01
por serba
(Inauguración en Santiago. Fot. archivo)
El Parlamento de Galicia, la Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia y la Real Academia Galega inauguran este viernes, día 21, a las 19 horas, en el Centro Sociocultural de la Fundación Novacaixagalicia, en la Plaza de la Constitución, la muestra “51 páxinas das nosas letras”, una exposición especial que busca poner en valor a los escritores gallegos homenajeados en el Día das Letras Galegas desde el año 1963, inicio de este reconocimiento. http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/75425
Día das Letras Galegas, 17 de maio
Publicado: 28 Feb 2014, 18:57
por serba
Santiago, 28 de febreiro de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe outra das iniciativas que o seu departamento pon en marcha no marco da programación que impulsa a Xunta de Galicia para renderlle tributo ao autor guitiricense Xosé María Díaz Castro, a nova edición remasterizada do documental ‘Xosé María Díaz Castro. Nimbos de poesía’, que percorre a vida e a obra do autor homenaxeado este ano con motivo das Letras Galegas. Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, respectivamente, acompañaron ao conselleiro neste acto; así como director do documental, Xulio Xiz Ramil. http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... tro-nimbos
"Cultura e Educación inaugura a mostra coa que a Xunta de Galicia, o Parlamento galego e a RAG conmemoran o 50º aniversario das Letras Galegas" '51 páxinas das nosas letras' achegará durante este ano as medallas conmemorativas dos autores homenaxeados o 17 de maio desde o ano 1963, que a Cámara galega aloxa na súa Sala das Letras Galegas, a numerosos puntos da nosa xeografía
O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de apertura da mostra no auditorio municipal do Carballiño, onde se poderá visitar ata o vindeiro 23 de marzo. http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... galego-rag
Os medios públicos galegos súmanse á festa das Letras cunha programación especial durante esta semana
A TVG ofrecerá dous documentais sobre Xosé María Díaz Castro e senllas edicións especiais dos programas culturais “ZigZag Diario” e “ZigZag-Eirado”, ademais de emitir dúas pezas de animación baseadas nos versos do escritor
A Radio Galega, que realizou un intenso traballo de recuperación de gravacións orixinais do autor, programa o venres unha edición monográfica do “Diario Cultural” A web da CRTVG creou unha canle temática con contidos de vídeo e audio dedicados a Díaz Castro e unha “landing page” coa etiqueta #LetrasGalegas14 http://www.crtvg.es/crtvg/crtvgviva/os- ... sta-semana
TVG - Nas terras de Díaz Castro:
Presentación: 'Xosé María Díaz Castro, para alumear o mundo'
Publicado: 16 May 2014, 17:27
por serba
Presentación de 'Xosé María Díaz Castro, para alumear o mundo' La Voz de Galicia presentou na Academia o seu estudo monográfico sobre a figura protagonista do Día das Letras Galegas 2014, Xosé María Díaz Castro. Xosé Luís Vilela Conde, Xesús Alonso Montero, Carlos Negreira, Santiago Rey e Luís González Tosar.http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
O Bierzo nas Letras Galegas 2014. A tea dos soños de Díaz Castro a González-Alegre Héctor M. Silveiro Fernández, académico correspondente polo Bierzo da Real Academia Galega. http://www.elbierzodigital.com/o-bierzo ... egre/40105
Otero Pedrayo evoca a Antón Vilar Ponte
Publicado: 06 Jun 2014, 17:33
por serba
O 22 de febreiro de 1970, Ramón Otero Pedrayo enviáballe a Xosé Chao Espina unha carta na que trazaba un retrato biográfico e persoal do seu amigo Antón Vilar Ponte. Acto da Academia no Concello de Viveiro o 17 de maio de 1977, no Día das Letras Galegas dedicado a Anton Villar Ponte.http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
Día das Letras Galegas a Xosé Filgueira Valverde
O escritor e historiador pontevedrés é autor dunha extensa obra de carácter divulgativo que o converte nunha das figuras centrais da cultura galega do século XX. http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
Lois Pereiro -Día das Letras Galegas 2011-
Publicado: 01 Oct 2014, 17:03
por serba
A casa natal do poeta Lois Pereiro, na rúa de Ourense, está sinalizada desde onte cunha placa dedicada á súa memoria. O Concello de Monforte comprometérase a levar a cabo unha homenaxe pública ao escritor -aínda que ao principio falouse de erixir unha estatua- cando se lle dedicou o Día das Letras Galegas. A placa foi descuberta nun acto celebrado á unha e media da tarde, no que participaron a nai e o irmán do poeta -Inés e Xosé Manuel Pereiro- e o escritor Manuel Rivas, amigo persoal do homenaxeado. Na inauguración tamén estiveron presentes varios representantes do goberno e da oposición municipais.
