A Emigración
Publicado: 23 Ago 2002, 22:55
Mostro uns textos sobre o tema, do libro <i>A Emigración</i> de Carlos Xixirei Paredes, duros pero penso certeiros, aproximannos a un proceso, que se cadra, non era moi diferente nas cidades de Galicia. O que sigue estáse a referir á emigración cara América.
“Ainda que como xa ternos visto non cesou de fuxir xente de Galicia ó longo de todo o Antigo Réxime, no decenio de 1850 comeza un fluir tan abondoso e continuado de homes e mulleres cara ás terras americanas que non tiña precedentes. Por volta de 1.900, e segundo os saldos intercensais, medio millón de persoas abandonaran o país, tanto coma a emigración de todo o século XVIII e que viña representar un tercio aproximadamente da poboación total”
p. 55
“As primeiras dificultades empezaban no trato. Unha cousa era atraer inmigrantes e outra moi distinta misturarse con eles. Campesiños analfabetos e ignorantes, desorientados inicialmente pola vida urbana, provocaban o chiste doado e a burla cruel por parte duns crioulos en plena febre de chauvinismo nacionalista, que vian naquelas “razas dexeneradas” os sucesores dos antigos conquistadores. Era doce o sabor da vinganza, do axuste de contas históricas. Os orgullosos virreis e gobernadores de antano viraran en inofensivos e ignorantes “galleguitos” de hogano. De ai a crearse un estereotipo falso e aldraxante, pero útil, só había un paso. E deuse con tódalas consecuencias. “Gallego” converteuse, non nun adxectivo identificador de patria ou de cultura, senón nun insulto, nunha ofensa que se acompañaba doutras calificacións igualmente aldraxantes. “Gallego pata sucia”, “Gallego muerto de hambre”, “Gallego bruto”, “Gallego de mierda” ... foron expresións pexorativas coas que se recibía e trataba ós mozos emigrantes. “Gallego” pasou a ser calificativo ofensivo de aplicación a tódolos españois, e moitos destes, especialmente vascos e cataláns, revirábanse diante da insulto e pasaron eles mesmos a usalo, tamén como ofensa contra os galegos de verdade, para así marcar distancias e diferencias diante da sociedade crioula. Ainda hoxe “galego”, coma “tano”, “turco” ou “ruso” segue a utilizarse con carácter pexorativo."
"Outras dificultades nacían no medio e da actividade laboral na que os emigrantes se vían obrigados a moverse. Labregos de orixe foran trasplantados a un medio urbano en fase expansiva, onde o mercado de traballo ofrecía oportunidades para as que non estaban preparados. E deberon afacerse. Aprender a servir tras dun mostrador, a cargar bultos no porto, a cociñar nas casas dos ricos e incluso a vocear estrañas mercancías polas rúas. Non foi doado. Moitos fracasaron, pagando coa súa saúde e a súa vida a aventura americana. Tras cada indiano fachendoso que voltaba triunfante de face-la América, había ducias de galegos derrotados, deixados á súa sorte nas rúas de Bos Aires ou A Habana, desfeitos humanos que aquelas terras prodixiosas e atraentes devoraran."
"Entre ámbolos dous extremos, unha masa que logra integrarse con maior ou menor fortuna na sociedade local, que mantén os Centros e Casas de Galicia que inzan o chan americano dende Montreal a Bahía Blanca, que teñen da súa patria de orixe unha lembranza magoada e distante ou unha idea de liberación. En fin, as mil e unha historias individuais que afloran en cada recanto do Novo Mundo. Galegos empresarios, donos de riquezas inmensas, controlando fábricas, compañías de transporte,
bancos, cadeas comerciais, grandes hoteis e ata casas de prostitución. Galegos pequenos comerciantes, directivos de clubs de barriada, ganchos electorais, modestos propietarios no campo ou na cidade. Galegos políticos, líderes sindicais, activistas revolucionarios, militares, policías, aventureiros na selva. Galegos traficantes de droga, de armas, axentes internacionais de espionaxe, fundadores de cidades, caciques de indios ou xefes de partidas de bandidos, capos mafiosos, donos de casas de xogo, contrabandistas. Galegos escritores, artistas, intelectuais, investigadores, xornalistas, directores de orquesta, de cine e de teatro, profesores universitarios, mestres de escolas perdidas no Chaco, nos Andes, na Patagonia, cabo do Orinoco, do San Francisco, da Magdalena. Galegos limpabotas, estibadores, mariñeiros, mozos de bar, criados, conductores pe autobús, cortadores de cana, siringueiros do caucho, mineiros en Pennsilvania, buscadores de diamantes na Amazonia, vaqueiros e peóns de rancho. Galegos xuíces, médicos, arquitectos, enxeñeiros, biólogos, avogados, cregos ou bispos. Houbo que facer de todo. E fixeron de todo. O ronsel de Galicia ficou para sempre fundido naquelas terras e continuou a través dos osos dos que, mortos no mar, nunca aló chegaron para xuntarse nunha cadea coa paisaxe de orixe."
p. 81, 82 e 83.
"En tronques brillan pola súa ausencia colexios galegos, xa non falamos de españois, que tampouco non existen salvo no caso de México e Sao Paulo. A pesar de que o potencial demográfico e económico da comunidade galega permitirían sostelos. Semella mesmo que existe unha vocación de integraci6n total do galego na súa nova patria, convertendo a saudade da terra matricial nun sentimento de carácter persoal e non transmisible ás xeracións vindeiras de galego-americanos. Os país falan entre eles galego, pero raramente o empregan para dirixírense ós seus fillos, completamente crioulizados polo demais. A morriña por Galicia non abonda para esquece-la miseria que alí vivían e que os expulsou. As novas xeracións, educadas nos centros públicos, descoñecen a realidade da patria orixinaria e o pouco que coñecen resulta ser unha imaxe distorsionada a medio camiño entre a piada caricaturesca e o folclore morriñento de Centros e Casas de Galicia.
p. 125
A Emigración. Carlos Xixirei Paredes
Blibioteca da Cultura Galega
Editorial Galaxia 1995
I.S.B.N. 84-7154-966-2