Malde

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
romaca

Malde

Mensaje por romaca »

Hola:
Teño entendido que Malde ven da parte de Cataluña, pero gustaríame saber como chega a galicia e si o motivo de que todos os Maldes estén distriuidos por unhas zonas cercanas é debido a que existen raices en común. ¿Cal é o seu punto de partida?
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Non sei de donde provén a crenza da chegada de Cataluña da vosa familia. En todo caso si hai algo de certo é improbable que sexa a rama có apelido Malde. Eu penso que non hai que ir tan lonxe para atopar a orixe do apelido. Creo que algún dos topónimos que se citan a continuación deben ser a orixe do apelido Malde. Precisamente están no entorno da Coruña (ben, no Ferrolterra mais ben) dous deles, e a concentración actual que se da de portadores do apelido nesa zona lévanme a pensar que que Cedeira ou Valdoviño sexan a zona de orixe do apelido.
Concello Parroquia lugar
CEDEIRA (A Coruña) Régoa (Santa María) Malde
GUITIRIZ (Lugo) Vilares, Os (San Vicenzo) Malde
OUTEIRO DE REI (Lugo) Matela (Santa Mª Madanela) Malde
VALDOVIÑO (A Coruña) Valdoviño (Santalla) Malde
Cumprimentos.
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Malde

Mensaje por lamigueiro »

Hola a todos,

O apelido -de Malde no noroeste da Coruña, é orixinario do Lugar de Malde, en Sta María de Regoa, onde tiveron fundado un vínculo que foi transmitido polos fundadores, os Teixeiro de Malde e despois os Hevia e Pumariño, por entronques da casa.

A quen lle poida interesar en http://humano.ya.com/lamigueiro/introduc.htm poderedes atopar unha arbre do apelido Malde e da transmisiión do seu vínculo.

Saudos
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
Kowal
Novo
Novo
Mensajes: 6
Registrado: 03 Dic 2001, 09:00
Ubicación: Terra de Trasancos

Malde

Mensaje por Kowal »

Sin animo de disentir por disentir, ¿non e un pouco atrevido pola tua parte afirmar tan categoricamente a orixe dos MALDE do Noroeste?.

¿Que ocurre cos MALDE do lugar de "Malde", en Valdoviño, moi preto da naronesa parroquia de Sedes?.

O tema interesame moito, e se hai alguen mais que teña Maldes nas suas arbores, gostariame moito poñerme en contacto con eles.

Os meus Maldes, ata principios do XIX estan ubicados en San Estevo de Sedes.

Saudos para todos
Invitado

Atrevido

Mensaje por Invitado »

Non entendo o teu discurso. ¿Si eu digo que os Malde son do noroeste da provincia de a Coruña, parezo atrevido?, ¿E Valdoviño?; o concello veciño de Cedeira ¿fica no noroeste, ou fica no sur perto de Rianxo?. A mín o atrevido pareceme ter datos a partir do XIX e poñer en tela de xuizo os que comenzan no XV. Saudos
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Atrevido

Mensaje por lamigueiro »

por certo son Lamigueiro
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
Kowal
Novo
Novo
Mensajes: 6
Registrado: 03 Dic 2001, 09:00
Ubicación: Terra de Trasancos

Malde

Mensaje por Kowal »

Non ho. Lamento o malentendido. Eu nin dixen nin siquera o quixen insinuar que ti foras (ou foses) atrevido. Eu so quixen dicir que pareciame atrevido dicir, tan categoricamente como o fixeches en su dia, que... (cito textualmente) ... "O apelido -de Malde no noroeste da Coruña, é orixinario do Lugar de Malde, en Sta María de Regoa, onde tiveron fundado un vínculo que foi transmitido polos fundadores, os Teixeiro de Malde e despois os Hevia e Pumariño, por entronques da casa. "
Pareciame atrevido porque supoño que non e moi dificil o feito de que habendo dous toponimos iguais haia duas ramas distintas de Malde.

No obstante, eu non son un experto e por iso non quero levala contra a ninguen; prefiero abrila dubida so.

Lamento moito que malinterpretases a miña mensaxe. En ningun momento dubidei da veracidade dos datos que aportas. Recomendote a relectura da tua mensaxe de data Xov Nov 03, 2005 9:56 am, esperando que iso poda aportar craridade o malentendido.

Mis disculpas.
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Mensaje por lamigueiro »

Pois a mín a palabra "atrevido" sigue a parecerme fora de contexto. sintoo
Lamigueiro ©
Responder