A placa reza: «Nesta casa naceu o 16-02-1958 Lois Pereiro, poeta, escritor e fillo predilecto da nosa cidade, honrado co Día das Letras Galegas 2011» e inclúe tamén unha frase do propio Pereiro: «Estou vivindo un soño repetido nas noites dos que me seguen querendo». http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2014 ... 1C3991.htm
Día das Letras Galegas. Xosé Fernando Filgueira Valverde
Publicado: 20 Oct 2014, 10:03
por serba
Un análisis sobre la vida y las circunstancias de Xosé Fernando Filgueira Valverde Cartel de la conferencia de Xermán Manoel Torres sobre Filgueira Valverde. CC BY-NC-SA PontevedraViva
La figura de Xosé Fernando Filgueira Valverde, el erudito pontevedrés al que el próximo año se le dedica el Día das Letras Galegas, será analizada por el especialista Xermán Manoel Torres el próximo martes 28 a las 20.30 horas en el Salón de actos de la parroquia de Santa Baia de Arealonga.
Según el investigador, Filgueira Valverde puede ser un ejemplo para todos por su afán de conocer y amar a Galicia y a la lengua gallega. Su conferencia se centra en la vinculación del autor con dos generaciones fundamentales para la cultura gallega, la generación del Seminario de Estudos Galegos, a la que pertenece Filgueira; y a la xeración Nós, formada por algunos de los más prestigiosos escritores de Galicia.
En esta charla se tratará también la influencia de hechos históricos y de personajes contemporáneos a Filgueira Valverde que influyeron en su manera de vivir y en su obra. http://pontevedraviva.com/cultura/15302 ... a-valverde
Día das Letras Galegas: Xosé Fernando Filgueira Valverde
Publicado: 23 Feb 2015, 19:53
por serba
Santiago, 23 de febreiro de 2015.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou hoxe na sala Eisenman do Gaiás a programación promovida pola Xunta de Galicia para conmemorar as Letras Galegas 2015, dedicadas ao autor e intelectual pontevedrés Xosé Fernando Filgueira Valverde. Persoeiro que, en palabras do titular de Cultura, “atesoura as calidades do humanista. Polígrafo meticuloso, estudoso esforzado, divulgador incansable, Filgueira puxou pola lingua, pola literatura e pola cultura galega desde todas as institucións nas que participou ou dirixiu desde mediados da década dos 20 até o seu pasamento, deixando unha fonda pegada en cada proxecto no que participou.” http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... 5-dedicado
Entrevista a Xosé Fernando Filgueira Iglesias
Publicado: 07 Mar 2015, 11:36
por serba
Xosé Fernando Filgueira Iglesias, presidente da Fundación Filgueira Valverde e fillo do escritor
Alonso Montero presenta a primeira biografía de Filgueira para o Día das Letras Galegas
Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual é a primeira historia de vida de Filgueira Valverde no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas. O seu autor é o presidente da Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
MUSEO DE PONTEVEDRA Exposición Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia
Está organizada pola Deputación de Pontevedra, a través do Museo, e a Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. http://www.museo.depo.es/noticias/notas ... 10798.html
Real Academia Galega, Xunta, Consello da Cultura Galega, CRTVG e Deputación e Museo de Pontevedra. A axenda do Día das Letras Galegas de 2015 preséntase cun marcado acento institucional. A escaseza de publicacións e de iniciativas privadas e sociais vencelladas ao autor deixan da man das entidades públicas a conmemoración deste ano.
