Asorey / Asorei

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Asorey / Asorei

Mensaje por Sic-ario »

ASOREY / ASOREI

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica do lugar de Asorei, na parroquia de Santa María de Asorei, no concello de Vila de Cruces (Pontevedra).

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 217 persoas, nos concellos de Santiago, Arzúa, Melide, Touro, e Boimorto.
- Provincia de Pontevedra atopamos 208 persoas, nos concellos de Vila de Cruces, Lalín e A Estrada.
- Provincia de Lugo atopamos 23 persoas.
- Provincia de Ourense atopamos 17 persoas.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Madrid, Biscaia, Guipúscoa, Barcelona, Valladolid, etc. Un total de 672 persoas atopamos co apelido ASOREY.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 133 aboados, Pontevedra 123, etc. Un total de 407 aboados atopamos con ASOREY de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Soamente atopamos o lugar de Asorei, na parroquia de Santa María de Asorei, no concello de Vila de Cruces (Pontevedra).

DOCUMENTOS do A.R.G.:
Coa grafía ASOREI
LOS VECINOS DE SANTA MARÍA DE OIRÓS CON LOS DE ASOREI , SOBRE COMUNES Y SU A PROVECHAMIENTO. AÑO DE 1746.

Coa grafía ASOREY
EL CONDE DE LEMOS CON MARGARITA TABOADA, PEDRO GIL Y CONSORTES: REIVINDICACION POR EL LUGAR DE ASOREY Y BIENES DE QUE SE COMPONE. AÑO DE 1551 A 1833.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

O nome Asorei proven dun antropónimo xermánico Anseredus ou Ansoredus, o topónimo formouse a partir de villa Ansoredi e daí derivou a Asorei, coas variantes gráficas que poidan existir cando se traslada ao apelido que se orixina sobre ese topónimo. Aí supoño que hai que incluir Sorey.
Responder