O profesor e académico da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo impartirá o próximo luns 18 unha conferencia no Colexio Maior Rodríguez Cadarso sobre a figura do Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015.
A conferencia comezará ás 20.00 horas no salón de actos deste Colexio Maior e será aberta a todo o público interesado.
Presentación de 'Xosé Filgueira Valverde. O noso Adral'
O volume, unha colectáneas de artigos de Filgueira Valverde reunidos e editados por Xesús Ferro Ruibal, será distribuído entre os lectores de La Voz de Galicia o vindeiro domingo, 17 de maio.
Máis de 3.000 alumnos de fóra da comunidade estudan lingua galega ou algunha materia neste idioma - Hai clases de galego en 34 universidades de catorce países como EEUU, Croacia, Rusia ou Italia
Rafael López Torre: Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía
Publicado: 12 Jun 2015, 08:59
por serba
S. Regueira | Pontevedra
El balance final sobre los hallazgos o errores de la etapa de Filgueira como alcalde corresponde al lector, señaló el periodista y colaborador de FARO Rafael López Torre, autor del libro "Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía", al dar a conocer esta obra que se entrega a partir de mañana con el diario decano y que contribuye a desvelar una de las facetas menos estudiadas de Filgueira: su paso por la Alcaldía. De este modo FARO se suma una vez más al homenaje de las Letras Galegas al ilustre pontevedrés y ahonda aún más en su compromiso con Pontevedra.
Convocado o Pleno da Real Academia Galega que decidirá sobre as Letras Galegas 2016
O vindeiro 4 de xullo reunirase o pleno da Real Academia Galega que decidirá sobre a figura dedicataria do Día das Letras correspondente ao ano 2016. As candidaturas presentadas oficialmente, coa aval requirido de membros da Academia, son as seguintes:
Xela Arias Castaño Ricardo Carballo Calero Manuel María Fernández Teixeiro
O mesmo día 4 de xullo, ao remate do Plenario, farase pública a decisión da Academia.
O Día das Letras Galegas de 2016 estará dedicado a Manuel María
Publicado: 04 Jul 2015, 18:32
por serba
Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador e dramaturgo recoñecido, de extensa obra e inquebrantable compromiso coa lingua galega.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2016.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrará o Día das Letras Galegas no Gaiás cunha homenaxe cidadá a Manuel María a través dun espectáculo multimedia que inclúe lectura de poemas, música en directo, vídeo-creacións e ata un obradoiro de rap.
A sexta edición do Concerto das Letras Galegas, iniciativa do Consello da Cultura Galega (CCG) para celebrar dun xeito festivo o 17 de maio, terá lugar o vindeiro 17 de maio na Coruña, no Teatro Rosalía ás 21:00 horas. Nesta ocasión será o grupo Milladoiro quen poñerá a música nun concerto en que cobrarán protagonismo os textos de Manuel María. As entradas, que son gratuítas, póñense a disposición do público mañá xoves 5 de maio na Taquilla Central da Praza de Ourense en Coruña. Pódese retirar un máximo de dúas entradas por persoa.
O luns 9 de maio ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia para conmemorar o Día das Letras Galegas titulada “Vida e poesía de Manuel María”, que estará impartida por D. Darío Xohán Cabana, escritor chairego, membro da RAG.
A exposición Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004), froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Casa-Museo Manuel María, permanecerá ata o vindeiro 16 de maio na biblioteca ubicada no barrio de Elviña da Coruña, a cidade na que o poeta chairego viviu os derradeiros anos da súa vida. A partir do 17 de maio, Día das Letras Galegas, poderá verse na súa localidade natal, Outeiro de Rei, e posteriormente percorrerá outros once concellos: Vilalba, Santiago de Compostela, Marín, Noia, Pontevedra, Vigo, Monforte de Lemos, Lugo, Ferrol, Ourense e Celanova.
<<A Fundación Barrié recupera e dixitaliza material inédito de Manuel María>>
Publicado: 14 May 2016, 17:55
por serba
Co gallo do Día das Letras, a Fundación Barrié recupera e dixitaliza material inédito de Manuel María, que queda disposto no Portal das Palabras, iniciativa compartida coa RAG para «a modernización do traballo lexicográfico e a popularización do léxico da lingua galega» [...]
O roteiro Carlos Casares percorrerá en Ourense a traxectoria vital e literaria do escritor
Publicado: 25 Ene 2017, 16:37
por serba
O roteiro Carlos Casares percorrerá en Ourense a traxectoria vital e literaria do escritor
A iniciativa, coa que colaboran a Secretaría Xeral de Cultura e o Concello de Ourense, contribuirá á difusión da súa obra e á posta en valor da súa figura, no marco da programación de actividades das Letras Galegas 2017
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou esta mañá na sala Eisenman do Gaiás o avance da programación da Xunta de Galicia para conmemorar as Letras Galegas 2017, dedicadas ao ourensán Carlos Casares Mouriño.
Henrique Monteagudo asina a primeira biografía de Carlos Casares
Publicado: 26 Mar 2017, 19:23
por serba
Libro de Henrique Monteagudo, Carlos Casares. Un contador de historias
"Eu a literatura enténdoa como escribir o que me peta. E se despois iso lle gusta á xente, encantado", dicía Carlos Casares. E claro que gustaba, porque o protagonista do Día das Letras Galegas de 2017 foi un "contador de historias", como el mesmo se definía. Un contado de historias excepcional. Así o avanza o académico Henrique Monteagudo xa desde a cuberta da que é a primeira biografía sobre o escritor, porque a súa literatura, salienta o biógrafo, é "a manifestación escrita do Casares oral". O volume acaba de saír do prelo na colección Letras Galegas de Galaxia, a editorial que o propio Casares dirixiu durante dezaseis anos.
Casares en Compostela e as últimas conversas co autor en dous novos libros
A editorial Trifolium e a USC sacan do prelo os volumes esta semana http://culturagalega.gal/noticia.php?id=27278
Xinzo presentará o sábado os actos do Día das Letras Galegas
Publicado: 05 Abr 2017, 16:32
por serba
Paula Palomanes
O Comité de Expertos nado en Xinzo durante o pasado mes de marzo co obxectivo de coordinar as actividades vencelladas ao Día das Letras Galegas, celebrará este sábado unha nova reunión e dará a coñecer os actos previstos na vila para ensalzar a figura do escritor Carlos Casares.
Las arcas municipales de O Barco asumirán la mayor carga de los casi 30.000 euros que deben aportar los nueve concellos de Valdeorras en el proyecto "As letras de Florencio. 2017, cen anos sen ti". La iniciativa busca solicitar el Día das letras Galegas de 2019 para el poeta Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, 1903; Fair Oaks-EE.UU., 1987)...
Carlos Casares é o protragonista do novo número de Grial...
Publicado: 01 May 2017, 16:18
por serba
Carlos Casares é o protragonista do novo número de Grial, revista que dirixiu durante trece anos. A publicación xunta, co gallo do Día das Letras Galegas dedicado ao escritor ourensán, seis achegas de Ricardo Gurriarán, Xosé Ramón Quintana Garrido, Antón Baamonde, Dolores Vilavedra, Grial Parga e Carlos Fernández que que abordan distintas facianas do autor. Un texto inédito de Casares, cedido pola fundación que leva o seu nome, unha entrevista que lle fixeron en 1980 por María Xosé Porteiro e Xosé Antonio Perozo e as "Cinco cartas desde Suecia" que publicou en La Voz de Galicia no verán do mesmo ano completan a edición.
Segundo se aproxima o Día das Letras Galegas multiplícanse as propostas que conmemoran esta data por todo o país. Entre as máis recentes, destaca a presentación que facía onte no Concello de Vigo en colaboración coa Editorial Galaxia. As dúas entidades rescataron un relato case descoñecido de Carlos Casares, Vigo: a man da xente.
Convidámosvos a participar na campaña #Propónunhamuller, promovida xunto ao Concello de Pontevedra e dirixida á Real Academia Galega para que sexa unha muller a quen lle dediquemos o Día das Letras Galegas de 2018.
O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941 – Pontevedra, 2005). A decisión adoptouse no Pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado esta mañá na Coruña, no que tamén se nomeou académica de honra a Marina Mayoral e académicos e académicas correspondentes a Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova. Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Victoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.
Escritura de venda de Diego de Verdeal a Juan García de Zarague e á súa muller Isabel Rodríguez, de un moio de viño tinto en cada ano de renda, por prezo de 40 reais de prata, outorgada ante o escribán Juan Fernández Agulla na vila de Pontevedra o 22 de xaneiro de 1510.
Copia sen data do escribán Afonso García do Sisto.
Colección de documentos en pergamiño.
PL.1, c.1, C4 -5-. Pergameo. 260 x 205 mm -falta o inicio da escritura-.
El Concello de Pontevedra se suma a los colectivos que apoyan que el Día das Letras Galegas 2019 se dedique a la poetisa y traductora lucense Xela Arias.
O Día das Letras Galegas de 2019 estará dedicado a Antón Fraguas
Publicado: 07 Jul 2018, 16:43
por serba
<<Membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos (SEG) na mocidade, historiador, etnógrafo, director e presidente do Museo do Pobo Galego, profesor depurado polo franquismo e querido polo alumnado, narrador oral excepcional e intelectual cunha popularidade pouco común, Antón Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) dedicou a vida ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía>>.
É unha lástima, por non empregar outras verbas, que os "académicos" non estén aínda preparados para que Galicia poida honrar a Carballo Calero....
Día das Letras Galegas, 17 de maio
Publicado: 28 Ene 2019, 15:51
por serba
Cerdedo-Cotobade será o vindeiro 17 de maio sede do pleno extraordinario co que a Real Academia Galega conmemorará o Día das Letras Galegas dedicado ao seu veciño Antonio Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999).
Ata o 3 de xuño na Facultade de Xeografía e Historia pode visitarse a exposición ‘Antón Fraguas: por e para Galicia’ organizada pola biblioteca do centro co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. http://xornal.usc.gal/xornal/acontece/2 ... _0093.html
Carvalho Calero será o homenaxeado nas Letras Galegas 2020
O epistolario cruzado entre Ramón Otero Pedrayo e Ricardo Carballo Calero é un dos máis completos e interesantes dos que se conservan en Galicia. Inclúe 167 cartas, case a partes iguais (85 de Otero a Carballo, que están nos fondos do Parlamento Galego, por depósito familiar, e 82 de Carballo a Otero, que están na Fundación Penzol, por disposición testamentaria). Corresponden a un período que vai de abril de 1949 a outubro de 1974. Poñelo a disposición do público investigador de forma aberta é un desexo tanto das institucións que colaboran neste proxecto coma da familia de don Ricardo e unha contribución, xulgamos, de máximo interese para o Día das Letras Galegas.
- A Xunta impulsa a programación máis dixital polo Día das Letras Galegas para renderlle tributo a Carvalho Calero
Eventos virtuais, festivais e proxectos expositivos, audiovisuais, literarios, académicos e escolares enchen Internet para achegarlle á cidadanía a figura, obra e vida do autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega (RAG)
Dos precursores ao Día das Letras Galegas dende o arquivo da Academia
Publicado: 28 May 2020, 12:13
por serba
O arquivo da Real Academia Galega lembra neste mes das Letras Galegas a través dos seus documentos historiográficos unha serie de feitos que contribuíron dalgún xeito a chegar a esta 58 edición da festa grande da nosa cultura moito antes da instauración da celebración en 1963...